Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

P5012231 - Formas de conflitividade e violencia rural na Europa Contemporánea (Materia III: Sociedades Rurais, Sociedades Urbanas (coordinado por USC)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 5.00
  • Total: 5.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 20.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Cabo Villaverde, Miguel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Dominio de teorías da socioloxía histórica aplicables ó estudo da conflictividade e da violencia.
    - Análise da dinámica Estado/evolución da conflictividade nas sociedades rurais do mundo occidental.
    - Evolución da nacionalización das masas en Europa Occidental ó longo do período Revolución Francesa-I Guerra Mundial.

    Contidos
    Perspectivas recentes no estudo da accción colectiva e os movementos sociais de particular interese para os historiadores. O papel do Estado. O proceso de nation-building e a súa influencia na conformación do moderno concepto de cidadanía. Influencia do proceso de urbanización e matización das diferentes perspectivas teóricas en función da dicotomía urbano/rural


    - Eugen Weber e os seus críticos: estado actual do debate sobre o nation-building en Europa no longo século XIX

    - James Scott e as "armas do feble", novas perspectivas sobre a conflictividade rural.

    - Charles Tilly e o repertorio da acción colectiva.

    - Violencias cotiás: formas de delincuencia nas sociedades rurais

    Bibliografía básica e complementaria
    Lecturas (obligatorias ou optativas en función do traballo práctico elixido):

    BARRAL, P. (1998), "Depuis quand les paysans se sentent-ils français?", Ruralia nº 3, pp.7-21.

    CABO, M. e MOLINA, F. (2009), "The Long and Winding Road of Nationalization: Eugen Weber´s Peasants into Frenchmen in Modern European History (1976-2006)", European History Quarterly 39/2, pp.264-286.

    CHAVAUD, F. e MAYAUD, J-L. (dirs., 2005), Les violences rurales au quotidien, Boutique de l'Histoire.

    CRUZ, R. (1995), "El más frío de los fríos monstruos fríos: la formación del Estado en la España contemporánea", Política y Sociedad nº 18, pp. 81-92.

    HERVÉS, H. ET AL. (1997), "Resistencia y organización. La conflictividad rural en Galicia desde la crisis del Antiguo Régimen al franquismo", Noticiario de Historia Agraria nº 13, pp.165-192.

    LEHNING, J.R. (1995), Peasant and French. Cultural Contact in Rural France during the Nineteenth Century, Cambridge: New York Univ. Press.

    RIQUER, B. DE (1994), "Nacionalidades y regiones. Problemas y líneas de investigación en torno a la débil nacionalización española del siglo XIX", en Morales et al., La historia contemporánea en España, Ediciones de la Universidad de Salamanca.

    SCOTT, J. (1985), Weapons of the Weak. Eeryday Forms of Peasant Resistance, New Haven: Yale Univ. Press

    TARROW, S. (1997), El poder en movimiento. Los movimientos sociales, la acción colectiva y la política, Madrid: Alianza.

    TILLY, Ch. (1978), From Mobilization to Revolution, Reading (Mass.): Addison Wesley.

    TILLY, Ch. ET AL (1997), El siglo rebelde, 1830-1930, Prensas Univ. de Zaragoza.

    WEBER, E., Peasants into Frenchmen. The Modernization of Rural France, 1870-1914, Stanford UP, 2ª ed.

    Historia Social nº 62 (2008), Dossier Eugen Weber
    Bibliografía sobre fontes (para preparar os traballos):

    Fonts per a l’estudi del món rural contemporani / Enric Vicedo / Col•lecció Els Seminaris del Departament de Geografia i Història de l'IEI, núm. 3 / 2005

    Competencias
    Capacidade para identificar na historia as raíces de situacións e problemas actuais.
    Capacidade para buscar, seleccionar e utilizar a bibliografía especializada sobre temas relacionados coas sociedades rurais.
    Capacidade para expor oralmente un traballo académico.
    Capacidade para participar activamente nunha discusión académica colectiva sobre temas históricos e políticos.
    Manexo fluido dalgúns tipos de fontes históricas, particularmente dúas: repertorios de lexislación histórica e contas financeras do Estado.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases maxistrais do profesor para explicar os catro apartados que compoñen o programa, seguidas de sesións de seminario ó redor dos temas expostos.
    - Preparación polos alumnos dun traballo monográfico dirixido sobre una lista previa de temas definidos polo profesor, aplicando os coñecementos teóricos adquiridos a casos históricos concretos.
    - Exposición oral en clase dos traballos dos estudantes, seguida de sesión de seminario en torno ó tema exposto.

    Sistema de evaluación
    Asistencia obrigatoria e participación nos debates: 30%
    Realización do traballo escrito: 50%
    Presentación e defensa do traballo: 20%

    * A inasistencia non xustificada a catro ou más das dez sesións presenciais será causa de suspenso, así como o incumprimento reiterado e constatado da obriga de ler os textos recomendados para os debates.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Horas totais estimadas de traballo do estudante: 125
    - Horas de docencia teórica e debates en seminario: 25
    - Horas de prácticas: 25
    - Horas de traballo persoal (redacción de traballos e preparación de presentacións): 75