Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021453 - Prácticas Externas (Traballo Fin de Grao e Prácticas Externas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 13.20
  • Horas de Titorías: 44.00
  • Total: 57.2

Outros Datos

  • Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte, Historia I, Historia I, Historia I, Historia I, Historia Medieval e Moderna, Historia Medieval e Moderna, Xeografía, Xeografía, Historia Contemporánea e de América , Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia da Arte, Prehistoria, Historia Antiga, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Arqueoloxía, Historia Medieval, Historia Moderna, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional, Historia de América, Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1.- Contribuír á formación integral do alumnado, complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
    2.- Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que o alumnado terá que operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
    3.- Favorecer o desenvolvemento das competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
    4.- Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
    5.- Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento

    Contidos
    O carácter formativo das PAE xira en torno a dous eixes:
    1.- Articular teoría e práctica a través da aproximación global aos problemas e situacións, poñendo en xogo os coñecementos acadados a través das distintas materias do plan de estudos.
    2.- Reflexionar sobre a acción permitindo unha aprendizaxe reflexiva, máis alá da mera acción.

    Competencias
    1.- Ás competencias xenéricas, e as específicas, previstas no correspondente proxecto formativo son:
    a.- Capacidade técnica.
    b.- Capacidade de aprendizaxe.
    c.- Administración de traballos.
    d.- Habilidades de comunicación oral e escrita.
    e.- Sentido da responsabilidade.
    f.- Facilidade de adaptación.
    g.- Creatividade e iniciativa.
    h.- Implicación persoal.
    i.- Motivación.
    k.- Puntualidade.
    l.- Relacións co seu contorno laboral.
    m. Capacidade de traballo en equipo.
    n.- Outros aspectos que se consideren oportunos.

    Sistema de evaluación
    1.- O/a titor/a da entidade colaboradora realizará e remitirá ao/a titor/a académico da Universidade un informe final, ao remate das prácticas, que recollerá o número de horas realizadas polo alumnado e no que poderán valorar os seguintes aspectos referidos, no seu caso, tanto ás competencias xenéricas como ás específicas,
    Informe de seguimento intermedio e memoria final das prácticas do alumnado.
    O/A estudante elaborará e fará entrega ao/a titor/a académico da universidade unha memoria final, ao remate das prácticas, na que deberán figurar, polo menos, os seguintes aspectos:
    a.- Datos persoais do alumno/a.
    b.- Entidade colaboradora na que se realizaron as prácticas.
    c.- Descrición concreta e detallada de tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da entidade á que foi asignado.
    d.- Valoración das tarefas realizadas.
    e.- Relación dos problemas presentados e procedemento seguido para a súa resolución.
    f.- Identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas.
    g. -Avaliación das prácticas e suxestións de mellora.
    2.- Unha vez transcorrida a metade do período de duración das prácticas, poderá elaborarse un informe intermedio de seguimento.
    O alumnado que non participe nalgunha das sesións das PAE ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Nos plans de estudos actuais dos graos de Historia, Xeografía e Ordenación do Territorio e Historia da Arte, as PAE desenvólvense no segundo cuadrimestre do último curso, cun total de créditos optativos ECTS de:
    Historia: 6 créditos ECTS.
    Xeografía e Ordenación do Territorio: 6 créditos ECTS.
    Historia da Arte: 12 créditos ECTS.
    En cada un dos períodos os créditos distribúense en tres fases do seguinte xeito:
    Fase de preparación. O sentido curricular é acadar que o/a estudante sexa consciente de habilidades, estratexias, ferramentas proporcionadas no proceso global de formación nas diversas materias e reflexione sobre o seu emprego. Para iso asígnanse as seguintes horas:
    Historia: 0’5 créditos ECTS.
    Xeografía e Ordenación do Territorio: 1 créditos ECTS.
    Historia da Arte: 1 créditos ECTS.
    O alumnado que non participe nas sesións de preparación ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
    Fase de estancia. O seu sentido curricular é o de entrar en contacto directo coa institución para desenvolver as actividades que se establezan. Para iso asígnanse as seguintes horas:
    Historia: 5 créditos ECTS.
    Xeografía e Ordenación do Territorio: 5 créditos ECTS.
    Historia da Arte: 10 créditos ECTS.
    O alumnado que non participe nas prácticas ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
    Fase de reflexión. O sentido curricular é o de axudar o alumnado a reflexionar sobre as situacións observadas nos centros, así como a súa propia actuación nas intervencións que realiza, facilitando instrumentos para a análise e a reflexión. Para iso asígnanse as seguintes horas:
    Historia: 0’5 créditos ECTS.
    Xeografía e Ordenación do Territorio: 0,5 créditos ECTS.
    Historia da Arte: 1 créditos ECTS.
    O alumnado que non participe nesta fase ou que falte ao 20% da mesma non poderá ser valorado positivamente nas PAE.

    Observacións
    Véxase o Regulamento da PAE, en:
    http://www.usc.es/export/sites/default/en/centros/xeohistoria/descargas/1._Regulamento_de_prxcticas_externas..pdf