P5102102 - Excavación arqueolóxica (Módulo Xeral) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I, Historia I
- Áreas: Prehistoria, Arqueoloxía
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA escavación arqueolóxica ha de ser entendida desde a perspectiva teórica, metodolóxica e práctica. É un obxectivo importante que o estudante recoñeza a transcendencia de todas as novidades teóricas que a escavación arqueolóxica foi incorporando e que ademais comprenda as consecuencias metodolóxicas e o potencial interpretativo que cada unha delas ten.
Mediante un sistema combinado de clases teóricas, prácticas e seminarios, establécense canles para abordar unha escavación arqueolóxica, tanto nos problemas xerais como nos específicos dunha época en concreto ou dun espazo cultural.
Para o desenvolvimento profesional do alumno é necesario dotalo das ferramentas e nocións necesarias para que poida asumir o traballo arqueolóxico de excavación, desde o momento de elaboración do proxecto ata a memoria final.
Contidos• Proxecto de excavación.
• Teoria estratigráfica.
• Tipos de intervención.
• Rexistro e documentación de datos.
• Cronoloxías de campo.
• Informe de resultados.
• A entrega de materiais
Bibliografía básica e complementariaBUTZER, K.W 1989 Arqueología. Una ecologia del hombre. Bellaterra, Barcelona.
CARANDINI, A. 1984 Arqueología y cultura material. Ed. Mitre, Barcelona.
CARANDINI, A. 1997 Historias en la Tierra, Ed. Crítica, Barcelona.
FRANCOVICH, R.; MANACORDA, D., (Eds.) 1990. Lo scavo archeologico: dalla diagnose all’edizione, Florence.
HARRIS, E. 1991 Los principios de la estratigrafía arqueológica Editorial Crítica, Barcelona.
MANACORDA, D.; ZANINI, E. 1985 Lo scavo archeologico dalle origini a oggi, Archeo dossier Istituto Geografico de Agostini. Italia.
NEUSTUPN’Y E. 1993 Archaeological Method. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
RENFREW, C.; BAHN, P. 1993 Arqueología. Teorías, métodos y práctica. Akal Editor. Madrid.
ROSKAMS, S. 2002 Teoría y práctica de la excavación. Arqueología (Crítica) Barcelona.
RUIZ ZAPATERO, G. 1994 Juntos pero no revueltos; de la estratigrafla a la Harris Matrix, Arqritica 7, Madrid.
SHANKS, M., TILLEY, CH. 1987. Re-Constructing Archaeology. Cambridge University Press.
SNODGRASS, A. M. 1991 Introducció al sistema de registre d'excavacions del Departament d'Arqueologia urbana del Museu de Londres, Harris Matrix. Sistemes de registre en Arqueologia Recording Systems in Archaeology, I vol., 109 y ss. Universitat de Lleida, Lleida.
TROCOLI, I.; SOSPEDRA, R. (Eds.) 1992 Harris Matrix. Sistemes de registre en arqueología /Recording Systems in Archaeology, Col. El Fil d’Ariadna. Historia 9. Publicacions de l’Estudi General de Lleida, Lléida
V.V. A. A. 1982 Teoría, métodos y técnicas en Arqueología. Instituto Panamericano de Geografía e Historia, México.
V.V. A. A. 1992 Ciencia, metodología y técnicas aplicadas a la arqueología, Ciencia Oberta, 7. La Caixa, Barcelona.
CompetenciasObter capacitación teórica, técnica e interpretativa para:
• Planificar unha escavación arqueolóxica, desde os requisitos preliminares (conveniencia e/ou necesidade, trámites administrativos, financiamento, elaboración do proxecto).
• Empregar, en cada caso, o método máis acaído para os interrogantes e obxectivos suscitados.
• Xestionar convenientemente os datos obtidos, derivados de mostraxes e da recuperación de achados, xa sexan estruturas ou todo tipo de obxectos.
Metodoloxía da ensinanza As clases teóricas son a vía máis adecuada para introducir ao alumno nos contidos de carácter xeral que afectan á escavación arqueolóxica.
A través da exposición de temas e dos seminarios, o alumno incorpora e á vez contrasta, mediante a discusión en grupo, os coñecementos adquiridos mediante as súas propias lecturas. Este recurso didáctico é tamén unha vía interesante para tratar problemáticas dunha escavación en concreto.
O Espazo Arqueolóxico experimental, o Laboratorio de materiais, e a Aula de informática son os lugares principais para a realización de prácticas. O seu emprazamento dentro do espazo universitario facilita que cada apartado teórico se simultanee cunha actividade práctica dentro do horario académico. Neles caben as prácticas dunha excavación simulada, os procedementos de rexistro en campo, a observación e análise de materiais, e o seu tratamento dixital.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua mediante:
• Seguimiento do traballo do alumno na aula, no traballo de campo e de laboratorio, os seminarios e as titorías: 40% da nota.
• Entrega e/ou exposición de traballos, resultados, informes, etc.: 60% da nota
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais do alumno:
• Actividades docentes de carácter expositivo: 18 horas.
• Actividades de docencia interactiva de laboratorio: 12 horas.
• Actividades de docencia interactiva de seminario: 12 horas.
• Titorías : 6 horas.
Subtotal: 48 horas.
Traballo persoal
• Estudo autónomo: 25
• Lecturas recomendadas: 25
• Preparación de presentacións, debates, etc: 25
• Outras tarefas asignadas polo profesor: 25
Total: 100
Recomendacións para o estudo da materiaCombinar a asistencia e participación nas aulas teóricas e prácticas co estudo persoal, procurando levar a materia ao día.
É recomendable o manexo funcional dalgunha das principais linguas estranxeiras.
Contar coa experiencia previa ou planificar a asistencia nun futuro inmediato a escavacións arqueolóxicas.