G5011448 - Mercado da Arte e Xestión de Coleccións (Coñecementos Sistemáticos e Integrados do Patrimonio Histórico Artístico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Comprender e analizar as dinámicas que veñen afectando desde finais do século XIX ao mercado da arte e o coleccionismo internacional.
- Ser conscientes das oscilacións no gusto e a súa influencia no mercado.
- Apreciar as nocións ou ideas que poden servir para artellar unha colección de arte.
- Coñecer os pasos principais na xestión profesionalizada dunha colección (desde a adquisición dunha obra ata a xestión do seu traslado para unha exposición).
Contidos1. Introducción: a arte, o valor, o mercado.
2. As galerías: o seu papel na evolución da historia da arte contemporánea.
3. Xestión das galerías de arte.
4. ARCO e o mercado da arte en España (caso de estudio).
5. Coleccionismo de arte: historia e novos modelos
6. Xestión de coleccións institucionais (adquisición, rexistro, intercambio).
Bibliografía básica e complementariaCARRILLO, J., Desacuerdos 1 : sobre arte, políticas y esfera pública en el Estado español, Arteleku / MACBA, Barcelona, 2004.
COHEN-SOLAL, A., El galerista Leo Castelli y su círculo, Turner, Madrid, 2011.
FREY, B.; POMMEREHNE, W., Musas e mercados: exploracións na economía da arte, Laiovento, Santiago, 1996.
JIMÉNEZ BLANCO, Blanco; Cindy MACK, C., Buscadores de belleza: historias de los grandes coleccionistas de arte, Barcelona, Arial, 2007.
LINDEMANN, A., Coleccionar arte contemporáneo, Taschen, 2010.
NORTH, M., Art and Commerce in the Dutch The Golden Age, Yale University Press, New Haven, 1997.
THORNTON, S., Siete días en el mundo del arte, Edhasa, Barcelona, 2010.
VETTESE, A., Invertir en arte: producción, promoción, y mercado del arte contemporáneo, Madrid, Pirámide, 2002.
VV.AA., Mercado de arte y coleccionismo en España (1908-1995), ICO, 1995.
CompetenciasO alumno/a será capaz de:
- Analizar e sintetizar os coñecementos adquiridos.
- Manexar as ferramentas habituais na xestión de coleccións.
- Desenvolver unha análise crítica da elaboración de coleccións por parte de institucións.
- Implicarse na defensa e conservación do patrimonio cultural.
Metodoloxía da ensinanza O desenvolvemento da materia vaise efectuar dacordo sempre cos contidos do programa, e constará dos seguintes elementos:
- Clases expositivas, nas que a través das explicacións do profesor e da análise de textos, os alumnos poderán adquirir os coñecementos teóricos e debatir nas clases.
- Clases interactivas, nas que os alumnos realizarán, divididos en grupos, traballos sobre coleccionismo ou sobre dinámicas no mercado da arte.
- Visitas a coleccións e charlas de profesionais, coas que os alumnos tomarán contacto directo con especialistas neste ámbito. Dentro destas últimas, prevése (sempre e cando haxa financiamento para elo) a realización de prácticas de campo, que serán obrigatorias e avaliables.
TIPO DOCENCIA TOTAIS HORAS/MATERIA
Doc. Expositiva........................... 32
Doc. Interactiva.......................... 16
Titorización personalizada.............. 3
Sistema de evaluaciónA materia levarase a cabo a partir da suma dos seguintes valores:
- Exame: conta un 40% sobre a nota final.
- Asistencia e participación nas interactivas, prácticas de campo e seminarios: 30%.
- Traballo final de prácticas: conta un 30%.
É imprescindible para aprobar a materia ter realizado o traballo final. Xa que a evaluación é continua, a asistencia ás clases é obligatoria, polo que unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o/a alumno/a poda ser evaluado/a na primeira oportunidade.
Oportunidade de xullo:
Aqueles alumnos que non realicen as actividades correspondentes á docencia interactiva ou non as aproben, terán que respostar no exame de xullo unha pregunta a maiores, relativa aos contidos vistos nas Interactivas. Estes contidos estarán dispoñibles previamente na Aula Virtual da materia. En caso de non teren presentado o traballo final na data prevista, terán unha segunda oportunidade en xullo, cun traballo que determinará o profesor. As porcentaxes para a avaliación de xullo serán exame 70% e parte práctica 30%.
Tempo de estudo e traballo persoalTEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 HORAS
Doc. Expositiva........................... 32
Doc. Interactiva.......................... 16
Titorización personalizada.............. 3
TEMPO DE ESTUDIO E ACTIVIDADE PERSOAL: 99 HORAS
Estudio da materia impartida nas clases expositivas:......... 58 h
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, etc: ..... 32 h.
Preparacion de presentacións, debates, etc ..................... 9 h.
Recomendacións para o estudo da materia- Consulta da bibliografía recomendada.
- Asistencia ás sesións interactivas, imprescindible para a superación da materia.
- Consultas co profesor nas horas de titoría.