P3301110 - Metodoloxía da investigación (It. profesional) (Itinerario profesional) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía, Xeografía, Xeografía
- Áreas: Xeografía Física, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
GalegoObxectivos da materia1. Achegarse a importancia da análise, a consulta de fontes e o desenvolvemento dunha metodoloxía sistemática nos traballos académicos e profesionais sobre o teritorio.
2. Coñecer e distinguir os conceptos de espacio, territorio, escala, ordenación e planificación territoriais, para a realización de análises e informes
3. Dominar a cartografía xeral e temática referida incluida nos diferentes documentos básicos para o traballo académico e profesional
4. Entender a importancia da ordenación e planificación do territorio na mellora da calidade e nivel de vida. Cómo traballar con documentos planificadores.
5. Comprender a tipoloxía de plans de ordenación e planificación territorial en distintos contextos
6. Interpretar a estructura e cualidade dos documentos oficiais referidos a territorios concretos, a súa estructura interna e o modelo de futuro que deseñan.
7. Coñecer as diferentes posibilidades que ofrece a ordenación e planificación territorial para a correción de problemas de diferente índole. A deontoloxía da práctica profesional
8. Manexar as técnicas de elaboración consensuada de documentos territoriais, os criterios internos de revisión do mesmos e os bases dunha elaboración participativa.
Contidos1. A investigación académica e aplicada en Xeografía. Cómo elaborar un esquema
2. As fontes para a realización de análises e diagnósticos territoriais: fontes bibliográficas, estatísticas, cartográficas e cualitativas
3. A importancia da cuantificación e análise cualitativa na planificación territorial e nas investigacións de xeografia
4. Como utilizar a cartografía nos documentos elaborasdos
5. O tamaño dos documentos: síntese fronte a versatilidade e dispersión interna de contidod
6. As diferencias entre a investifación de base e a aplicada
Bibliografía básica e complementaria-Cortizo Álvarez, T. (1998): Los gráficos en Geografía. Ed. Tria-Ka. Gijón.
-Fernández García, F. (2000): Introducción a la fotointerpretación. Ed. Ariel. Barcelona.
-Grene, R.P. y Pick, J.B. (2006): Exploring the Urban Community. A Gis Approach. Prentice Hall Pbs. New Jersey.
-Haggett, P. (1988): Geografía. Una síntesis moderna. Ed. Omega. Barcelona.
- Levy, J. y Lussault, ;. (Dir.) (2003): Dictionnaire de la Géographie et de l´Espace des societés. Ed. Belin. Paris.
-Merlin, P. y Choay, F. (1988): Dictionnaire de l´urbanisme et de l aménagement. Presses Universitaires de France. Paris.
-Raso, J.M.; Martín Vide, J y Clavero, P. (1987). Estadística básica para ciencias sociales. Ed. Ariel. Barcelona.
-Rodríguez González, R. (2004): Xeografía, entre cultura e profesión territorial. Ed. Ir Indo. Vigo.
-Rodríguez Gutiérrez, F. (Doord.) (1999): Manual de desarrollo local. Ed. Trea. Gijón.
- Zoido, F.; De la Veha, S.; Morales, G.; Mas, R. y Lois, R. (2000): Diccionario de Geografia urbana, urbanismo y ordenación del territorio. Ed. Ariel. Barcelona.
Competencias1. Utilizar os recursos técnicos necesarios para coñecer e analizar os documentos territoriais, a súa representación cartográfica e as bases dos mesmos.
2. Comprender os procesos de delimitacióin das unidades territoriais relevantes.
3. Adquirir habilidades para a procura, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas referidas ao territorio.
4. Aprender a utilizar a información relevante para a elaboración de análises, informes e programas de actuación. Habituarse a traballar de forma autónoma e con iniciativa.
5. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. Ser capaz de valorar de xeito analítico as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten máis adecuadas.
6. Ser capaz de empregar os recursos estatísticos, do planeamento e cartográficos que permitan analizar as estratexias territoriais.
7. Utilizar recursos eficaces para conseguir e interpretar documentación territorial.
8. Entender as escalas territoriais sobre as que definir propostas realizables de crecemento sustentable, inelixente e inclusivo.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos da materia serán expostos en clases teóricas, serán obxecto de prácticas na aula e de traballos que se realizarán contando cos recursos (bibliográficos e informáticos) da universidade. Algúns deles poderán conducir a unha exposición diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión, que permita un mellor entendimento de certos procesos complexos referidos á análise territorial.
Sistema de evaluaciónO rendemento académico será valorado a partir dun conxunto de prácticas de aula e un traballo final sobre algúns dos aspectos abordados durante o curso. Este traballo metodolóxico poderá ser exposto nunha sesión do máster ou presentarse simplemente por escrito.
Deberá manterse unha asistencia regular á asignatura ou xustificar debidamente as faltas.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), adicada fundamentalmente á análise e elaboración de prácticas.
Recomendacións para o estudo da materiaCon carácter xeral, recoméndase aos alumnos contemplar cada materia como aspecto particular dun problema global, neste caso aportar a perspectiva xeográfica á práctica territoriais. De feito, insistirase na interrelación entre consideracións técnicas, territoriais, sociais, económicas e de goberno das actuacións sobre o territorio, que os alumnos deberán interiorizar, para logo abordar un conxunto de práctucas que serán titorizadas.