Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

P3301203 - Desenvolvemento rexional, sistema de cidades e áreas metropolitanas (Módulo Específico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía, Xeografía, Xeografía
  • Áreas: Xeografía Física, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PRECEDO LEDO, ANDRES JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivo xeral.

    Esta materia introduce ó alumno nas políticas de desenvolvemento rexional dende unha perspectiva socieconómica e dende o punto de vista do sistemas de cidades, como elemento estruturante fundamental das políticas de ordenación do territorio, así como no estudo das novas formas de organización dos espazos urbanos, e dicir as áreas metropolitanas.

    E Obxectivos específicos.

    a) Aportar unha perspectiva da s cidades dende a súa inserción no territorio como un sistema funcional interrelacionado.
    b) Comprender o funcionamento interno dos procesos de cambio dos sistemas urbanos.
    c) Adquirir unha visión interactiva das relación existentes entre o desenvolvemento económico e a evolución dos sistemas de cidades.
    d) Coñecer as novas formas de aglomeración do crecemento urbano no sistema global.
    e) Manexar axeitadamente a nomenclatura dos sistemas metropolitanos.
    f) Coñecer as novas tendencias do desenvolvemento urbano nas áreas metropolitanas españolas e no sistema de cidades de Galicia.


    Contidos
    Contidos.

    1.-O análise interurbano: redes urbanas, sistemas de cidades e sistemas urbanos.
    2.-As forzas da concentración. Cidade compacta, cidade difusa e cidade dispersa.
    3.-A evolución dos modelos e teorías de desenvolvemento rexional e a transformación do sistema de cidades.
    4.-A análise funcional dos espazos rexionais e urbanos: os modelos de crecemento e difusión espacial.
    5.-Estrutura do sistema de cidades e o desenvolvemento rexional.O modelo policéntrico
    6.-As áreas metropolitanas: definición, estrutura urbana, constitución e gobernabilidade.
    7.-As rexións urbanas e metropolitanas. espazos funcionais de planificación territorial.
    8.-En un mundo de cidades: megacidades e megalópoles globais.
    9.-As novas dimensións dos sistemas metropolitanos: innovación, competitividade, creatividade.
    9.-O estudo das cidades españolas.



    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografia.

    Básica.


    Precedo Ledo,A (1996) Ciudad y Desarrollo Urbano. Ed. Síntesis.Madrid.
    Precedo,A y Miguez,A (2012).-El proceso de metropolización de de Galicia.De las áreas metropolitanas a las regiones urbanas.Univ. de Santiago.Santiago de Compostela.
    Precdo,A y Miguez,A.-(2012) las ciudades en la globalización. Ed. Síntesis.Madrid.

    Complementaria.

    Balchin,P e Bull.G.H.( 1987).-Regional and Urban Economics. A Harper and Row.Pub.London.
    Blanco,J( 2004) La emergencia de las nuevas ciudades de la era global. Ed.Tra.Oviedo.
    Ferrer, M.( 1992)- El sistema urbano. Ed. Síntesis. Madrid.
    Masahsa,F y Krugman,A (2000).Economía espacial.Las ciudades, las regiones y el comercio internacional. Ed-.Ariel. Barcelona.
    Miguez,A y Precedo,A (2010) De las áreas metropolitanas a las regiones urbanas.Modelos de gobernabilidad.
    Precedo Ledo, A (1988) La red urbana. Ed Síntesis.Madrid.
    Precedo Ledo,A(1992) La Localización industrial.Ed. Síntesis.Madrid.
    Precedo Ledo,A ( 2004) Nuevas realidades territoriales para el siglo XXI. Ed.Síntesis.Madrid.
    Precedo,A.(2003)-La ciudad en el territorio:nuevas redes, nuevas realidades. En “La ciudad, nuevos procesos, nuevas respuestas”.Ed.AGE.-Universidad de León.León.
    Precedo,Miguez y Orosa (2010).De la planificación estrtégica al marketing urbano:hacia la ciudad inmaterial.Rev Eure 36-108, pp 5-27.
    Precedo,Miguez y Orosa ( 2010),Las regiones urbanas:una estrategia territorial de competitividad.Actas CIOT.Pamplona 2010.
    Pumain,D et al.(1989).-Villes et autorregulation. Ed. Económica.Paris.
    Pumain,D ( 1982) La dynamique des villes. Ed. Económica.Paris.
    Vázquez Barquero,A (2008) Las nuevas fuerzas del desarrollo.Ed.Bosch.Madrid.



    Competencias
    Competencias.

    a) acadar unha visión integrada das forzas que regulan o crecemento das cidades, a transformación dos sistemas urbanos e os ciclos do desenvolvemento económico, con especial atención as fases de crise.
    b) Acadar un coñecemento rigoroso da nomenclatura científica relacionada co desenvolvemento urbano, o desenvolvemento económico e as formas de concentración do crecemento.
    c) Acadar unha perspectiva multidisciplinar dos compoñentes e as políticas relacionados cas áreas metropolitanas.
    d) Acadar un coñecemento actualizado das transformacións e as políticas desenvolvidas nas cidades metropolitanas en Europa, en España e en Galicia.



    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía seguida ten un carácter eminentemente práctico e aplicado. Tendo isto en conta, a ordenación dos contidos, a programación dos traballos prácticos e a sesións de titorías está pensada para que o alumno poda ir desenvolvendo dun xeito progresivo o seu proxecto final, sendo así que dito proxecto deberá constituír unha demostración práctica do grado de madurez acadado polo alumno no que atinxe ós contidos teóricos, ós obxectivos específicos e as competencias.
    Simultanearánse sesións teóricas, interactivas e prácticas, estando as primeiras preferentemente adicadas ó estudo de casos e as segundas ó desenvolvemento das competencias requeridas..

    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación do aprendizaxe.

    Cada un dos alumnos redactará un estudo dun área metropolitana no que aplicar os contidos dos temas de estudo e de debate.

    A avaliación do curso terá en conta as asistencia ós seminarios (40%),( deberá superar o 85%) , a participación nos debates (10%) e redactar e presentar o proxecto ( 30% y 20% respectivamente).

    Avalariase segundo os seguintes critérios:
    1.- Aportassem metodolóxica.
    2.- Interese e capacidade de síntese.
    3.-Calidade da presentación gráfica y cartográfica.
    4.-Consistência das técnicas e dos analises empíricos.
    5.-Viabilidade das propostas.
    6.- Capacidade expositiva.

    • Faise constar que estes criterios de avaliación son aplicables nas duas convocatórias previstas


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudo persoal.

    Horas de lectura a semana: tres.
    Tempo do proxecto: 20 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendación para o estudo da materia.

    Preparar ó principio do curso o seguinte:
    a) O plan de lecturas.
    b) O tema do proxecto.
    c) A metodoloxía.

    Con este fin dedicaranse as sesión iniciais a facer conxuntamente esta programación.