Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

P3301206 - Mobilidade e transporte sustentable (Módulo Específico) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía, Xeografía, Xeografía
  • Áreas: Xeografía Física, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PAZOS OTON, MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Comprender a tripla dimensión do transporte e a mobilidade (económica, social, ambiental)

    - Adquirir unha perspectiva evolutiva da importancia do transporte no desenvolvemento sustentábel

    - Comprender a importancia da planificación na consecución dun sistema de transportes sustentábel

    - Comprender as relacións e implicacións entre o transporte e a mobilidade co medio ambiente, o turismo e as novas tecnoloxías da información

    Contidos
    1. Na procura da sustentabilidade do transporte e a mobilidade
    1.1. Conceptos de transporte e mobilidade
    1.2. Significado da mobilidade e o transporte sustentábeis
    1.3. Institucións, organismos, iniciativas e plataformas en apoio do transporte e a mobilidade sustentábeis

    2. Transporte e desenvolvemento económico sustentábel
    2.1. Perspectiva histórica
    2.2. Nodos, redes e sistemas
    2.3. Modos, elección modal, intermodalidade e flexibilidade
    2.4. Transporte e desenvolvemento sustentábel nos países desenvolvidos
    2.5. Transporte e desenvolvemento sustentábel nos países en vías de desenvolvemento

    3. A dimensión social do transporte e a mobilidade e a súa sustentabilidade
    3.1. A dimensión social do transporte e a mobilidade
    3.2. Desigualdades na mobilidade e diferencial de oportunidades
    3.3. Transporte, mobilidade e exclusión social

    4. Transporte e medio ambiente: o desafío da sustentabilidade
    4.1. Contexto histórico
    4.2. Modos de transporte e impacto ambiental
    4.3. Os grandes impactos das grandes infraestructuras de transporte
    4.4. As políticas de reducción de impactos ambientais no transporte. Alternativas á oferta modal actual

    5. Transporte e usos do solo
    5.1. A estreita relación entre transporte e usos do solo
    5.2. Zonificación frente a mestura de usos
    5.3. A cidade densa frente á cidade difusa

    6. Planificando o transporte e a mobilidade sustentábeis: do global ao local
    6.1. Planificación do transporte e a mobilidade sustentábeis na Unión Europea
    6.2. Planificación do transporte e a mobilidade sustentábeis en España
    6.3. Planificación do transporte e a mobilidade sustentábeis en Galicia
    6.4. Planificación do transporte e a mobilidade sustentábeis a escala local

    7. Turismo sustentábel e transporte
    7.1. As relacións entre turismo e transporte. Transporte para o turismo e Transporte como turismo
    7.2. O coche e a viaxe turística
    7.3. A bicicleta como transporte turístico
    7.4. Casos de productos turísticos baseados no transporte sustentábel

    8. Mobilidade sustentable e novas tecnoloxías da información
    8.1. Novas tecnoloxías da información e reducción da demanda de mobilidade. O teletraballo. As reunións virtuais. Telecomunicacións e transporte
    8.2. As novas tecnoloxías e o fomento do transporte público

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    BLACK, W. (2010): Sustainable Transportation: Problems and Solutions. The Guilford Press

    COMISIÓN EUROPEA (2011): Libro Blanco. Hoja de ruta hacia un espacio único europeo de transporte: por una política de transportes competitiva y sostenible. Disponible en: http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=COM:2011:0144:FIN:ES:PDF

    HOYLE, B. e KNOWLES, R. (1999): Modern Transport Geography. Wiley. Chichester, UK.

    RODRIGUE, J.P.; COMTOIS, C. E SLACK, B. (2006): The Geography of Transport Systems. Routledge. New York.

    URRY, J. (2007): Mobilities. Polity. Cambridge.

    URRY (2012): Social networks, mobile lives and social inequalities. Journal of Transport Geography, vol. 21, pp. 24-30



    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    HALL, D.R. (1999): “Conceptualising tourism transport: inequality and externality issues”, Journal of Transport Geography, núm. 7, pp. 181-188.

    MOKHTARIAN, P.L. (1990) A typology of relationships between telecommunications and transportation. Transportation Research 24A (3), 231– 242. Hensher, D.A., Button, K.J. (Eds.), 2003. Handbook of Transport and the Environment. Elsevier, Oxford.

    MOKHTARIAN, P. (2010): “Do Transportation and Communications Tend to be Substitutes, Complements, or Neither? The U.S. Consumer Expenditures Perspective, 1984-2002”, by Sangho Choo, Taihyeong Lee, and Pat¬ri¬cia L. Mokhtarian. Transpor¬ta-tion Research Record 2010, 2007, 121-132. doi 10.3141/2010-14. UCD-ITS-RP-08-04.pdf, available at http://pubs.its.ucdavis.edu/publication_detail.php?id=1134.

    MOKHTARIAN, P. (2007): “Telecommunications and Travel Demand and Supply: Aggregate Structural Equation Models for the U.S.”, by Sangho Choo and Patricia L. Mokhtarian. Transportation Research A 41(1), 4-18, 2007. Authors’ postprint available athttp://repositories.cdlib.org/postprints/2110/.
    PALHARES, G.L. (2002): Transportes Turísticos. São Paulo: Aleph.

    PAGE, S.J. (1994): Transport for Tourism. London/New York: Routledge.

    POZUETA ECHÁVARRI, J. y FARIÑA TOJO, J. (1995): Tejidos residenciales y formas de movilidad. Cuadernos de Investigación Urbanística, nº 12. Universidad Politécnica de Madrid. http://www.aq.upm.es/Departamentos/Urbanismo/publicaciones/ciur12.html

    POZUETA ECHÁVARRI, J. (2000): Movilidad y planeamiento sostenible: hacia una consideración inteligente del transporte y la movilidad en el planeamiento y en el diseño urbano. Cuadernos de Investigación Urbanística, nº 30. Universidad Politécnica de Madrid.http://www.aq.upm.es/Departamentos/Urbanismo/publicaciones/ciur30.html

    ROMEIN, A., TRIP, J.J. E DE VRIES: J. (2003) : The multi-scalar complexity of infrastructure planning : evidence from the Dutch-Flemish megacorridor. Journal of Transport Geography, vol. 11 nº 3, pp. 205-213.

    SCHIEFELBUSCH, M. et al. (2007): “Transport and tourism: roadmap to integrated planning developing and assessing integrated travel chains”, Journal of Transport Geography, núm. 15, pp. 94-103.

    Competencias
    Adquirir a conciencia da importancia dun cambio no transporte e a mobilidade a favor de políticas máis sustentábeis

    Comprender a importancia do planeamento urbanístico en relación coa mobilidade sustentábel, así como o planeamento do transporte e a mobilidade

    Comprender que o transporte e a mobilidade son campos de estudo de claro carácter interdisciplinar, especialmente no que se refire á súa sustentabilidade

    Asimilar a necesidade de achegarse ao estudo do transporte e a mobilidade sustentábeis dende unha perspectiva global, abranguendo as dimensións económica, social e ambiental

    Estudar as implicacións mutuas entre transporte e mobilidade e outros campos de actualidade (turismo, novas tecnoloxías, etc)


    Metodoloxía da ensinanza
    Desenvolveranse clases expositivas (explicación dos conceptos teóricos polo profesor) e clases interactivas.

    As segundas constarán de análises de textos, debates a partir de temas propostos polo profesor e visualización e comentario de materiais audiovisuais.

    De cada clase interactiva, os alunos deberán entregar ao profesor un pequeno informe.

    Cada alumno deberá entregar ao profesor (como moi tarde o día do exame oficial) un traballo sobre un tema concreto que elixirá coa supervisión do profesor nas tres primeiras semanas de clase, a partir dunha listaxe que o docente facilitará o primeiro día de clase.

    Haberá unha saída de campo, que se desenvolverá no casco urbano de Santiago de Compostela, da que os alumnos deberán realizar un informe, que deberán entregar ao profesor.
    Sistema de evaluación
    A cualificación final virá dada por un exame, que suporá o 50 % da mesma. O restante 50 % da cualificación virá dado polo aproveitamento das clases interactivas, así como os informes das mesmas e o traballo da asignatura.

    Estes criterios serán os mesmos na primeira edición da convocatoria que na segunda.

    A cualificación da parte interactiva da primeira edición da convocatoria (se o alumno non a supera a materia nela) pode gardarse para a segunda en caso de que o alumno o solicite ao profesor.

    O alumnado que falte a algunha clase interactiva poderá compensar a súa ausencia coa realización dun traballo que lle sexa encomendado polo profesor.

    Estes criterios serán os mesmos na primeira edición da convocatoria que na segunda.

    A cualificación da parte interactiva da primeira edición da convocatoria (se o alumno non a supera a materia nela) pode gardarse para a segunda en caso de que o alumno o solicite ao profesor.

    O alumnado que falte a algunha clase interactiva poderá compensar a súa ausencia coa realización dun traballo que lle sexa encomendado polo profesor.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É recomendable facer un seguimento da actualidade, a través da prensa diaria ou outras fontes, no que atañe ás noticias relacionadas coa materia