G5021441 - Patrimonio Histórico e Usos Sociais da Historia (Teoría e Procedementos Analíticos da Historia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.00
- Clase Interactiva Seminario: 26.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I, Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPARTE I
- Identificar os bens que compoñen o patrimonio documental e bibliográfico como parte do Patrimonio Histórico e a normativa legal destinada á sua protección e difusión.
- Iniciar -mediante a adquisición dunha formación teórico-práctica básica- no axeitado tratamento, aproveitamento histórico, difusión e posta en valor de obxectos escritos de época medieval e moderna integrantes do patrimonio documental e bibliográfico.
- Coñecer os tipos e o funcionamento dos centros destinados á conservación e difusión do patrimonio documental e bibliográfico ao longo da historia.
PARTE II
[[Analizar os problemas metodolóxicos e as fontes documentais para o estudio da historia contemporánea]].
Contidos A materia divídese en dúas partes, a primeira comprende contidos da Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas e a segunda da Área de Historia Contemporánea.
Parte I. O patrimonio documental e bibliográfico (Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas).
- Patrimonio Histórico. Concepto e vertentes.
- O patrimonio documental e bibliográfico. Concepto e normativa legal.
- Introdución ao estudo do patrimonio documental e bibliográfico medieval e moderno.
- Os centros de conservación e difusión do patrimonio documental e bibliográfico: bibliotecas e arquivos.
- A descrición: procedementos e instrumentos.
- Recuperación, conservación, difusión e divulgación do Patrimonio documental e bibliográfico. Usos sociais.
Parte II. [Área de Historia Contemporánea. Patrimonio documental para o estudio da Historia Contemporánea. Diversidade e complexidade.
-Os fondos hemerográficos como fonte documental para a historia. A importancia da prensa para o coñecemento social co cotián.
- Imaxe e cinema. A súa importancia para a recuperación da memoria: as fotografías familiares.Presenza do espazo e do tempo.
- O patrimonio oral e a conservación da memoria. As historias de vida nas ciencias sociais.
-Os lugares da memoria; comunicación e usos sociais da historia. Novas fontes en red.]
Bibliografía básica e complementariaPARTE I
ALBERCH FUGUERAS, Los archivos, entre la memoria histórica y la sociedad del conocimiento, Barcelona 2003.
ARNALL I JUAN, El llibre manuscrit, Barcelona 2002.
BALLART HERNÁNDEZ, J..- JUAN I TRESSERRAS, J., Gestión del patrimonio cultural, Bercelona 2001.
BALLART, J., El patrimonio histórico y arqueológico. Valor y uso, Barcelona 2007.
COMMISSION INTERNATIONALE DE DIPLOMATIQUE, Vocabulaire International de la Diplomatique (CÁRCEL ORTÍ, M.M., ed.), Valencia 1994.
CRUZ MUNDET, J. R., Manual de Archivística, Madrid 2005 (6ª ed.).
CRUZ MUNDET, J. R., Diccionario de Archivística, Madrid 2011.
DICCIONARIO de terminología archivística, Madrid 1995 (2ª ed.).
GIRY, A., Manuel de Diplomatique, Paris 1894 (ed. facsímil Hildesheim-New York 1972). (http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k5442588r/f8.image.langFR)
GUYOTJEANNIN, O., PYCKE, J., TOCK, B.M., Diplomatique Médiévale, Turnhout 1993.
HEREDIA HERRERA, A., Archivística general: teoría y práctica, Sevilla 1995 (7ª ed.).
LÓPEZ TRIJILLO, M. A., Patrimonio. La lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939), Gijón 2006.
MARÍN MARTÍNEZ, T. y otros, Paleografía y Diplomática, II, 5ª ed., Madrid 1991, 13ª reimp. Madrid 2007.
MARTÍN ABAD, J., Los primeros tiempos de la imprenta en España, Madrid 2003.
ID., Los libros impresos antiguos, Valladolid 2004.
MARTÍN ABAD, J.- BECEDAS GONZÁLEZ, M.- LILAO FRANCA, O., La descripción de impresos antiguos: análisis y aplicación de la ISBD (A), Madrid 2008.
MUZERELLE, D., Vocabulaire codicologique. Répertoire méthodique des termes français relatifs aux manuscrits, Paris 1985 (http://vocabulaire.irht.cnrs.fr/vocab.htm)
OSTOS, P., PARDO, M.L., RODRÍGUEZ, E., Vocabulario de Codicología. Versión española revisada y aumentada del Vocabulaire codicologique de Denis Muzerelle, Madrid 1997.
QUEROL, M. A., Manual de gestión del patrimonio cultural, Madrid 2010.
ROMERO TALLAFIGO, M., Archivística y archivos: soportes, edificio y organización, (3ª ed.), Carmona 1997.
TUGORES, R.- PLANAS, R., Introducción al patrimonio cultural, Gijón 2006.
VVAA, Los materiales especiales en las bibliotecas, Gijón 1998.
VVAA, Conceptos. Actas del III Congreso de Historia de la Cultura Escrita, Alcalá de Henares 1998.
VVAA., Lire le manuscrit médiéval. Observer et décrire, Paris 2005.
VVAA, Diplomática antigua. Diplomática moderna (III Jornadas de la Sociedad Española de Ciencias y Técnicas Historiográficas) [Murcia 2006].
CompetenciasPARTE I
Adquisición dun vocabulario descritivo básico relativo ao patrimonio documental e bibliográfico medieval e moderno.
Capacitación para unha adecuada interpretación de instrumentos de descrición documental e bibliográfica.
Capacitación para unha aproximación crítica ás actividades de diversa índole que teñen por obxectivo a posta en valor, difusión, divulgación e uso social do patrimonio documental e bibliográfico.
Metodoloxía da ensinanza Presencial:
- Clases expositivas e interactivas: exposición dos contidos teóricos e prácticos.
- Traballo sobre fontes documentais, bibliográficas, gráficas, comentarios de textos e imaxes, etc.
- Exercicios de descrición e análise de obxectos escritos integrantes do patrimonio documental e bibliográfico.
- Prácticas de campo (obrigatorias e avaliables).
Non presencial (traballo autónomo do alumno):
- Estudo dos aspectos teórico-prácticos expostos nas clases.
- Lecturas complementarias relativas ao contido teórico da materia.
- Realización de traballos de curso (escritos) e unha breve memoria relativa ás prácticas de campo.
Sistema de evaluaciónRespetarase a normativa de asistencia a clase da USC. Só os alumnos que asistan cando menos / polo menos a un 80% das sesións presenciais programadas -agás en casos de ausencias que considera xustificadas a mencionada normativa- serán avaliados (tanto na convocatoria ordinaria de fin de cuadrimestre como na convocatoria de xullo). Por iso, controlarase a asistencia e requerirase, cando sexa conveniente, a documentación precisa para xustificar unha ou máis faltas de asistencia.
Aspectos avaliables e porcentaxes na cualificación:
1. Convocatoria de final de cuadrimestre.
a) Exame final teórico-práctico obrigatorio. Suporá o 40% da cualificación global da materia (para esta cualificación global só se computará o exame do que se realizou correctamente polo menos o seu 40%).
b) Avaliación de traballo/s de curso de carácter obrigatorio. Traballos escritos prácticos realizados individualmente e/ou en grupo polos alumnos: 35% da cualificación.
c) Avaliación das intervencións dos alumnos nas clases interactivas: 15% da cualificación.
d) Asistencia ás prácticas de campo e redacción dunha memoria: 10 %
2. Convocatoria de xullo.
a) Exame final teórico-práctico obrigatorio. Suporá o 40% da cualificación global da materia (para esta cualificación global só se computará o exame do que se realizou correctamente cando menos / polo menos o seu 40%).
b) Avaliación de traballo/s de curso de carácter obrigatorio. Traballos escritos prácticos realizados individualmente e/ou en grupo polos alumnos: 35% da cualificación.
Por razóns obvias, no que se refire á cualificación dos apartados c e d da avaliación, manteranse nesta convocatoria de xullo as cualificacións que o alumno obtivo ao final do cuadrimestre e suporá igualmente o 25% da cualificación final.
En ambas convocatorias se avaliarán-calificarán independentemente as dúas partes da materia (parte correspondente á Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas e parte correspondente á Área de Historia Contemporánea). A nota final será a media de ambas cualificacións. Para aprobar a materia é imprescindible que se obteña máis de un 3,5 (sobre 10) en cada unha das partes e que a cualificación media sexa superior a 5 (sobre 10).
Tempo de estudo e traballo persoal100 horas totais
Recomendacións para o estudo da materiaÉ conveniente, polo que se refire á Parte I da materia, especialmente na súa vertente práctica, ter presentes os coñecementos adquiridos na materia obrigatoria de 2º de Grao Introdución ao estudo da Cultura Escrita.
ObservaciónsOs contidos teórico-prácticos da Parte I (Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas), impartidos pola Profª. Ana Suárez González, desenvolveranse nas clases expositivas do 12 de setembro ao 15 de outubro e nas clases interactivas do 26 de setembro ao 31 de outubro de 2013.
Os contidos teórico-prácticos da Parte II (Área de Historia Contemporánea), impartidos **** *****, desenvolveranse nas clases expositivas do 22 de outubro ao 10 de decembro e nas clases interactivas de 1 de novembro ao 13 de decembro de 2013.