P5012102 - Traballo Fin de Máster (Módulo III: Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 20.00
- Total: 20.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 90.00
- Horas de Titorías: 270.00
- Total: 360.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América , Historia Contemporánea e de América , Departamento Externo
- Áreas: Historia de América, Historia Contemporánea, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaRealización dunha investigación dirixida sobre un tema de Historia Contemporánea, que se presentará por escrito e será defendida diante dun tribunal mediante exposición oral. A investigación será tutelada polos profesores dos departamentos implicados, mediante entrevistas personais e/ou a través da rede.
O TFM é un exercicio práctico co que cada alumno culmina a súa formación no programa. Ao superar esta proba obtén os 20 créditos ECTS, que equivalen a un terzo do total da carga lectiva do Máster. Todo o proceso formativo do Máster está en relación co proxecto persoal que se plasma neste traballo, que non poderá ser presentado para a súa avaliación ata superar o resto das materias. Nel aplicará o estudante, tutelado por un director, as habilidades e competencias adquiridas no resto dos módulos do programa.
ContidosO tema de investigación sobre o que versará a memoria fixarao o director do traballo, de acordo cos intereses manifestados polo estudante, e sempre dentro da liña de investigación do profesor.
Os TFM terán unha extensión comprendida entre 60 e 80 páxinas (de 500 palabras por páxina), sen superar en ningún caso ese límite. O apartado de bibliografía e os anexos non deben superar o 10% da súa extensión.
Os TFM seguirán a seguinte estrutura:
1. Unha introdución na que se defenda a pertinencia da investigación, o interese científico da cuestión e a súa posible relevancia social.
2. Un estado da cuestión no que se presenten os antecedentes do tema, especialmente o seu tratamento historiográfico, e os distintos enfoques dende os que foi abordado, incluíndo a bibliografía máis relevante comentada criticamente.
3. Unha relación de fontes a empregar, indicando a súa localización, o rendemento que se espera delas e o tipo de datos que permiten obter.
4. Unha aproximación analítica ao obxecto de estudo a partir das fontes mencionadas.
Bibliografía básica e complementariaECO, H. (2001): Cómo se hace una tesis: técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura, Barcelona, Gedisa.
ARÓSTEGUI, J. (2001): La investigación histórica: teoría y método, Barcelona, Crítica.
CompetenciasO obxectivo do TFM é demostrar que o estudante manexa os procedementos básicos da investigación histórica, entendida como unha actividade rigorosa e contrastada academicamente. Por iso, máis que resultados concluíntes, o que se espera del é que elabore e xustifique "con mestría" as distintas fases nas que se pode descompoñer unha investigación deste tipo.
Os autores deben ser capaces de elaborar un texto de acordo coas normas técnicas e de edición esixibles en calquera traballo académico, tal e como se aplican no noso área. Ademais, deben demostrar claridade de ideas no desenvolvemento do proxecto e claridade expositiva na redacción da memoria.
Metodoloxía da ensinanza Recoméndase que o mesmo tema inspire o proxecto abreviado de investigación que o alumno debe presentar no prazo previsto como culminación da Unidade 3 do Módulo en Rede.
O alumno entregará ao director do TFM unha copia dese mesmo proxecto, así como do resto de traballos parciais que os estudantes deben presentar en diversos prazos nas Unidades 2 e 3 do "ensino en rede". O titor en rede non pode substituír o labor de orientación no TFM que corresponde ao director.
No mes de xuño, ao finalizar o segundo cuadrimestre, o alumno presentará ao seu director un esbozo do seu TFM co fin de introducir, antes do verán, as correccións necesarias. Antes do 15 de xullo entregará un borrador completo. O estudante non poderá solicitar revisións ou atención de dirección no período non lectivo, do 15 de xullo ao 30 de agosto. Queda a primeira semana de setembro para facer as correccións de última hora, que sempre serán de detalle.
Sistema de evaluaciónO TFM será avaliado por unha Comisión establecida segundo a normativa de cada Universidade. Despois da exposición realizada polo estudante e as intervencións dos membros da Comisión, esta deliberará a porta pechada durante o tempo necesario e outorgará unha cualificación a cada traballo (numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal e coa correspondente equivalencia cualitativa: Sobresaínte, Notable, Aprobado ou Suspenso).
As Comisións avaliarán os seguintes aspectos dos TFM:
. Calidade da redacción e riqueza da linguaxe utilizada
. Aplicación axeitada das normas técnicas dun traballo académico
. Claridade, precisión conceptual e coherencia xeral da argumentación
. Relevancia do tema elixido, pertinencia da súa xustificación e viabilidade xeral do proxecto
. Riqueza da bibliografía utilizada e calidade crítica do estado da cuestión
. Profundidade da crítica das fontes
. Resultados do ensaio de análise a partir das fontes utilizadas
Tempo de estudo e traballo persoalO TFM é unha parte fundamental do plan de estudos cunha carga de traballo equivalente á dedicación dun trimestre completo, aproximadamente, aínda que a súa realización non debe concentrarse nun período determinado.
Recomendacións para o estudo da materiaOs TFM elaboraranse como unha versión revisada e ampliada do ensaio de proxecto de investigación que se elabora na Unidade docente 3 do módulo en rede. Para iso cóntase co asesoramento do titor do campus virtual, pero sobre todo do director, co que se terá pactado a orientación e o contido deste traballo. É moi importante que o director coñeza os sucesivos borradores preparatorios do TFM.