P5102206 - Tecnoloxías xeoespaciais en arqueoloxía (Módulo Arqueoloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoAlemánObxectivos da materiaA materia aportará un panorama xeral das posibilidades que as tecnoloxías xeoespaciais ofrecen para a captura, manexo e análise da información arqueolóxica. Dada la amplitude e complexidade técnica da materia, a materia se formula achegar aos estudantes a cáles son os campos de aplicabilidade destas tecnoloxías (para qué poden servir, cando son unha opción) e ás condicións xerais que implica o seu uso (qué nocións básicas hai que coñecer para entender o que achegan).
A materia ofrecerá unha aproximación xenérica ás tecnoloxías máis custosas ou excepcionais (teledetección, Lidar) e unha aproximación máis detallada e práctica a outras de uso máis común e accesible (SIX). Outras, coma o GPS, se tratarán de xeito máis superficial (esencialmente, integración cos SIX), xa que son ámbito propio de outra materia (Prospección Arqueolóxica).
ContidosTEMA 1. Fundamentos das tecnoloxías xeoespaciais. Conceptos básicos. Ferramentas e equipos
TEMA 2. Conceptos e manexo básico de ferramentas SIX
2.1 Procedementos elementais de descarga, manipulación e representación de dados en entorno SIX
2.2 Creación e captura de información. Dixitalización. Xeorreferenciación
2.3 Procesado de dados de campo (GPS, estación total). Edición de dados vectoriais. Edición de atributos
TEMA 3. Fundamentos e aplicabilidade da teledetección espacial en arqueoloxía
TEMA 4. Fundamentos e aplicabilidade da tecnoloxía Lidar en arqueoloxía
Bibliografía básica e complementariaAldenderfer, M. y Maschner, H. D.G. (eds). 1996. Anthropology, Space, and Geographic Information Systems. Oxford: Oxford University Press.
Conolly, J. y Lake, M. 2006. Geographical Information Systems in Archaeology. Cambridge: Cambridge University Press.
Daly, Patrick, and Thoms L. Evans (eds). 2005. Digital Archaeology. Bridging Method and Theory: Routledge.
English Heritage 2003. Where on earth are we? The Global Positioning System (GPS) in archaeological field survey.
(/www.english-heritage.org.uk/publications/gps-in-archaeological-field-survey/whereoneartharewe.pdf/ )
Fernández Cacho, S. 2006. Patrimonio arqueológico y políticas territoriales en Andalucía. Tesis doctoral, inédita. Sevilla: Universidad de Sevilla.
García Sanjuán, L. 2005. Introducción al Reconocimiento y Análisis Arqueológico del Territorio. Ariel.
González Pérez, C. 2000. Sistemas de Información para Arqueología. Teoría, metodología y técnologías. BAR, International Series 1015. Oxford: Archaeopress.
Grau Mira, I. (ed.). 2006. La aplicación de los SIG en la Arqueología del Paisaje, Alicante: Universidad de Alicante.
Lock, G. (ed.). 2000. Beyond the map: archaeology and spatial technologies. IOS Press.
Mayoral Herrera, V. and Celestino Pérez, S. (eds.). 2011. Tecnologías de Información Geográfica y Análisis Arqueológico del Territorio. Col. Anejos de Archivo Español de Arqueología, LIX. Madrid: CSIC.
McCoy, Mark D., and Thegn N. Ladefoged. 2009. New Developments in the Use of Spatial Technology in Archaeology. Journal of Archaeological Research 17: 263-95.
van Leusen, M. 2002. Methodological Investigations into the Formation and Interpretation of Spatial Patterns in Archaeological Landscapes. Amsterdam, Rijksuniversiteit Netherlands. (www.ub.rug.nl/eldoc/dis/arts/p.m.van.leusen/ch6.pdf).
Wheatley, D. y Gillings, M. 2002. Spatial technology and archaeology. London and New York: Taylor and Francis.
Wiseman, James, and Farouk El-Baz. 2007. Remote Sensing in Archaeology: Interdisciplinary Contributions to Archaeology.
CompetenciasCompetencias básicas:
- (CB-1) Que os estudantes demostren unha comprensión sistemática dun campo de estudo e o dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con devandito campo;
- (CB-2) Que os estudantes demostren a capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica;
- (CB-3) Que os estudantes realicen unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación avaliada a nivel nacional ou internacional;
- (CB-4) Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas;
- (CB-5) Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral achega das súas áreas de coñecemento;
Competencias específicas:
- (CE-1) Elaboración da Tese de doutoramento. Isto implica o coñecemento e uso, por parte do alumno, das regras que rexen a elaboración de tese de doutoramento, no ámbito de humanidades, isto é, unha expresión correcta na linguaxe elixida, a adecuada exposición e ordenación dos argumentos, o uso correcto das notas como instrumento para, entre outras cousas, recoñecer as débedas científicas contraídas, evitándose así cometer plaxio
- (CE-6) Dirección de actividades de prospección e de escavación arqueolóxica.
Competencias transversais:
_ (CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
_ (CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros en tómaa de decisións.
_ (CT-3) Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en contornas cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
Metodoloxía da ensinanza A materia combinará dúas formas esenciais de docencia, e unha substancial parte práctica desenvolvida polos propios estudantes.
Os contidos máis conceptuais (Tema 1) e aqueles presentados de xeito máis aproximativo e ilustrativo (Temas 3 e 4) se desenvolverán en forma de sendas clases teóricas de entre 1 e 2 horas cada unha.
Os contidos máis detallados (Tema 2) se realizarán a partir de 3 xornadas prácticas de 5 horas de duración cada unha (unha mañá), onde os estudantes irán realizando en ordenadores á súa disposición diferentes tarefas de manexo básico de SIX con información arqueolóxica, previamente presentadas e comentadas polo profesor.
Finalmente, se formulará aos alumnos un suposto práctico que haberán de realizar pola súa conta, poñendo en xogo os coñecementos adquiridos nas clases e os que se derivan das lecturas que se lles recomendarán. Os resultados destes supostos serán presentados nunha última sesión de clase.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua mediante:
• seguimento do traballo do/a alumno/a na aula, nos seminarios e nas titorías.
Avaliación do proceso de aprendizaxe mediante:
• exercicio final en forma de caso práctico.
Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro; BOE 18 de setembro).
Tempo de estudo e traballo persoalClase maxistral: 6
Clase práctica: 15
Lecturas recomendadas: 25
Preparación do traballo: 25
Titorías: 2
Traballo en grupo: 2
ObservaciónsEsta materia require dispoñer dun aula equipada con ordenadores e con determinado software. En caso de que a USC non poida facilitar algunha destas cousas, o Incipit podería xestionar tanto o acceso ao aula de formación do CESGA (centro mixto do CSIC) como a dispoñibilidade de licencias temporais do software baixo licenza que se requira. Únicamente é necesario coñecer as datas de realización cunha antelación de ao menos 3 meses.