Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021449 - Mentalidade, Identidades e Xénero da Idade Media (Cultura, Ideoloxía e Institucións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna
  • Áreas: Historia Medieval
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PALLARES MENDEZ, Mª DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_02 HorariosClase Interactiva SeminarioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Poñer de relevo un tema esencial da reflexión histórica no momento actual, a relación social entre mulleres e homes.
    Nese marco, teremos en conta a mentalidade colectiva e a identidade, en tanto que elementos do amplo conxunto de variables que han de integrar a historia de xénero.
    Dende este punto de vista, preténdese unha análise da sociedade medieval, que, tendo como marco xeral o occidente cristián, se achegue progresivamente á investigación de base mediante a consideración dos escenarios hispánico e galego.



    Contidos
    Introdución: mentalidade, identidade e xénero: Proxección e discusión sobre o contido da película "Pago justo".
    l. O mundo vivido e o mundo pensado.
    2. A igrexa: os homes e as mulleres.
    3. O sentimento da morte e a súa influencia na sociedade. Proxección e discusión sobre o contido da película "El séptimo sello".
    4. A identidade cristiá fronte ao Islam.
    5. Elementos importantes para a conformación da identidade de Galicia: achegas externas, lugar santo, camiño de Santiago, cistercienses, a lingua e a revolta irmandiña.
    6. O dereito, a igrexa e a literatura, forxadores dunha superestrutura xurídica e ideolóxica con peso do masculino.
    7. As mulleres reais: textos e imaxes.
    8. Urraca, primeira raíña titular do occidente cristián.
    9. Toma de conciencia e denuncia, ante os xuíces, da agresión masculina.
    10. Cristina de Pizán: pensamento e mentalidade.



    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    CRISTINA DE PIZÁN, La ciudad de las Damas, Madrid, 2000; Traducción gallega, A cidade das mulleres. Santiago de Compostela, 2004.
    Historia de las mujeres. La Edad Media, ( Georges Duby y Michelle Perrot, Dirs.), Madrid, 1992.
    GURIÉVICH, A., Las categorías de la cultura medieval, Madrid, 1990.
    KRUS, L., A construção do passado medieval. Textos inéditos e publicados, Lisboa, 2011.
    PALLARES, MªC., Ilduara una aristócrata del siglo X, A Coruña, 1998, 2ª edición revisada y ampliada, 2004.
    PALLARES, MªC., Historia das mulleres en Galicia. Idade Media, Santiago de Compostela, 2011.
    PALLARES, MªC., “Conciencia y resistencia. La denuncia de la agresión masculina en la Edad Media en Rita Radl (dir.), Investigaciones actuales de las mujeres y del género, Santiago de Compostela, 2010, pp. 177-199.
    PALLARES, MªC., “El sentimiento de la muerte y su influencia en la sociedad gallega bajomedieval”en Xavier Castro y Jesús de Juana (eds.), Mentalidades colectivas e ideoloxias, Ourense, 1991, pp. 209-227.
    PALLARES, MªC. y PORTELA, E., La reina Urraca, San Sebastián, 2006.
    PASTOR, R., “Las biografías medievales, problemas históricos e historiográficos. Especialmente referidos a las de las mujeres castellanas”, Arenal, 12, 2, 2005, pp. 341-350.
    PORTELA, E. y PALLARES, MCª., “Edad Media: La iglesia de la historia” en Marco V. García (ed.), Las religiones en la historia de Galicia, Santiago de Compostela, 1996, pp. 91-140.
    PORTELA, E. y PALLARES, MªC., “Los espacios de la muerte”, en De Galicia en a Edad Media. Sociedad, Espacio y Poder, Santiago de Compostela, 1993, pp. 101-119.
    POWER, E., Mujeres medievales, Madrid, 1979.
    STAFFORD, P., Queen Emma and Queen Edith. Queenship and Women’s Power in Eleveenth Century England, Oxford, 1997.
    ZUMTHOR, P., la medida del mundo. Representación del espacio en la Edad Media, Madrid, 1994.

    Bibliografía complementaria

    AURELL, M., Les noces del comte. Matrimoni i poder a Catalunya (785-1213), Barcelona, 1998.
    DUBY, G., El amor en la Edad Media y otros ensayos, Madrid, 1990.
    Historia de la vida privada. De la Europa feudal al Renacimiento, Phillippe Ariès y Georges Duby (dirs.), Madrid, 1988.
    La mujer medieval, Ferruccio Bertini (ed.), Madrid, 1991.
    MANZANO, E., Épocas medievales, vol. 2, pp.523-561, Madrid, 2010.
    Mujeres, familia y linaje en la Edad Media, Carmen Trillo (ed.), Granada, 2004.
    PALLARES, MªC. et al., “La Tierra de Santiago, espacio de poder (siglos XII y XIII)” en Poder y sociedad en la Galicia medieval, Santiago de Compostela, 1992, pp.133-175.
    PALLARES, MªC., El monasterio de Sobrado. Un ejemplo del protagonismo monástico en la Galicia medieval, A Coruña, 1979.
    PALLARES, MªC., “Aportes externos a la población de Galicia durante la Edad Media”, Xenética e Historia no noroeste peninsular, Anxo Carracedo y Gerardo Pereira (cords.), , Santiago de Compostela, 205.
    PALLARES, MªC. y PORTELA, E., “Proyección territorial e influencia social de una institución monástica en la Edad Media: la abadía de Sobrado (952-1300)”, Entre nós. Homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose, Santiago de Compostela, 2001, pp. 209-243.
    PALLARES, MªC. y PORTELA, E., “Compostela y la revuelta de los irmandiños”, Universitas. Homenaje a Antonio Eiras, Santiago de Compostela, 2002, pp. 89-110.
    PORTELA, E. y PALLARES, MªC., “De la villa altomedieval a la fortaleza del siglo XV. Fuentes escritas y arqueología medieval”, De Galicia en la Edad Media. Sociedad, Espacio y Poder, Santiago de Compostela, 1993, pp. 29-49.
    PORTELA, E. y PALLARES, MªC., “Los espacios de la muerte”, De Galicia… pp.101-119.
    PORTELA, E. y PALLARES, MªC., “Al final del camino. La acogida de peregrinos en Compostela”, De Galicia… pp.119-135.
    PORTELA, E. y PALLARES, MªC., “Los nombres de los siervos. Tumbos del monasterio de Sobrado”, Homenaxe a Ramón Lorenzo, D. Kremer (ed.), t. I, Vigo, 1998, pp. 455-474.
    ROUX, S., Christine de Pizan. Mujer inteligente, dama de corazón, Valencia, 2009.
    Textos para la historia de las mujeres en Galicia, Santiago de Compostela, 1999.

    Competencias
    Percepción crítica do pasado social como base para a comprensión da sociedade actual, con atención preferente á relación de xénero.
    Adquisición de coñecementos precisos sobre acontecementos e procesos de cambio histórico, referidos, fundamentalmente, á historia das mulleres.
    Coñecemento e familiarización co método histórico e percepción de tal coñecemento como proceso en permanente construción.
    Capacitación inicial para a elaboración de traballos orixinais baseados en bibliografía e fontes.
    Toma de conciencia fronte á desigualdade de xénero.



    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases expositivas explicaranse os contidos do temario. A actividade teórica acompañarase con presentacións con ordenador e proxección de películas.
    As clases interactivas terán carácter práctico e estarán directamente relacionadas cos contidos da materia. Os seminarios, sobre a base de lecturas previamente realizadas por todos os participantes, serán o instrumento básico para a posta en común, reflexión e discusión dos problemas históricos formulados.


    Sistema de evaluación
    Avaliación continua.
    A presenza e participación activa nas actividades desenvolvidas na aula é instrumento principal para a consecución dos obxectivos da materia e será tida en conta como elemento principal da avaliación. Os traballos realizados serán obxecto dunha valoración específica. Os alumnos darán conta do nivel de coñecementos adquiridos na materia mediante unha proba escrita. A cualificación final da materia resultará da integración proporcionada dos elementos sinalados: asistencia e participación (20%), actividades practicas (40%), exame (40%).



    Tempo de estudo e traballo persoal
    De acordo co sistema de cómputo ECTS, os alumnos dedicarán a esta materia un total de 150 horas. Delas o 30% (45 horas) corresponden ás actividades presenciais na aula e o 70% restante ao traballo persoal e en grupo fóra da aula.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases e a realización das lecturas e actividades propostas son os instrumentos axeitados para alcanzar os obxectivos que se indican.
    Observacións
    A asistencia ás sesións lectivas será controlada sempre pola profesora e quedará constancia escrita dela. A profesora valorará o grao de integración e de comprensión da materia polos alumnos, a través das intervencións destes nas clases, seminarios e titorías.