Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

P3301107 - Desenvolvemento local e recursos endóxenos (Módulo Común) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía, Xeografía, Xeografía
  • Áreas: Xeografía Física, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Ferras Sexto, Carlos.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Achegarse a importancia da análise a diferentes escalas: global, rexional e local

    2. Coñecer e distinguir os conceptos de local, rexional, comarcal, supralocal, metropolitano e mancomunado

    3. Dominar a cartografía temática referida aos concellos, ás entidades de cooperación supralocal, e ao planeamento urbanística ou estratéxico

    4. Entender a importancia da localidade, das relacións de veciñanza, e da proximidade dos actores e dirixentes políticos (principios de subsidariedade) para acometer proxectos desenvolvemento no territorio.

    5. Comprender criticamente a tipoloxía de plans de desenvolvemento local e dos grupos de acción local que os lideran

    6. Interpretar a estructura e cualidade dos documentos de desenvolvemento local, a súa estructura interna e o modelo teritorial que propoñen

    7. Coñecer as diferentes posibilidades que ofrece o desenvolvemento local en contextos rurais e urbano-metropolitanos. O seu diferente grao de complexidade.

    8. Manexar as técnicas de elaboración consensuada dun documento de desenvolvemento local, os crierios de revisión do mesmo e os riterios de necesaria revisión participativa.

    Contidos
    1. A escala local en Xeografía. A importancia da administración local e da sociedade civil.

    2. As unidades político-administrativas no local: concellos, comarcas, consorcios, mancomunidades e área metropolitanas. O estatus das deputacións. Cal é a alternativa?

    3. Os Grupos de Acción Local. Unha definición e os seus obxectivos. Para que sirven?

    4. Os obxectivos do desenvolvemento local: diversificación económica, correción dos problemas demográficos, fixación de familias novas e os valores ligados á nova cultura do territorio. É sostible?

    5. Os programas de desenvolvemento local aplicados (LEADER, Interreg, PRODER, etc.): fortalezas e feblezas.

    6. Desenvolvemento local e Ecosocialismo. Un debate aberto.

    7. Estudio de casos de éxito a nivel internacional.

    Bibliografía básica e complementaria
    -Arnalte, E. et al. (1998): El desarrollo rural: políticas aplicadas situación actual del debate y perspectivas del futuro a nivel europeo. Working Document, AGRI-106, Dirección General de Estudios del Parlamento Europeo. Estrasburgo.

    -Consellaría do Medio Rural (2007): Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza 2007-2013. http://mediorural.xunta.es/areas/desenvolvemento_rural/pdr_2007_2013

    -European Union DG AGRI (2009): Rural Development in the European Union. Statistical and Economic Information. Report 2009.
    http://ec.europa.eu/agriculture/agrista/rurdev2009/index_en.htm

    -Gómez Orea, D. (1985): El espacio rural en la ordenación del territorio. Instituto de Estudios Agrarios, pesqueros y alimentarios. Madrid.

    -Marengo, M. (Ed.) (2006): La dimensione locale, esperienze (multidisciplinari) di ricerca e questione metodologiche. Aracne Ed. Roma.

    -Márquez Domínguez, J. (Dir.) (1998): La Apuesta por el Desarrollo Local. Caja Rural de Huelva. Huelva.

    -Martínez Puche, A.; Pérez i Pérez, D. y Sancho Carbonell, I. (2000): Herramientas para el desarrollo local. Universidad de Alicante. Alicante.

    -Massot, A. (2009): España ante la refundación del la Política Agrícola Común de 2013, Real Instituto Elcano. Documento de Trabajo 35/2009. www.realinstitutoelcano.org.

    -Rodríguez González, R. y Pérez Correa, E. (2004): Espacios y desarrollos rurales. Ed. Trea. Gijón.

    -Rodríguez Gutiérrez, F. (1999): Manual de Desarrollo Local. Ed. Trea. Gijón.

    -Romero, J. y Farinós, J. (2004): Los territorios rurales en el cambio de siglo. En: Romero, J. (coord.): Geografía Humana. Ariel. Barcelona.

    -Sumpsi, J.M. (2002): ”La política agraria y rural de la Union Europea”. En Sumpsi, J.M. e Pérez Correa, E. (coord.): Políticas, instrumentos y experiencias de desarrollo rural en América Latina y Europa, pp. 122-146 . Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, Madrid.

    Competencias
    1. Utilizar os recursos técnicos necesarios para coñecer os documentos de ordenación e desenvolvemento a escala local e supralocal, a súa representación cartográfica e os fundamentos da súa ordenación como territorios singularizados.

    2. Comprender os procesos de formación das unidades territoriais relevantes para o desenvolvemento local.

    3. Adquirir habilidades para a procura, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas referidas aos concellos, agrupamentos dos mesmos e comarcas rurais.

    4. Aprender a utilizar a información relevante para a elaboración de análises, informes e programas de actuación. Habituarse a traballar de forma autónoma e con iniciativa.

    5. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. Ser capaz de valorar de xeito analítico as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten máis adecuadas.

    6. Ser capaz de empregar os recursos estatísticos, do planeamento e cartográficos que permitan analizar as estratexias de desenvolvemento local e rural.

    7. Utilizar recursos eficaces para conseguir e interpretar documentación ordenadora, referida tanto aos LEADER, PRODER e Interreg.

    8. Entender a escala local como un ámbito espacial e territorial pertinente para definir estratexias de crecemento sustentable, inelixente e inclusivo.



    Metodoloxía da ensinanza
    Os contidos da materia serán expostos en clases teóricas, serán obxecto de prácticas na aula e de traballos que se realizarán contando cos recursos (bibliográficos e informáticos) da universidade. Algúns deles serán expostos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión, que permita un mellor entendimento de certos procesos complexos referidos ao desenvolvemento local e rural.
    Contemplarase a posibilidade de realizar prácticas de campo en función dos recursos dispoñibles.


    Sistema de evaluación
    O rendemento académico será valorado de dúas formas complementarias, cun peso similar na cualificación final. Por unha banda, os contidos teóricos da materia serán obxecto dunha proba, un exame convencional para que os alumnos poñan de manifesto o seu nivel de coñecemento de todo o explicado. Por outra, realizaranse un conxunto de prácticas de aula e un traballo sobre algúns dos aspectos (físicos, humanos, de xestión territoriall) abordados durante o curso. Este traballo poderá ser exposto nunha sesión do máster. Co desenvolvemento da materia, poderase adaptar este modelo de docencia teórica e práctica, que en todo caso terán un valor 50% na nota final.
    Deberá manterse unha asistencia regular á asignatura ou xustificar debidamente as faltas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Con carácter xeral, recoméndase aos alumnos contemplar cada materia como aspecto particular dun problema global, neste caso aportar a perspectiva xeográfica á comprensión dos problemas de desenvolvemento na escala local, dos seus documenos de ordenación e de xestión. De feito, insistirase na interrelación entre consideracións técnicas, territoriais, sociais, económicas e de goberno, que os alumnos deberán interiorizar, para de xeito continuo procurar o apoio académico de profesores e titores.