Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021442 - Paleoecoloxía das Comunidades Prehistóricas (Economía, Sociedade e Institucións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Prehistoria
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
REY CASTIÑEIRA, JOSEFA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Introducir os alumnos na problemática da adaptación do ser humano ante o medio o longo da Prehistoria e a súa capacidade para transformalo.
    Comprender o valor da interdisciplinaridade para esta línea de coñecemento. As alternativas de información que ofrecen as ciencias medioambientais e as Arqueoloxías tecnolóxica, da producción e do traballo.
    Observar a través da xeoarqueoloxía e estratigrafía arqueolóxica como afecta o territorio o ser humán e os procesos de alteración que a súa ocupación provoca.
    Ver as relacións establecidas co mundo animal e vexetal a través da arqueobotánica e a arqueozooloxía.
    Dende a Arqueoloxía das técnicas ou dos procesos de producción se trata de ver o medio cultural creado o longo da Prehistoria.

    Contidos
    • Paleoecoloxía humán. Enfoque.
    • Paleoambiente e ser humán. Xeoarqueoloxía, arqueozooloxía, arqueobotánica e outras ciencias medioambientais. Espazos e biotopos.
    • Ser humán e medioambiente. Arqueoloxía do traballo. O medio cultural creado. A paisaxe dos obxectos.
    • Anatomía e habilidade: as mans os xestos e os úteis. As forzas da natureza: Aire, auga, terra e lume.
    • O Tempo medioambiental. Calendarios laborais. Formas de vivir no medio. De vestimenta e vivenda.
    • Formas de explicar “o mundo”. As narrativas visuais.
    • A Luz, o cheiro, o perigo, a saúde, a morte, a natalidade, a idade dun individuo.


    Bibliografía básica e complementaria
    BUTZER K. W. (2007) Arqueología y ecología del hombre. Método y teoría para un enfoque contextual
    BUXÓ, R.(1997) Arqueología de las plantas. La explotación económica de las semillas y los frutos en el marco del mediterráneo de la Península Ibérica.
    CHAIX, L. y MENIEL, P. (2005) Manual de arqueozoología.
    CHAPA BRUNET, T y MAYORAL HERRERA, V. (2007) Arqueología del trabajo. El ciclo de la vida en un poblado ibérico.
    EIROA, J.J. et alii (1999) Nociones de tecnología y tipología en Prehistoria. Barcelona.
    HARRIS, E. C. (1991) Principos de estratigrafía arqueológica
    LEROI GOURHAN A. (1971) El gesto y la palabra. Caracas
    MANNONI, T. Y GIANNICHEDDA, E.(2003) Arqueología de la producción.
    MATA ALMONTE (coor) (2010) Cuaternario y Arqueología
    SÁNCHEZ HERNANDO, L. J. (2005) Evolución del paleopaisaje

    Competencias
    Comprender a importancia da mirada, a lóxica analítica e metodolóxica que xenera, a interdisciplinaridad que demanda e as consecuencias interpretativas a que conduce.
    Familiarizarse coas disciplinas medioambientais e arqueolóxicas que afectan a reconstrucción dun enfoque paleoecolóxico das sociedades humáns.
    Aprender a interpretar e analizar os restos recuperados pola arqueoloxía, referidos a obxetos técnicos, o mundo dos seres vivos e os procesos xeoarqueolóxicos.


    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas: Explicación da profesora dos contidos do temario
    Clases interactivas: Prácticas experimentais e de creación de coleccións de referencia no laboratorio. Traballo etnoarqueolóxico no Museo do Pobo.
    Prácticas de campo: Visita o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre Campo Lameiro (non obligatoria, suxeita a dispoñibilidade de medios).
    Traballo do alumno: elaboración dunha memoria que sume contidos da asignatura e do traballo práctico.

    Sistema de evaluación
    Avaliación continua mediante:
    • Seguimento do traballo do alumno na aula, no laboratorio, no museo do Pobo e titorías: 40% da nota
    • Memoria final de resultados: 60% da nota
    Para poder entregar a memoria é necesario alomenos un 40% de asistencias. A non entrega da memoria supon un Non Presentado.
    Na oportunidade extraordinaria de avaliación realizarase un exame dos contidos das clases expositivas e interactivas, que suporá o 100% da nota.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades docentes de carácter expositivo: 32 horas.
    Actividades de docencia interactiva en grupos: 16 horas.
    Titorías: 2 horas.
    Subtotal: 50 horas.
    Traballo persoal: 70 horas
    Total: 120 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Combinar a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas co estudo persoal, procurando levar a materia ao día.
    É recomendable o manexo funcional dalgunha das principais linguas estranxeiras