Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021451 - Sociedade, Poder e Ideoloxía en Asia e África Cantemporáneas (Cultura, Ideoloxía e Institucións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Artiaga Rego, M Aurora.NON
BAZ VICENTE, MARIA JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Dar a coñecer as grandes liñas evolutivas e os problemas centrais das distintas áreas dende unha perspectiva que supere o tradicional eurocentrismo e que combine a análise xeral cos estudos de caso de maior trascendencia histórica. Búscase, así, que o alumno se familiarice cos acontecementos históricos principais, como tamén que adquira as claves conceptuais e interpretativas que lle permitan forxarse unha imaxe da súa traxectoria histórica na longa duración así como do seu lugar no mundo actual, e sempre cunha perspectiva crítica e de conxunto.

    A partir de aí, os obxectivos e as competencias marcados son:

    (1) Coñecer os diferentes modelos de evolución que seguiron as sociedades e Estados da zona no marco dos procesos de colonización, descolonización e globalización actual.

    (2) Poder explicar en termos históricos, de forma relacionada, e co rigor analítico e conceptual preciso tanto os avatares e conflictos históricos da zona como a súa evolución no mundo actual.

    (3) Desenvolvemer unha visión analítica crítica que permita trascender visións tópicas e leer de forma crítica a publicística e prensa actuais sobre o sucedido nas distintas áreas da zona. A análise histórica rigurosa como antídoto contra explicacións simplistas e maniqueas.

    (4) Familiarizarse cos principais debates históricos en torno á zona.

    Contidos
    A asignatura organizarase en dúas partes: a primeira mitade do curso estará dedicada ás cuestións específicas da área do Extremo Oriente entendido nun sentido amplo; a segunda centrarase no Próximo Oriente (de Exipto a Irán), área de profundas interconexións na época contemporánea.


    I PARTE. O EXTREMO ORIENTE
    -----------------------------------

    1.- A India, China, Xapón e o Sureste Asiático diante da ofensiva imperialista occidental: unha evolución dispar. Loita política, efectos económicos e conflictos sociais.

    2.- Nacionalismo e Autoritarismo no Extremo Oriente de Entreguerras.

    3.- O Extremo Oriente das Nacións: da descolonización á crise da orde poscolonial.

    4.- A converxencia económica do Extremo Oriente no Mundo Actual: vellas e novas potencias asiáticas.


    II PARTE. O PROXIMO ORIENTE
    -----------------------------------

    1.- O século XIX: intentos de reforma e presión europea. Do Tanzimat aos Xóvenes Turcos e ao movemento constitucionalista persa.

    2.- O período de entreguerras: a reordenación política da zona. Acordos de posguerra, evolución social e política dos novos Estados e diversidade de respostas ao desafío europeo.

    3.- Da II Guerra Mundial aos anos setenta: independencias, revolucións e panarabismo. O conflito árabe isarelí.

    4.- A década dos setenta: un punto de inflexión. Primeira negociación árabe israelí, novo papel do petróleo e revolución islámica en Irán.

    5.- De guerra irano-iraquí á actualidade: crise dos estados árabes, novo escenario rexional e internacional, expansión e contradiccións dos movementos islamisras. A reivindicación da democracia no mundo árabe.
    Bibliografía básica e complementaria
    I PARTE. EXTREMO ORIENTE
    --------------------------------

    SELLIER, J., 2003, Atlas de los pueblos del Asia meridional y oriental, Madrid, Tecnos.
    AA.VV., 2001, Diccionario de Historia y Política del siglo XX, Madrid, Tecnos.
    MORENO GARCÍA, J., 1992, El Extremo Oriente. Siglo XX, Madrid, Síntesis.
    ROTERMUND, H.O., 1999, L’Asie Orientale et Méridionale aux XIXe et XXe siècles, Paris, Nouvelle Clio.
    SARDESAI, D.R., 1997, Southeast Asia. Past and Present, Boulder, Westview Press.


    AGUIRRE, M., 2000, China. Capitalismo rojo: los desafíos del viaje a la riqueza, Madrid, Flor del Viento.
    ARRIZABAL, X. (ed.), 1997, Crisis y ajuste en la economía mundial, Síntesis.
    BAYLEY, P.J., 2002, China en el siglo XX, Barcelona, Crítica.
    BEASLEY, W.G., 1995, Historia contemporánea del Japón, Madrid, Alianza.
    BENZ, W., GRAML, H., 1992, Problemas mundiales entre los dos bloques de poder, Siglo XXI.
    BUSTELO, P., DELAGE, F. (coords.), 2002, El nuevo orden internacional en Asia –Pacífico, Pirámide.
    BUSTELO, P., 2004, Estructura económica de Asia Oriental, Barcelona, Akal.
    CHARLTON, S.E.M., 1997, Comparing Asian Politics. India, China and Japan, Oxford.
    DEVILLERS, P., 1985, De Indochina a Vietnam, Madrid.
    FAIRBANK, J., 1990, Historia de la China. Siglos XIX y XX, Madrid, Tecnos.
    GRIMAL, H., 1989, Historia de las descolonizaciones del siglo XX, Madrid, Iepala.
    METCALF, B., METCALF, T., 2003, Historia de la India, Madrid, Cambridge.
    SÁNCHEZ CERVELLÓ, J., 1997, Descolonización y surgimiento del Tercer Mundo, Barcelona, Hipòtesi.
    VV.AA., 1999, Geopolítica del caos. Le Monde diplomatique, Barcelona.
    VARELA PARACHE, F., 2003, Crisis cambiarias y financieras, Pirámide.


    II.- PROXIMO ORIENTE
    --------------------------
    ESPOSITO, J., 2004, Islam. Pasado y presente de las comunidades musulmanas, Barcelona, Paidós.
    GRESH, A.; VIDAL, D., 2004, Cien claves para comprender Oriente Próximo, Barcelona, Paidós.
    KHADER, B., 2010, El mundo árabe explicado a Europa: historia, imaginario, cultura, economía, geopolítica, Barcelona, Icaria.
    LOPEZ GARCIA, B., 1997, El mundo árabo-islámico contemporáneo. Una historia política, Madrid, Síntesis.
    SELLIER, J., 1997, Atlas de los pueblos de Oriente, Madrid, Acento.

    AYUBI, N., 1996, Política y sociedad en Oriente Próximo. La hipertrofia del Estado árabe, Barcelona, Bellaterra.
    CORM, G., 1999, Le Proche Orient eclaté, 1956-2000, París, Gallimard.
    .. 2006, El Líbano contemporáneo: historia y sociedad, Barcelona, Bellaterra.
    HAMIL, H., 2008, Palestina. Destrucción del presente, construcción del futuro, Barcelona, Bellaterra.
    IZQUIERDO BRICHS, F.(ed.), 2009, Poder y regímenes en el mundo árabe contemporáneo, Barcelona, Bellaterra.
    KEDDIE, N., 2006, Las raíces del Irán moderno, Barcelona, Belacqua.
    KEPEL, G., 2001, La Yihad. Expansión y declive del islamismo, Barcelona, Península.
    MASALHA, N., 2002, Israel: teorías d ela expansión teritorial, Barcelona, Bellaterra.
    .. 2008, La Biblia y el sionismo: invención de una tradición y discurso postcolonial, Barcelona, Bellaterra.
    MENORET, P., 2004, Arabia Saudí. El reino de las ficciones, Barcelona, Bellaterra.
    MARTIN MUÑOZ, G., 1999, El estado árabe. Crisis de legitimidad y contestación islamista, Barcelona, Bellaterra.
    .. 2003, Iraq. Un fracaso de Occidente (1920-2003), Barcelona, Tusquets.
    PAPPE, I., 2006, Historia de la Palestina moderna. Un territorio, dos pueblos, Madrid, Akal.
    POMMIER, S., 2009, Egipto. Las cadenas de Prometeo, Barcelona, Bellaterr


    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    ---------------------------------

    O/A alumno/a será capaz de:

    (CE-1) Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural das distintas áreas da zona.

    (CE-2) Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes da zona.

    (CE-3) Explicar en termos históricos a diversidade que presentan territorialmente falando os distintos Estados e sociedades da zona.

    (CE-4) Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que presentan os procesos evolutivos.

    (CE-5) Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos que conformaron a traxectoria contemporánea e actual dos países da zona.



    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    ------------------------------------

    O/A alumno/a será capaz de:

    (CT-1) Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.

    (CT-2) Elaborar con rigor traballos de síntese histórica, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais dispoñibles.

    (CT-3) Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.

    (CT-4) Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información dispoñible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.



    Metodoloxía da ensinanza
    1.- CLASES EXPOSITIVAS
    -----------------------------
    Dedicadas á explicación de contidos teóricos: véxase temario.
    Actividade presencial na aula.


    2.- CLASES INTERACTIVAS
    -------------------------------
    Dedicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos, orientaranse tanto a profundizar en aspectos concretos do abordado nas clases expositivas como a seguir avanzando no desenvolvemento das destrezas contempladas no apartado sobre competencias -en especial as específicas-:

    2.1.- Comentario de textos, gráficos, etc.

    2.2.- Seminarios sobre as lecturas a realizar.

    2.3.- Proxección de documentais.


    3.- ACTIVIDADE ACADEMICAMENTE DIRIXIDA (A.A.D)
    -------------------------------------------------------------
    Lectura e elaboración por escrito para entregar nas datas estipuladas de varios artigos sobre algunha cuestión concreta do temario, que poderá ser obxecto de seminario nalgunha das clases interactivas.


    4.- TITORIZACIÓN PERSONALIZADA
    -----------------------------------------
    Dedicada a orientar a elaboración dos exercicios e a comentar o resultado dos mesmos.



    Sistema de evaluación
    A avaliación constará de dúas partes:


    1) O 60% da calificación procederá da avaliación continua: traballos a entregar ó longo do curso a partir das lecturas establecidas; os textos e/ou proxeccións a comentar; as intervencións nas clases de seminario, etc.


    2) O 40% da avaliación procederá dunha proba escrita sobre as cuestións impartidas na aula.

    Nos casos nos que a calificación sexa inferior a 4, non se fará media coa parte práctica.

    A realización das prácticas é condición obrigada para poder presentarse ó examen.

    Na convocatoria de xullo, os alumnos que suspenderan a parte práctica terán que examinarse da materia da mesma.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO PERSOAL A DEDICAR POLO ALUMNO
    ----------------------------------------------------------------------------------
    30 horas presenciais de clases expositivas en grupo completo
    60 horas de estudio persoal

    10 horas presenciais de clases interactivas

    48 horas de lecturas, elaboración de traballos (actividade academicamente dirixida,AAD) e preparación de seminarios.

    2 horas de exame

    TOTAL: 150 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    1) Ter cursado as materias de "Historia Contemporánea Universal I" e "Historia contemporánea Universal II".

    2) Consulta habitual dos atlas e manuais recomendados.

    3) Seguimento de revistas históricas, prensa de calidade e webs sobre a zona.

    Observacións
    A asistencia é obrigatoria.

    Consonte ó establecido pola normativa en vigor, no caso de que non se asista a polo menos o 80% das clases o alumno perderá o seu dereito á avaliación.