Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

P3301204 - Modelos de xestión para a cooperación e o Desenvolvemento (Módulo Específico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía, Xeografía, Xeografía
  • Áreas: Xeografía Física, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PAUL CARRIL, VALERIA.NON
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Achegarse a importancia da cooperación para o desenvolvemento na análise xeográfica

    2. Coñecer e distinguir os conceptos de cooperación e desenvolvemento. Os documentos clásicos sobre a cooperación.

    3. Dominar a cartografía xeral e temática referida incluida nos diferentes documentos de cooperación para o desenvolvemento e elaborados por distintas institucións

    4. Entender a importancia da cooperación na corrección dos desequilibrios económicos e demográficos, e na fixación dun modelo territorial de futuro.

    5. Comprender a tipoloxía de plans de cooperación parao desenvolvimento en distintos contextos

    6. Interpretar a estructura e cualidade dos documentos oficiais de coperación, a súa estructura interna e o modelo teritorial que propoñen

    7. Coñecer as diferentes posibilidades que ofrece a cooperación territorial para a correción dos principais problemas que afectan aos ámbitos local e rexional. O seu diferente grao de complexidade.

    8. Manexar as técnicas de elaboración consensuada dun documento de cooperación, os criterios de revisión do mesmo e os riterios de necesaria revisión participativa.

    Contidos
    1. A cooperación para o desenvolvimento: unha definición

    2. As estratexias de cooperación pública e privada: a AECID, a UE e as ONGs

    3. Os ámbitos da cooperación internacional: América Latina, África e o Sur de Asia

    4. A aportación da Xeografía e o Ordenamento Territorial na cooperación para o desenvolvimento

    5. A transferencia cooperativa de programas: mestrados, SIG, formación de actores locais

    6. Ordenamento territorial e urbanismo en cooperación para o desenvolvemento

    7. O sentido do desenvolvemento rural en África, América Latina e distintas áreas de Asia e o Pacífico
    Bibliografía básica e complementaria
    -Burnell, P. y Randall, V. (Ed.) (2009): Politics in the developomg world. Oxford University Press. Oxford.

    -Marengo, M. (Ed.) (2006): La dimensione locale, esperienze (multidisciplinari) di ricerca e questione metodologiche. Aracne Ed. Roma.

    -Márquez Domínguez, J. (Dir.) (1998): La Apuesta por el Desarrollo Local. Caja Rural de Huelva. Huelva.

    -Márquez Fernández, D.; Navarro, Luna, J. y García Gómez, A. (1999): Territorio y cooperación. Universidad de Sevilla. Sevilla.

    -Martínez Puche, A.; Pérez i Pérez, D. y Sancho Carbonell, I. (2000): Herramientas para el desarrollo local. Universidad de Alicante. Alicante.

    -Miossec, A.; Arnould, P. y Veyret, Y. (2004). Ver ue Géographie du développement durable. Histoires & Géographies. Paris.

    -Rodríguez González, R.; Dos Santos Caldas, A. y Mascarenhas Bisneto, J. (1999): Desarrollo local y regional en Iberoamérica. Ed. Universidade de Santiagode Compostela. Santiago de Compostela.

    -Rodríguez Gutiérrez, F. (1999): Manual de Desarrollo Local. Ed. Trea. Gijón.


    Competencias
    1. Utilizar os recursos técnicos necesarios para coñecer os documentos de cooperación teritorial, a súa representación cartográfica e os seus fundamentos teóricos.

    2. Comprender os procesos de formación das unidades territoriais relevantes para a cooperación.

    3. Adquirir habilidades para a procura, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas referidas aos territorios e agrupamentos administrativos da cooperación para o desenvolvimento.

    4. Aprender a utilizar a información relevante para a elaboración de análises, informes e programas de actuación. Habituarse a traballar de forma autónoma e con iniciativa.

    5. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. Ser capaz de valorar de xeito analítico as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten máis adecuadas.

    6. Ser capaz de empregar os recursos estatísticos, do planeamento e cartográficos que permitan analizar as estratexias de cooperación para o desenvolvemento local.

    7. Utilizar recursos eficaces para conseguir e interpretar documentación referda á cooperación, tanto da AECID como da UE.

    8. Entender as escalas local e rexiomal como ámbitos espaciais e territoriais pertinentes para definir estratexias de crecemento sustentable, inelixente e inclusivo en contextos de subdesenvolvimento.



    Metodoloxía da ensinanza
    Os contidos da materia serán expostos en clases teóricas, e obxecto de prácticas na aula e de traballos que se realizarán contando cos recursos (bibliográficos e informáticos) da universidade. Algúns deles serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión, que permita un mellor entendimento de certos procesos complexos referidos ao desenvolvemento local e rural.
    Contemplarase a posibilidade de realizar prácticas de campo.

    Sistema de evaluación
    O rendemento académico será valorado de dúas formas complementarias, cun peso similar na cualificación final. Por unha banda, os contidos teóricos da materia serán obxecto dunha proba, un exame convencional para que os alumnos poñan de manifesto o seu nivel de coñecemento de todo o explicado. Por outra, realizaranse un conxunto de prácticas de aula e un traballo final sobre algúns dos aspectos (físicos, humanos, de xestión territorial ou ambiental) abordados durante o curso. Este traballo poderá ser exposto nunha sesión do máster ou presentarse simplemente por escrito. Co desenvolvemento da materia, poderase adaptar este modelo de docencia teórica e práctica, que en todo caso terán un valor aproximado do 50% na nota final.
    Deberá manterse unha asistencia regular á asignatura ou xustificar debidamente as faltas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Con carácter xeral, recoméndase aos alumnos contemplar cada materia como aspecto particular dun problema global, neste caso aportar a perspectiva xeográfica á comprensión dos problemas de cooperación para o desenvolvimento, dos seus documenos de xestión. De feito, insistirase na interrelación entre consideracións técnicas, territoriais, sociais, económicas e de goberno, que os alumnos deberán interiorizar, para de xeito continuo procurar o apoio académico de profesores e titores.