Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

P5012230 - Innovación tecnolóxica e sustentabilidade na Europa rural do século XX (Materia III: Sociedades Rurais, Sociedades Urbanas (coordinado por USC)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 5.00
  • Total: 5.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 20.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Propiciar o coñecemento das novas correntes da Historia agroecolóxica e ambiental
    -Dominar os principais conceptos da historia ambiental relacionada co mundo rural
    -Coñecemento dos principais paradigmas tecnolóxicos que enmarcan os procesos de cambio na agricultura contemporánea.
    -Análise dos procesos de cambio tecnolóxico que afectan ao mundo rural europeo do século XX
    -Manexo de fontes e métodos
    -Análise comparado entre os distintos modelos de desenvolvemento agrario e dos diferentes modelos temporais con especial atención ao fascismo modernizador.
    -Capacidade para identificar na historia dos procesos de innovación problemas estructurais do mundo rural e das formas actuais de produción agropecuaria.
    Contidos
    Contidos
    -Exporanse as ferramentas teóricas, conceptuais e bibliográficas para o coñecemento e interpretación dos procesos de cambio tecnolóxico dende o punto de vista ambiental.
    -Preséntase o modelo histórico de agricultura orgánica intensiva anterior á 2ª guerra mundial e os efectos do posterior modelo da Revolución verde que aínda segue vixente.
    -Este ano atenderase especialmente ao gonzo entre ambos os dous períodos para explorar o caracter modernizador dos fascismos e a súa influencia no modelo post-1945
    -Formulación dunha historia aplicada: ineficiencia do modelo agrario vixente e busca de propostas sostibles no coñecemento das formas de manexo das agriculturas orgánicas
    -A historia agraria de Galicia emprégase como referencia preferente da evolución das agriculturas europeas.

    Programa:
    1.- Presentación teórica e historiográfica.
    2.- Os paradigmas do cambio tecnolóxico contemporáneo:
    A agricultura orgánica intensiva: sostenibilidade e cambio
    A revolución verde: mecanismos e consecuencias ambientais
    3.- Evolución dos sistemas nacionais de innovación agraria no século XX: modelos
    4.- O manexo orgánico e a súa aplicación a modelos de desenvolvemento sostible.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria
    Cambio tecnolóxico, medioambiente e paisaxes agrarias.
    -R. Garrabou (2010). Sombras del progreso. Las huellas de la historia agraria, Barcelona. Ed.. Crítica.
    - J. Pujol et alii (2001): El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea, Barcelona, Crítica.
    -R. Garrabou y J. M. Naredo (eds.) (2008): Formación y transformación del paisaje en el mundo mediterráneo, Zaragoza, Seha, Monografías de Historia Rural, 6.
    -Fernández Prieto, L. (2007): El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX, Valencia, Tirant Lo Blanc.
    -Fernández Prieto, L.(ed)(2001) Terra e Progreso. Vigo Xerais
    -Worster, D. (1990) “Transformations of. The Earth: Toward an Agroecological Perspective in History”, Journal of. American History, vol.. 76, 4, PP.1087-1106.
    -Rolf Peter Sieferle (2001): “Qué es la historia ecológica?” in González de Molina y Martínez Alier (eds): Naturaleza transformada, Barcelona, Icaria, pp. 31-54.
    -J. R. McNeill (2000): Algo nuevo bajo el sol. Historia Medioambiental del mundo en el siglo XX. Madrid, Alianza Ed.
    -Mazoyer, M, e Roudart, L. (2001): Historia das agriculturas do mundo. Do neolítico á crise contemporánea. Lisboa.
    -Köning, N. (1994): The failure of agrarian capitalism (1994),
    -Newby, H. "Cambio estructural en la agricultura y futuro de la sociedad rural", Agricultura y Sociedad, nº 38, 1986.
    -Goodman, D. e M. Redclift,"La agricultura en Europa occidental en transición. la producción simple y el desarrollo del capitalismo", Agricultura y Sociedad, 43,1987

    -Agricultura e Historia. Progreso y atraso:
    -Foster,E.M.(1974): Las culturas tradicionales y los cambios tecnológicos, México, F.C.E.
    -Sevilla Guzmán, E."Hacia un marco conceptual del desarrollo rural sostenible desde el campesinado", 1993.
    -Artiaga Rego,A.; Fdez. Prieto,L.; Hervés Saiar,H.; Balboa, X.L. e Cardesín, "Agricultura y capitalismo en Galicia. Una perspectiva histórica" R.Villares e P.Saavedra (1991): Señores y Campesinos en la Península Ibérica (ss. XVIII-XX), Barcelona, Crítica, vol. 2.
    -Pérez Touriño, E., Agricultura y capitalismo. Análisis de la pequeña poducción campesina, Madrid,MAPA,1983 (Parte Iª)
    -Polanyi. K, La gran transformación, Madrid, La Piqueta,1990
    -Shanin, T., "Definiendo al campesinado. Conceptualizaciones y desconceptualizaciones. Pasado y presente de un debate marxista", Agricultura y Sociedad, nº 11, 1979
    .
    - Innovación e cambio tecnolóxico:
    -Ruttan, V. e Hayami, Y. "El cambio técnico en la agricultura" Agricultura y Sociedad, 53, 1989, pp. 19-72.
    -Parayil, G. (1993), "Models of technological change: A critical review of current knowledge", History and Technology, 10, pp. 105-126.
    -López García, S. y Valdaliso, Jesús Mª (1997): ¿Qué inventen ellos?. Tecnología, empresa y cambio económico en la España contemporánea, Madrid, Alianza. (Introd.)
    -Puffert, D. J (1999):“Path Dependence in Economic History”, WWW/econhist.vwl-muenchen.de/.
    -Smith, Merritt Roe & Leo Marx (1996):Historia y Determinismo tecnológico, Madrid, Alianza (Introducc. e varios artigos).
    -Vence, X. (1999): Industria e innovación, Xerais, Vigo, (Introducción).
    -Mokyr, Joel (2008): Los dones de Atenea. Los orígenes históricos de la economía del conocimiento, Madrid, Marcial Pons.

    Agroecoloxía:
    -Guzmán Casado, González de Molina, Sevilla Guzmán (2000): Introducción a la Agroecología como desarrollo rural sostenible, Madrid, Mundi-Prensa.
    -Simón FERNÁNDEZ, X. (1999): “El análisis de sistemas agrarios: una aportación económico-ecológica a una realidad compleja”, in Historia Agraria, 19, pp. 115-138.
    -Vilas, X.M., FERNANDEZ PRIETO, L. e SIMÓN, X. (1998) “A Agroecoloxía e a Agricultura convencional, A situación galega”en Adega-Cadernos, nº 4, pp. 7-18.

    -Atraso, progreso, adaptación na agricultura contemporánea: debate historiográfico
    -R. Garrabou, "Revolución o revoluciones agrarias en el siglo XIX: su difusión en el mundo mediterráneo", Agriculturas mediterráneas y mundo campesino, Instituto de Estudios Almerienses, Almeria, 1944.
    -R. Garrabou, "Sobre el atraso de la agricultura española en el siglo XIX", Gran propiedad y política agraria en la Península Ibérica, Granada, Universidad de Granada, 1992.
    -Fernández Prieto, L. (2000): Terra e Progreso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea, Vigo, Eds Xerais.
    -Villares, R. (1998). “A Historia Agrária da Espanha Contemporánea. Interpretaçoes e tendèncias. Ler Historia , 35, pp. 153-178.

    Análisis históricos de procesos de modernización agraria en Europa.
    -Weber,E., From Peasant to Proletarian, Oxford, Blackwell,1981
    -Grigg, D English Agriculture. An historical perspective, Oxford, Blackwell, 1989.
    -Grigg, D. The Dynamics of Agricultural Change. An historical perspective, London, Hutchinson, 1982.
    -Tortolero, A., De la Coa a la máquina de vapor. Actividad agrícola e innovación tecnológica en las haciendas mexicanas 1880-1914, México, S. XXI, 1995.
    -Zanden, J.L. van, The transformation of European Agriculture in the 19th century, Amsterdam, 1994.
    -Olmstead, A. L. and P.W. Rhode (2000): “The transformation of Northern Agricutlure, 1910-1990”in S. Engerman an R. Gallman (eds.), The Cambridge Economic History of the United States, v. III, The Twentieth Century, N.Y., C.U.P., pp.693-742.
    -Olmstead, A. L. and P.W. Rhode (2001): “Reshaping the Landscape: the impact and Difussion of the Tractor in American Agriculture, 1910-1060”, Workin Paper.

    España:
    -Pinilla, V., Entre la inercia y el cambio: El sector agrario aragonés, 1850-1935. Madrid, Mapa, 1995.
    -Robledo, R., Economistas y reformadores españoles, La cuestión agraria (1760-1935), Madrid, Mapa, 1993
    -García Sanz, A & Sanz Fernández, J., Reformas y políticas agrarias en la histora de España, Madrid, Mapa, 1996.
    -J. Simpson (1997): La agricultura española (1765-1965):la larga siesta, Madrid, Alianza
    -L. Fernández Prieto (1999): “No todos dormían”, in Historia Agraria, 18, pp.249-260.
    -Pujol, González de Molina, Fernández Prieto, Gallego y Garrabou (2001), El pozo de todos los males, Barcelona, Crítica.
    Los cambios agrarios: evolución de macromagnitudes 1900-1930
    -SOTO, D. (2006) Historia dunha agricultura sustentabel. Transformacións productivas na agricultura galega contemporánea. Santiago, Consellería de Medio Rural
    -GALLEGO, D. (1993): “Pautas regionales de cambio técnico en el sector agrario español (1900-19309, Cuadernos Aragoneses de Economía,vol
    Competencias
    -Competencia para buscar, seleccionar e utilizar bibliografía especializada
    -Manexo de sites de internet claves para afondar e traballar con estes contidos.
    -Capacidade de realizar, presentar e expoñer oralmente un traballo académico e participar activamente nunha discusión colectiva.
    - Manexo dalgúns tipos de fontes históricas: documentais, fontes orais
    -Coñecer as técnicas de interpretación e reconstrución de paisaxes agrarias.
    -Competencia para a análise dos procesos de cambio tecnolóxico que afectan ao mundo rural europeo do século XX.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía do curso e calendario
    - Presentación polo profesor dos catro apartados do programa, seguidas de sesións de seminario, incluíndo lecturas seleccionadas
    - Preparación polos alumnos, en parellas, dun traballo monográfico a partir dos temas definidos co profesor, aplicando os coñecementos teóricos adquiridos ao estudo de casos históricos concretos máis a experiencia da viaxe de traballo.
    - Presentación oral dos traballos polos estudantes, seguida dunha sesión de seminario.
    sobre o tema exposto.

    Cronograma da programación

    Presentación e organización do curso.
    Proposta de leituras
    Titorías no despacho sobre as lecturas.
    Seminario sobre lecturas. Propostas de memorias de investigación.
    Exposicións e seminarios sobre os traballos dos alumnos
    Exposicións, completar +BALANCE E CONCLUSIÓNS CURSO:
    Práctica de campo no Caurel
    Interpretación da paisaxe agraria e historia oral. Explicación sobre as condicións físicas da produción agraria e as formas da agricultura orgánica histórica.
    Saída: 8 hs. xoves- Volta ás 20 hs. do venres /

    Horarios de titoría (ademais dos indicados): mércores de 10 a 12 e xoves de 9 a 9:30 e de 12 a 13 hs. ou acordadas entre o alumno e o profesor cando sexan requeridas.
    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación
    Traballos escrito: 30%
    Presentación, discusión e defensa do traballo: 30%
    Asistencia e participación nos debates de seminario e práctica de campo: 40%

    Para coñecer e saber, ler e debater será a fórmula neste curso.

    * A inasistencia sen xustificar a dúas ou máis sesións presenciais ou incumprimento reiterado e constatado de preparación de textos e traballos impedirá obter o aprobado.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O cronograma descrebe o tempo adicado a cada actividade. O traballo do estudante pode estimarse en 1 hora por cada hora de explicacion do profesor, máis 10 horas para o traballo obrigatorio e a práctica de campo está prevista para 36 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia e seguimento das prácticas diarias que se establecen son básicas para o seguimento da materia. Cada unha delas irán conformando o traballo escrito cotiá e fixando conceptos e ideas que son básicos neste curso.
    Observacións
    A asistencia é fundamental para poder sumar os coñecementos nun curso plantexado como mui interactivo.
    A participación é valorada porque permite sumar coñecementos entre todos os participantes
    A participación na Excursión ao Caurel como práctica de campo permitirá redondear con satisfaccións os coñecementos adquiridos nesta materia.