P5012104 - Ensino en Rede (Módulo I: Liñas de Investigación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA asignatura Ensino en rede organízase como un bloque de unidades docentes sobre métodos de investigación e recursos historiográficos en Internet que se cursan a distancia, empregando o campus virtual, o foro de debate entre os alumnos e outras ferramentas telemáticas, coa axuda dun tutor, profesor de unha das Universidades participantes no Máster.
O campus virtual forma parte do módulo I e ofrece a posibilidade de traballar en grupos con alumnos procedentes das oito universidades participantes. Esta ferramenta tamén mellora o contacto co profesorado, facilita a distribución de materiais e a entrega de traballos, sendo unha fiestra para achegarse á historia na rede.
ContidosAnálisis crítico de páxinas web vinculadas ao ámbito da Historia, especialmente na súa etapa contemporánea.
Elaboración dun proxecto de investigación, semellante aos que se presentan ás convocatorias públicas.
Debate con outros alumnos a través da ferramenta virtual organizada en torno a un foro.
Máis en concreto, son catro as unidades fundamentais:
1. Teoría e métodos da Historia Contemporánea
2. A documentación e o debate na Historia Contemporánea
3. O traballo de investigación na Historia Contemporánea
4. Preparación para o ciclo de conferencias
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía será indicada por cada un dos titores de cada grupo, en función dos temas elexidos para a discusión en rede e segundo cal sexa o ámbito do proxecto de investigación de cada un dos alumnos.
Competencias- Realizar pesquisas bibliográficas selectivas
- Expoñer en síntesis e nun foro web un tema académico
- Analizar criticamente e debater sobre temas históricos e políticos
- Tratar de forma eficiente as diferentes categorías de fontes históricas
Metodoloxía da ensinanza Cada espazo docente conta con un conxunto de ferramentas que facilitan a súa xestión, a publicación de contidos e a comunicación entre os usuarios membros (xa sexan alumnos ou docentes).
Sistema de evaluaciónA cualificación será o resultado de ponderar a participación nos debates (no foro), a claridade na exposición e o proxecto de investigación diseñado.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras totais estimadas de traballo do estudiante: 125
- Horas de búsquedas na web: 25
- Horas de lecturas de fontes primarias e secundarias: 70
- Horas de redacción de traballos e debate en rede: 30
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos que o desexen poden ampliar a información sobre o curso na dirección xeral do Máster http://www.uam.es/departamentos/filoyletras/hcontemp/posgrado/estudios.htm
ObservaciónsExiste unha guía específica para alumnos na que se explican as características básicas, o modo de funcionamento e o acceso ao campus virtual e pódese consultar na dirección xeral do Máster: http://www.uam.es/departamentos/filoyletras/hcontemp/posgrado/Guias/guiacampusvirtual.pdf