Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

P5012229 - Clientelismo e poder político nas sociedades rurais (séculos XIX-XX) (Materia III: Sociedades Rurais, Sociedades Urbanas (coordinado por USC)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 5.00
  • Total: 5.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 20.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA.NON
LANERO TABOAS, DANIEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Propiciar unha formación avanzada en Historia Contemporánea para a docencia e a investigación.
    - Coñocer as fontes fundamentais do poder político nas sociedades rurais contemporáneas da Europa occidental, con especial incidencia nos casos galego e español.
    - Dar pulo a un estudo interrelacionado entre as diferentes fontes do poder, evitando a súa presentación en forma de compartimentos estancos.
    - Fomentar una análise comparada entre os espazos e as formas de poder identificables nas sociedades galega e española dos séculos XIX e XX, cos existentes nas súas homónimas mediterráneas (en especial, a francesa e a italiana).
    - Valorar as conexións que se producen entre a presentación e evolución do fenómeno do poder político nun espazo dado, e o proceso de construción do Estado – Nación (con incidencia especial nos exemplos galego e español).
    - Dominar os contidos fundamentais do concepto “clientelismo político” e as adaptacións necesarias para a súa adaptación á investigación histórica.

    Contidos
    A materia ten como obxectivo presentar algúns dos aspectos fundamentais que afectan ás manifestacións históricas do poder político nas sociedades rurais da Europa occidental nos séculos XIX e XX, cunha atención especial ó espazo máis próximo (galego e español) e facendo especial fincapé nas posibilidades que para a investigación ofrecen os contidos do concepto “clientelismo político”, na necesidade de entender o espazo político como lugar onde se atopan e coliden poderes de diferentes orixes (económicos, sociais...), e na imprescindible perspectiva internacional para situar correctamente no seu contexto espazo – temporal os procesos obxecto da nosa atención.

    PROGRAMA:

    1. Presentación
    2. Introdución historiográfica
    3. Os conceptos de poder e clientelismo
    4. As fontes do poder e as súas implicacións/manifestacións políticas nas sociedades rurais decimonónicas: os casos galego e español en relación co francés e o italiano.
    5. Do liberalismo parlamentario ós rexímenes autoritarios: permanencias e mutacións do clientelismo político nas socieades rurais española e galega do século XX.


    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA

    Briquet, J-L. y Sawicki, F. (sous la direction du), Le clientélisme politique dans les sociétés contemporaines, Paris, PUF, 1998

    Cazorla, A., «La vuelta a la historia: caciquismo y franquismo», Historia Social, 30, 1998, pp. 119-132.

    Fernández Prieto, L. et al. (coords.), Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936), Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia-Universidade de Santiago de Compostela, 1997

    Gellner, E. et al., Patronos y clientes, Madrid, Júcar, 1986

    González Alcantud, J.A., El clientelismo político. Perspectiva socioantropológica, Barcelona, Anthropos, 1997

    Grandío, E., Caciquismo e eleccións na Galiza da II República. Vigo, A Nosa Terra, 1999

    Hispania (monográfico sobre “El poder local en la España contemporánea”), nº 201, 1999

    Historia Social (monográfico sobre “Clientelas, caciquismo y poder en la Restauración”), nº 36, 2000

    Maíz, R., “Estructura y acción: elementos para un modelo de análisis micropolítico del clientelismo”, Revista Internacional de Sociología, 8-9 (1994), pp. 189-215

    Moreno Luzón, J., “El clientelismo político: historia de un concepto multidisciplinar”, Revista de Estudios Políticos, 105 (1999), pp. 73-95

    Quiroga Fernández, A., Haciendo españoles: la nacionalización de las masas en la dictadura de Primo de Rivera (1923 – 1930), Madrid, CEC, 2008

    Robles Egea, A. (comp.), Política en penumbra. Patronazgo y clientelismo políticos en la España contemporánea, Madrid, Siglo XXI, 1996

    Townson, N., “La vieja política bajo la II República: Caciquismo, clientelismo y control electoral» en Gutierrez, M. y Palacios, D., Conflicto político, democracia y dictadura. Madrid, CEPC, 2007, pp. 155-177.

    Varela Ortega, J. (dir.), El poder de la influencia. Geografía del caciquismo en España (1875-1923), Madrid, Marcial Pons-Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2001

    VV.AA., La politisation des campagnes au XIX siècle. France, Italie, Espagne et Portugal, Rome, École Française de Rome, 2000




    Competencias
    - Manexar unha bibliografía suficiente que permita un achegamento ben fundamentado ás cuestións do poder e do clientelismo político.
    - Capacidade para redactar, expor e defender publicamente traballos académicos.
    - Competencia no dominio dos rudimentos investigadores básicos que permita un emprego correcto e proveitoso das diferentes fontes históricas.
    - Capacidade para identificar na Histoira as raíces de situacións e problemas actuais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Os profesores realizarán unha introdución a cada un dos puntos do programa; con posterioridade, e a partir dunha serie de lecturas seleccionadas e previamente repartidas, realizaranse sesións de seminario nas que os alumnos/as comentarán e debaterán sobre puntos concretos suxeridos polos profesores.

    Nunha segunda fase, cada un dos alumnos deberá realizar un breve traballo que consistirá na presentación comparada de dúas investigacións, das que unha estará centrada no espazo galego – español e outra no europeo (francés ou italiano): no traballo a realizar prestarase atención especial ó enfoque teórico – metodolóxico no que se sustenta cada investigación, á relación de fontes empregadas, á bibliografía manexada e as conclusións que presentan, primando unha redación na que a clave comparativa sexa a dominante. Este traballo será obxecto de presentación pública ante a totalidade de compañeiros/as do curso.

    CRONOGRAMA:

    - 1ª semana: 6 horas, repartidas en dúas sesións, de introdución dos profesores a cada un dos apartados do programa.
    - 2ª semana: 6 horas de traballo en semiknario a partir dos materiais previamente repartidos.
    - Realización dos traballos.
    - 3ª e 4ª semanas: presentación e defensa pública dos traballos realizados (13 horas).


    Sistema de evaluación
    - Traballo escrito: 40% da nota final
    - Defensa e discusión pública do traballo: 30% da nota final
    - Asistencia e participación nos debates: 30% da nota final

    (*) Porén, a inasistencia non xustificada a catro ou máis das dez sesións presenciais será causa de suspenso, así como o incumprimento reiterado e constatado da obriga de ler os textos recomendados para os debates.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O traballo do estudante pode estimarse en hora e media por cada hora de explicación do profesor, ás que haberá que sumar outras 15 horas para a elaboración do traballo individual. Evidentemente, estas estimacións son aproximadas e mudarán en función das necesidades específicas de cada alumno/a.


    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia, tanto ás aulas de explicación de conceptos e contidos, como a participación activa nos seminarios de debate colectivo e nas presentacións dos traballos finais son basicas para un óptimo aproveitamento da materia.


    Observacións
    Idioma: Castelán en caso de que un número significativo de alumnos/as matriculados non sexan galego falantes; de non ser así, o curso impartirase en galego.