Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021445 - Guerra, Violencia e Memoria no Século XX (Economía, Sociedade e Institucións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América , Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia de América, Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LANERO TABOAS, DANIEL.NON
REY TRISTAN, EDUARDO.SI
REY TRISTAN, EDUARDO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O/A alumno/a deberá coñecer:

    (O-1) A estrutura diacrónica xeral da evolución da guerra, da violencia e das políticas da memoria nas sociedades do século XX.

    (O-2) Os procesos de continuidade e mudanza neses apartados, incluíndo as diversas variábeis territoriais ou por áreas na Europa e na América.

    (O-3) Os principais factores que contribuíron e contribúen a conformar as culturas de guerra e as culturas do recordo e da paz no século XX.

    (O-4) As diversas perspectivas e principais debates historiográficos segundo os periodos e contextos, co fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de adquirir unha consciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construción, e en diálogo con outras Ciencias Sociais.
    Contidos
    I. Introdución teórica
    — A violencia como un fenómeno histórico: marcos conceptuais e interpretativos
    — Tipoloxía da violencia e das guerras

    2. Memoria, xustiza e reparación
    — Violencia estatal masiva e xustiza transicional
    — Entre un pasado ditatorial e un presente democrático: memoria colectiva e políticas públicas de memoria

    3. Totalitarismo, violencia e xenocidio.
    — O auxe dos fascismos e o culto á violencia
    — Biopolítica racial e antisemitismo.
    — Ditaduras comunistas e práctica xenocida: do Holodomor aos khmer vermellos.

    4. Violencia e conflito na América Latina contemporánea.
    — Doutrinas en conflito. Os paradigmas do desenvolvemento, a revolución e a seguridade nacional
    — Os actores: dereitas e esquerdas fronte á xestión do conflito no século XX
    — Loitas revolucionarias e experiencias autoritarias

    5. Memoria y pasados traumáticos en las sociedades latinoamericanas
    — A xestión da memoria recente. Modelos de saída: Arxentina, Chile, Uruguai e O Salvador
    — As herdanzas do pasado na xestión da democracia


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    APPLEBAUM, A.: GULAG. Historia de los campos de concentración soviéticos, Barcelona, Debate, 2004 (2003).
    ARENDT, H.: Los orígenes del totalitarismo, Madrid, Taurus, 1974 (or., 1951, reed. 2001).
    BAUMAN, Z.: Modernidad y Holocausto, Madrid, Sequitur, 1997.
    BOURKE, J., Sed de sangre: historia íntima del combate cuerpo a cuerpo en las guerras del siglo XX, Barcelona: Crítica, 2008.
    BRUNETEAU, B.: El siglo de los genocidios. Violencias, masacres y procesos genocidas desde Armenia a Ruanda, Madrid, Alianza, 2006.
    CASANOVA, J. (coord.): Guerras civiles en el siglo XX, Madrid, Pablo Iglesias, 2001.
    FUSELL, P. [1975]: La Gran Guerra y la memoria moderna, Madrid Turner, 2006.
    MAZOWER, M.: La Europa negra. Desde la Gran Guerra hasta la caída del comunismo, Barcelona, Ediciones B, 2001.
    —«Violencia y estado en el siglo XX», en Historia Social, n. 51, 2005, pp. 139-160.
    NOAKES, J.: «Orígenes, estructura y funciones del terror nazi», en N. O’Sullivan (ed.), Terrorismo, ideología y revolución. Madrid, Alianza, 1987, pp. 91-114.
    PAXTON, R.O.: Anatomía del fascismo. Barcelona, Península, 2005.
    TERNON, Y.: El Estado criminal. Los genocidios del siglo XX, Barcelona, Península, 1995.
    TRAVERSO, E.: La historia desgarrada, Ensayo sobre Auschwitz y los intelectuales. Barcelona, Herder, 2001 [1997].
    TODOROV, T., Memoria del mal, tentación del bien. Indagación sobre el siglo XX. Barcelona, Península, 2004.
    ZIEMANN, B., e Th. KÜHNE, “La Renovación de la historia militar: coyunturas, interpretaciones, conceptos”, Semata: Ciencias sociais e Humanidades, 19 (2007), pp. 307-47

    Bibliografía complementaria:

    ALY, G. e HEIM, S.: Architects of annihilation: Auschwitz and the logic of destruction. Princeton, Princeton University Press, 2002.
    —La utopía nazi. Cómo Hitler compró a los alemanes. Barcelona, Crítica, 2006.
    BARTOV, O. , The Eastern Front, 1941-45, German Troops and the Barbarisation of Warfare, Houndmills/ Nueva York: Palgrave, 2001 [1985].
    — (2003), Germany’s War and the Holocaust: Disputed Histories, Ithaca/Londres: Cornell UP.
    — (ed.), The Holocaust: Origins, Implementation, Aftermath, Londres/ Nueva York: Routledge, 2004 [2000].
    AUDOIN-ROUZEAU, S., et al. (eds.), La violence de guerre 1914-1945, París: Éditions Complexe, 2002.
    BROWNING, Ch.R.: Aquellos hombres grises. El Batallón 101 y la Solución Final en Europa, Edhasa, Barcelona, 2002 (1992).
    BROWNING, Ch. R. (1992), The Path to Genocide, Cambridge et al.: CUP.
    CAPRA, D. La: History and memory after Auschwitz. Ithaca y Londres, Cornell University Press, 1988.
    CATARUZZA, M., “The Historiography of the Shoah – An Attempt at a Bibliographical Synthesis”, Totalitarismus und Demokratie, 3:2 (2006), 285-321.
    FINKELSTEIN, N.G.: La industria del Holocausto. Reflexiones sobre la explotación del sufrimiento judío. Madrid, Siglo XXI, 2002 (2000).
    GALLEGO, F.: De Múnich a Auschwitz. Una historia del nazismo, 1919-1945. Barcelona, Plaza & Janés, 2001.
    GELLATELY, R.: No sólo Hitler. La Alemania nazi entre la coacción y el con
    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    ---------------------------------

    O/A alumno/a haberá ser quen de:

    (CE-1) Contextualizar en termos históricos a evolución da guerra e da violencia nas sociedades contemporáneas, identificando os seus contextos espaciais e cronolóxicos particulares.

    (CE-2) Analisar criticamente os conceitos e os debates historiográficos plantexados.

    (CE-3) Explicar en termos históricos a diversidade de episodios e as tipoloxías presentadas.

    (CE-4) Comparar en termos históricos diversas realidades históricas e espaciais, partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.

    (CE-5) Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos relacionados coa evolución da violencia no século XX.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    -----------------------------------

    O/A alumno/a haberá ser quen de:

    (CT-1) Localizar e escolmar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.

    (CT-2) Elaborar con rigor un traballo de síntese histórica, peneirando, xeraquizando e organizando de forma axeitada e crítica a información e materiais dispoñíbeis.

    (CT-3) Elaborar por escrito e expór de forma oral contidos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias das ciencias históricas e sociais.

    (CT-4) Razoar de forma crítica a partires dunha leitura reflexiva tanto sobre os acontecementos en si mesmos como sobre os conceptos manexados na materia, sobre a base da información dispoñíbel (fontes, monografías, exposicións, etcétera).
    Metodoloxía da ensinanza
    1.- AULAS EXPOSITIVAS
    ----------------------------
    Adicadas á explicación de contidos teóricos: véxase temario.
    Actividade presencial na aula.

    2.- AULAS INTERACTIVAS
    -----------------------------
    Adicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos, e orientadas tanto á adquisición das destrezas enxergadas no apartado sobre competencias -nomeadamente, as específicas- como a aprofundar sobre aspectos tratados nas aulas expositivas:

    2.1.- Comentario de textos, gráficos, imaxes, etcétera.

    2.2.- Definición en termos históricos de conceptos fundamentais da temática.

    2.3.- Leitura e sinopse para entregar por escrito nas datas estipuladas na Guía da materia de varios artigos e/ou capítulos de libro sobre conceptos e debates fundamentais tratados no temario. Adicaránse algunhas sesións de seminario a comentar a materia desas leituras.

    2.4.- Proxección de documentais e filmes históricos relacionados coa materia.


    3.- ACTIVIDADE ACADEMICAMENTE DIRIXIDA (NON PRESENCIAL)
    ------------------------------------------------------------------------
    3.1.- Traballo individual por escrito sobre o Holocausto dos xudeus europeus na II Guerra Mundial.


    4.- TITORIZACIÓN PERSONALIZADA
    ----------------------------------------
    Adicada a orientar a elaboura dos traballos e a comentar o resultado dos mesmos.

    5.- PRÁCTICAS DE CAMPO
    -----------------------------
    Por determinar
    Sistema de evaluación
    A AVALIACIÓN CONSTARÁ DE DÚAS PARTES:

    (1) Unha proba escrita sobre as cuestións recollidas no temario e impartidas nas aulas, que suporá o 40 por cento da cualificación final. Non se terán en conta os exames cunha cualificación inferior a 4.

    (2) Traballos persoais a partires das leituras asignadas e dos textos a comentar: 60 por cento. É obrigatoria a realización e presentación das prácticas para se poder presentar ao exame.

    CRITERIOS segundo os que se cualificarán os traballos dos/as alumnos/as:

    1.- Nivel de dominio dos contidos.
    2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia abordada.
    3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboura dun tema.
    4.- Capacidade de análise crítica, de conceptualización e de razoamento interpretativo.
    5.- Capacidade de relación e/ou comparanza, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
    6.- Nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Sempre haberá alumnos/as que precisen máis tempo e outros/as que precisen menos tempo, dependendo das capacidades individuais, a motivación e o talento. Con todo, e partindo dun nivel medio, podemos apontar os seguintes tempos:

    30 horas presenciais de aulas expositivas en grupo completo
    50 horas de estudo persoal

    12 horas presenciais de clases interactivas en grupo reducido
    38 horas de elaboración dos traballos

    2 horas de titoría personalizada obrigatoria

    2 horas avaliación


    TOTAL: 134 HORAS
    Recomendacións para o estudo da materia
    (1) Ter cursado as materias de Historia Contemporánea e de Historia de América nos semestres anteriores do grao, para posuír xa un coñecemento abondo do marco cronolóxico e temático xeral ao que se fará mención de maneira reiterada.

    (2) Ter nocións teóricas abondas sobre Teoría da Historia.

    (3) Complementar os contidos impartidos polos profesores nas aulas coa bibliografía xeral e específica recomendada.
    Observacións
    a) A ASISTENCIA É OBRIGATORIA, ao se tratar dun sistema de avaliación continua.

    b) A INASISTENCIA REITERADA SUPERIOR AO 20 POR CENTO IMPOSIBILITARÁ A AVALIACIÓN do/da alumno/a.