G5021447 - Sociedade e Mentalidade na Prehistoria (Cultura, Ideoloxía e Institucións) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I
- Áreas: Prehistoria
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer os principais aspectos da evolución cognitiva e social da especie humana, os modelos (arqueolóxicos e antropolóxicos) asociados ao seu coñecemento, así como as súas principais manifestacións: a fala, a relixión e a arte por unha banda, e os modelos de sociedade por outra.
ContidosTema 1. Evolución e cognición: “arqueoloxía da mente”. Rexistro fósil, artefactos, modelos: posibilidades e limitacións. A arqueoloxía e o acceso á complexidade social e de pensamento. Apéndice: o coñecemento arqueolóxico.
Tema 2. A linguaxe. A adquisición do fala no proceso evolutivo humano. O debate sobre o Neandertal. A escritura.
Tema 3. O pensamento simbólico: a “arte”. Teorías sobre a arte paleolítica.
Tema 4: O pensamento simbólico: a “relixión” e o comportamento ritual. As teorías da relixión “primitiva”. Relixión e arqueoloxía.
Tema 5. Modelos aplicados ao estudo da Prehistoria: etoloxía humana, modelos primates e etnoarqueoloxía.
Tema 6. Os modelos antropolóxicos: das sociedades de bandas ás organizacións estatais. Aplicación arqueolóxica.
Bibliografía básica e complementariaCoppens, Y. e Picq, P., 2004, Los orígenes de la humanidad, Espasa Calpe, Madrid.
Leroi-Gourhan, A., 1985, Los primeros artistas de Eropa. Introducción al arte parietal paleolítico, Ed. Encuentro.
Llinares García, Mar, 2012, Los lenguajes del silencio. Arqueologías de la religión, Madrid, Akal.
A complementaria, pola súa especialización, será ofrecida na clase.
CompetenciasComprender as posibilidades e limitacións do coñecemento arqueolóxico.
Aprender a analizar o material arqueolóxico (desde o punto de vista da sociedade e a mentalidade).
Desenvolvemento da capacidade de cruzar datos e observacións procedentes de distintas disciplinas.
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas: contido do temario
Clases interactivas: consistirán en:
Lectura e comentario de textos
Visionado de documentais
Presentación de materiais relacionados cos temas (reconstrucións virtuais, escritura)
Debates (clases finais): para eles, dividirase ao grupo en grupos máis pequenos para preparalos e expoñelos. Temas posibles: o debate Neandertal, o debate sobre a “arte”. Os temas están abertos ás suxestións dos alumnos.
Ao comezo de cada clase interactiva, entregarase un esquema ou comentario sobre a clase anterior.
Pola natureza da materia, a saída de campo sustituirase por un seminario de dúas horas.
Sistema de evaluaciónExame sobre os contidos: ata 4 puntos
Presentación dos esquemas ou comentarios: ata 2 puntos (inclúe a presentación do comentario sobre o seminario que sustitúe a saída de campo)
Preparación, presentación e participación nos debates: ata 4 puntos
Antes de realizar o exame, publicarase unha listaxe coas puntuacións obtidas ata ese momento.
A non realización do exame suporá a cualificación de Non Presentado. No caso de que o alumno teña concedida a exención d docencia, a puntuación a obter polos debates sustitutirase pola presentación por escrito dunha memoria sobre un dos temas de debate.
Na convocatoria extraordinaria de avaliación, manterase a puntuación obtida nos ítems que foran superados e repetirase ou entregarase a parte non superada ou non realizada.A preparación e particoàción nos debates será sustituida neste caso pola entrega por escrito dunha memoria sobre o tema de debate
Tempo de estudo e traballo persoalHoras expositivas: 32
Horas interactivas: 16
Titorías: 3
Total horas presenciais: 51
Tempo de estudio e preparación da materia: 70
Total: 121 horas