P3301106 - Planificación estratéxica e marketing urbano (Módulo Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía, Xeografía, Xeografía
- Áreas: Xeografía Física, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
GalegoObxectivos da materiaObxetivo xeral:
O obxectivo desta materia e achegar os alumnos os modelos estratéxicos de planificación urbana, no novo marco global de competitividade. O programa presenta ó alumno a evolución das políticas estratéxicas urbanas dende a formulación económica de primeira xeneración, hasta a metodoloxía de segunda xeneración baseada na renovación urbana e o marketing estratéxico, para chegar a situación actual na que a planificación de terceira xeneración adoita un novo paradigma de planificación participativa..
Obxectivos específicos.
1. Aportar una visión estratéxica e dinámica dos estudos e a planificación das cidades.
2. Promover unha revisión crítica dos modelos aplicados na segunda metade do século XX, de cara a pensar os novos sistemas de intervención na cidade.
3. Apreender a cidade e o território e como um sistema integrado a través da análise dos seus componentes constitutivos.
4. Desenvolver unha aplicación práctica dos conceptos e teorías do programa.
.
ContidosOs contidos básicos son os que se detallan a continuación.
Fundamentos xeográficos para ó análise da cidade.
Cidade e desenvolvemento urbano: as crises sistémicas e as estratexias urbanas.
A competencia de cidades e a planificación estratéxica.
A visión do marketing urbano.
A evolución das políticas urbanas; a planificación participativa..
Globalización e posicionamento urbano: o modelo urban positioning.
Estudo de casos: as políticas urbanas nas cidades españolas.
Preferentemente o estudo realizarase a partir de casos prácticos.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Elizagárate,V (2003)-Marketing de ciudades. Ed Pirámide.Madrid.
Fernández Guell, J.M.- ( 2006) Planificación Estratégica de ciudades. Ed. Reverte. Barcelona.
Florida, R ( 2009).-Las ciudades creativas. Ed Paidos. Barcelona.
Glaeser, E. ( 2011)- El triunfo de las ciudades. Ed Taurus.Madrid.
Pinson, Giles (2009). Urbanismo y gobernanza de las ciudades europeas.Universidad de Valencia.Valencia.
Precedo Ledo,A (1996) Ciudad y Desarrollo Urbano. Ed Síntesis.Madrid,
Precedo Ledo, A ( 2004) Nuevas realidades territoriales para el siglo XXI. Ed Síntesis. Madrid.
Precedo, Míguez y Orosa (2010).De la planificación estratégica al marketing urbano: hacia la ciudad inmaterial.Rev. Eure 36-108, pp 5-27.
Precedo Ledo, A ( 2011). Las ciudades en la globalización. Ed Sínteisis.Madrid.
Precedo Ledo, A (2007) El Area Metropolitana de A Coruña:una metrópoli euroatlántica. Estudio de posicionamiento,constitución y marketing. Diputación de A Coruña. A Coruña.
Precedo,A y Miguez,A.( 2012)-El sistema metropolitano de Galicia. Ed Universidad de Santiago de Compostela.Santiago.
Precedo;a y Miguez,A (2012): El proceso de metropolización en Galicia.Univ. de santiago.Santiago de Compostela.L_
CompetenciasCompetencias.
a) Desenvolver a visión estratéxica da cidade.
b) Valorizar os recursos urbanos, xerar valor e crear produtos urbanos.
c) Repensar a cidade no novo contexto global.
d) Aportar criterios obxetivos ó debate das grandes cidades e das cidades medias.
.
O aluno deverá fazer leituras correspondentes os temas do programa para promover o debate interdisciplinar.
.
O aluno deverá aportar unha revisión crítica das políticas urbanas dende o punto de vista dos cambios asociados a crise actual, particularmente cunha visión europea e global, tendo en conta o novo papel de Europa nun espazo mundial multipolar.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía seguida ten un carácter eminentemente práctico e aplicado. Tendo isto en conta, a ordenación dos contidos, a programación dos traballos prácticos e a sesións de titorías está pensada para que o alumno poda ir desenvolvendo dun xeito progresivo o seu proxecto final, sendo así que dito proxecto deberá constituír unha demostración práctica do grado de madurez acadado polo alumno no que atinxe ós contidos teóricos, ós obxectivos específicos e as competencias.
Simultanearánse sesións teóricas, interactivas e prácticas, estando as primeiras preferentemente adicadas ó estudo de casos e as segundas ó desenvolvemento das competencias requeridas..
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación do aprendizaxe
Cada un dos alumnos redactará un estudo dun área metropolitana no que aplicar os contidos dos temas de estudo e de debate.
A avaliación do curso terá en conta as asistencia ós seminarios (40%),( deberá superar o 85%) , a participación nos debates (10%) e redactar e presentar o proxecto ( 30% y 20% respectivamente).
Avalariase segundo os seguintes critérios:
1.- Aportassem metodolóxica.
2.- Interese e capacidade de síntese.
3.-Calidade da presentación gráfica e cartográfica.
4.-Consistência das técnicas e dos analises empíricos.
5.-Viabilidade das propostas.
6.- Capacidade expositiva.
• Faise constar que estes criterios de avaliación son aplicables nas duas convocatórias previstas
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de lectura a semana: tres.
Tempo do proxecto: 20 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaPreparar ó principio do curso o seguinte:
a) O plan de lecturas.
b) O tema do proxecto.
c) A metodoloxía.
Con este fin dedicaranse as sesión iniciais a facer conxuntamente esta programación.