G5021446 - Economía, Sociedade e Institucións na Antiguidade (Economía, Sociedade e Institucións) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I
- Áreas: Historia Antiga
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Estudar a civilización-cultura clásica en perspectivas máis profundas, a partir de tres aspectos que resultarán básicos na Historia de Occidente:
- o concepto de cidadanía e a relación entre o individuo e o Estado
- a estrutura do Estado
- o proxecto social
- Coñecer as grandes utopías políticas gregas e a democracia radical ateniense fronte ao pragmatismo romano, en documentos orixinais, historiográficos e literarios: da identidade étnica á pertenza político-cultural.
- Debater a permanencia na cultural occidental do pensamento, a arte e a civilización clásicos e o seu papel dinamizador da cultura crítica moderna, a través da aproximación a algúns dos seus ecos na literatura contemporánea.
Contidos1. A gran utopía político-social en Grecia clásica: o igualitarismo e a sociedade cerrada sin conflictos.
2. Platón sobre a orixen da sociedade humana. O seu proyecto social.
3. Pericles e o seu Discurso Fúnebre. A perfecta inestable sociedade ateniense. A invención do Arte.
4. Civitas romana vs. sociedade etno-histórica. O alicerces da sociedade occidental.
5. A utopía política na nova cidadanía romana. Da identidade á pertenza polìtica.
6. Unha muller divina e un emperador intelixente. Lady Gradiva, Claudius imp. e o progreso social e persoal.
7. O moderno debate sobre a romanización. O diálogo entre o romano e o indíxena provincial. A extensión da cidadanía romana.
8. O municipium: o estado intervencionista e a ática cívica.
9. Aqueles afortunados esclavos. A complexa estructura xurídico-social en Roma.
10. O arquitecto Vitruvius e a cidade romana ideal sexy. As raíces teóricas do urbanismo a as ideas sobre o espacio. Genius Loci.
11. O Dereito Romano e o sentido común.
12. A Historia Antiga e os nacionalismos modernos.
13. Formación técnica vs. Humanismo e o seu fundamento clásico.
14. Xenética e Historia.
Bibliografía básica e complementariaM. Austin & P. Vidal-Naquet, Economía y sociedad en la Antigua Grecia (Barcelona 1986; 1ª ed. francesa 1972).
A. Demandt, Der Idealstaat. Die politischen Theorien der Antike (Köln 1993).
G. Pereira Menaut, L’Utopia (politica) sta nella cittadinanza (romana) – Non nell’etnia. Per una Quarta Roma. Athenaeum (Pavia) 95, 2007, pags. 803 – 814.
Id., Munera civitatium. La vida de la Ciudad Romana Ideal (Sevilla 2011).
Id., El moderno debate sobre la Romanización, Veleia (Vitoria) 27, 2010, págs. 239-250
F. Rodríguez Adrados, La democracia ateniense (Madrid 1975)
F. Wulff Alonso, “¿Por qué las identidades hoy? Historia Antigua y Arqueología ante un cambio de paradigma”, en F. Wulff & M. Álvarez Martí-Aguilar (eds.), Identidades, territorios, culturas en la Málaga Pre-romana (Málaga-Sevilla 2009) págs. 11-50.
Competencias- Coñecer os alicerces básicos da civilización e a cultura occidentais na súa orixe: o individuo, o feito social e a filosofía política.
- Facer exégesis de textos orixinais e modernos para establecer teses e defendelas en público, así como defender as contrarias.
- Traballar en equipo de forma auto-organizada.
- Coñecer o camiño para atopar aquilo que de verdade satisfai as súas esixencias intelectuais e estético-morais.
Metodoloxía da ensinanza - Clases expositivas: explicación dos contidos baseándose en textos clásicos ou modernos, algúns dos cales utilizarán despois os alumnos para elaborar relatorios e presentalas nas clases interactivas.
- Clases interactivas: elaboración en grupo de temas a partir de textos clásicos e modernos, historiográficos ou literarios, con defensa individualizada das pertinentes teses.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua con exame final. O exame final suporá o 40% da avaliación xeral. En 40% valoraranse as actividades prácticas asignadas a cada alumno nas clases interactivas, e en 20% a participación activa en devanditas clases interactivas así como nas expositivas; avaliarase tamén, dentro de ese 20%, un informe (de cinco folios máximo) sobre a exposición que cada alumno tería que facer nas clases interactivas. Tal informe será entregado polos alumnos co exame final escrito. As notas parciáis acadadas na convocatoria ordinaria manteránse na de Xullo. Cando haxa que recuperar as notas das actividades prácticas e/ou da participación nelas, substituiránse por un traballo acordado con profesor.
Tempo de estudo e traballo persoalAproximadamente 120 horas.