Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021444 - Economía e Sociedade na Época Moderna (Economía, Sociedade e Institucións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna
  • Áreas: Historia Moderna
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Rodríguez Palmeiro, Iago.NON
Saavedra Fernández, Pegerto.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos fundamentais consisten en poñer ó alcance dos alumnos as principais liñas de investigación e resultados a que deron lugar nas últimas décadas no campo da historia da poboación, da economía e da sociedade europeas dos séculos XVI-XVIII. En concreto prestaráse atención ós estudos que tratan dos modelos demográficos e familiares, dos procesos de urbanización e dos movementos migratorios; ós que abordan a evolución da paisaxe, dos sistemas agropecuarios, da propiedade e das formas de explotación da terra; ós que se centran nas industrias e procesos de protoindustrialización, nos fluxos comerciais e nas técnicas mercantiles e a aqueles consagrados ós debates existentes arredor dos criterios de estratificación social, das características da sociedade estamental, dos cambios sociais e da conflictividade.
    Contidos
    Os contidos están en consonancia cos obxectivos expostos, e o seu enunciado figura no seguinte temario:

    1.- A poboación europea: traxectoria, distribución territorial , mobilidade e procesos de urbanización.

    2.- As estructuras familiares, os reguladores demográficos e os mecanismos de reproducción social.

    3.- As paisaxes e os sistemas agropecuarios, a "propiedade" e a explotación da terra.

    4.- As actividades industriais, os procesos de protoindustrialización e a primeira revolución inustrial.

    5.- Os fluxos e áreas comerciais e as técnicas mercantiles nunha "economía mundo".

    6.- Os criterios de estratificación social: os principais debates e as características da sociedade estamental.

    7.- Os grupos privilexiados, os campesiños, os artesáns e os pobres. A mobilidade e conflictividade social.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    M. ARDIT, Agricultura y crecimiento económico en la Europa occidental, Madrid, 1992
    P. KRIEDTE, Feudalismo tardío y capital mercantil, Barcelona, 1992
    P. GOUBERT, El Antiguo Régimen. La sociedad, Madrid, 1980
    D.I. KERTZER e M. BARBAGLI, La vida familiar a principios de la era moderna, 1500-1789, Barcelona, 2002
    M.W. FLINN, El sistema demográfico europeo, 1500-1820, Barcelona, 1982
    H. SCHULTZ, Historia económica de Europa (1500-1800). Artesanos, mercaderes y banqueros, Madrid, 2001

    Bibliografía complementaria:
    M. AYMARD et al., La comunidad, el estado y la familia en los siglos XVI-XVIII, Madrid, 1992
    M. BLOCH, La tierra y el campesino: agricultura y vida rural en los siglos XVII y XVIII, Barcelona, 2002
    F. BRAUDEL, Las estructuras de lo cotidiano, Madrid, 1984
    J. CASEY, España en la Edad Moderna: una historia social, Madrid, 2001
    F. COMIN et al., Historia económica de España, siglos X-XX, Barcelona, 2002
    F. CHACON e J. BESTARD, Familias: Historia de la sociedad española, Madrdid, 2011
    J. DEWALD, La nobleza europea, 1400-1800, Valencia, 2004
    A. EIRAS ROEL e O. REY CASTELAO, Migraciones internas y medium-distance en Europa, 1500-1900, Santiago de Compostela, 1994
    J. GOODY, El robo de la Historia, Madrid, 2011
    A. R. HALL, La revolución científica, Barcelona, 1985
    P. KRIEDTE, H. MEDICK e J. SCHLUMBOHM, La industrialización antes de la industrialización, Barcelona, 1986
    D.S.LANDES, La riqueza y la pobreza de las naciones, Barcelona, 1999
    P. LASLETT, Un mundo que hemos perdido. Familia, comunidad y estructra social en la Inglaterra preindusrial, Madrid, 1987
    M. LIVI-BACCI, Historia de la población europea, Barcelona, 1999
    A. MARCOS MARTÍN, España en los siglos XVI, XVII y XVIII. Economía y sociedad, Barcelona, 1999
    J. MOKYR, La palanca de la riqueza: creatividad económica y progreso económico, Madrid, 1993
    O. REY CASTELAO, Poder y privilegio en la Europa del siglo XVIII, Madrid, 1992
    J. RULE, Clase obrera e industrialización: historia social de la revolución industrial británcia, 1750-1850, Barcelona, 1990.
    P. SAAVEDRA e R. VILLARES, Señores y campesinos en la Península Ibérica, 2 vols, Barcelona, 1991
    R. SARTI, Vida en familia. Casa, comida y vestido en la Europa moderna, Barcelona, 2002
    E. SORIA MESA, La nobleza española. Cambio y continuidad, Madrid, 2007
    E.P. THOMPSON, Costumbres en común, Barcelona, 1995
    J. DE VRIES, La urbanización en Europa, 1500-1800, Barcelona, 1987
    I. WALLERSTEIN, El modernos sistema mundial, 2 vols, Madrid, 1980 e 1984
    S. J. WOOLF, Los pobres en la europa moderna, Barcelona, 1989
    E.A. WRIGLEY, Gentes, ciudades y riqueza. La transformación de una sociedad tradicional, Barcelona, 1992
    P. ZAGORIN, Revueltas y revoluciones en la Edad Moderna. I Movimientos campesinos y urbanos, Madrid, 1985
    Competencias
    Mediante a docencia teórica e práctica preténdese que os alumnos acaden un dominio do temario, incluindo un coñecemento básico da bibliografía especializada e das correntes principais que na actualidade existen en demografía histórica, historia económica e historia social.

    Eses coñecementos, e a realización e exposición escrita e oral de traballos, deberán servirlles para futuras actividades profesionais como a docencia, ou o labor en institucións relacionadas co estudo e difusión do patrimonio histórico-cultural.

    Tamén se aspira a que os alumnos se inicien no coñecemento de fontes primarias ás que teñan acceso e nas posibilidades e dificultades que ofrece a súa explotación.


    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas consistirán no desenvolvemento do temario, prestando atención a aqueles debates máis relevantes e actuais.

    Toda a docencia teórica e práctica será presencial.

    As clases interactivas consistirán na elaboración e comentarios de textos, mapas, táboas e gráficos .

    Cada alumnos fará un traballo práctico sobre algunha cuestión do temario, con bibliografía especializada e, se fose o caso, con documentos de arquivo.

    As prácticas de campo, se fose posible realizalas, consistirán na visita a museos, arquivos, exposicións ou "sitios" de especial interés.
    Sistema de evaluación
    Haberá un examen final na data oficial , no que os alumnos deberán responder a varias preguntas ou comentarios relacionados coas clases expositivas. O examen computará o 40 por cen na nota final, e para que a súa calificación se teña en conta esta ha de ser polo menos de 4 sobre 10 puntos.

    O 60 por cen restante da nota respartiráse do xeito seguinte: a) un 5 por cen por asistencia ás clases, eb) o 55 por cen procederá das cualificacións acadadas na participación nas clases interactivas e da realización do traballo individual. Para que a nota desta parte poida facer media coa do examen, todos os trabllos, sen exepción, deberán acadar polo menos unha media de 4 sobre 10.

    Para a segunda convocatoria, os alumnos que tivesen entregados tódolos traballos prácticos e obtivesen neles unha cualificación global de alomenos 4 sobre 10 non terán a obriga de volver a presentalos. Deberán, polo tanto, superar o examen sobre a materia impartida nas clases expositivas correspondentes á convocatoria anterior, que non aprobaran. E os alumnos que non tiveran entregado os traballos prácticos ou que non tiveran acadado a nota mínima requerida (4 sobre 10), ao longo do curso ordinario, terán que entregar no momento do examen da seguna convocatoria tódolos traballos e actividades desenvolvidas nas clases. Nesta convocatoria, para facer media haberá que acadar, igual que na primeira, un 4 sobre 10 en cada parte evaluable.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial:

    1.- Actividades de grupo completo: clases expositivas, conferencias: 30 horas

    2.- Actividades en grupo reducido: debates, coloquios, visitas a arquivos, etc.: 15 horas.

    3.- Titorías en grupo muy reducido: consultas de bibliografía, organización de grupos de traballo, orientación de traballos, prepración de exposicións: 3 horas.


    Total: 50 horas

    Traballo persoal:

    1.- Estudio: 40 horas

    2.- Redacción de traballos: 30 horas

    3.- Preparación de actividades en grupo reducido ou individuales (búsquedas e lecturas bibliográficas, de materiais, etc.): 30 horas.

    Total traballo persoal: 100 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    A recomendación básica, a parte de amosar interés pola materia, é a da lectura da bibliografía fundamental, formada por obras xerais e especializadas, que o profesor ofrece no temario e completará nas clases para cada tema, para completar o contido das exposicións teóricas. Nesas lecturas entran os artigos de revistas especializadas, e tanto para consultar determinados libros como artigos os alumnos deberán coñecer algunha lingua extranxeira, caso de inglés, do francés ou do italiano.

    É tamén necesaria a lectura de bibliografía especializada para elaborar comentarios de textos, de gráficos, táboas, etc., e para redactar os traballos.

    Recoméndase tamén a consulta de páxinas web bibliotecas, asociacións de historiadores especializados en Demografía, Historia Económica, Historia Rural, etc.
    Observacións
    A capacidade de ler textos en inglés, e a ser posible en francés, é fundamental para cursar con aproveitamento a materia.