P5102210 - A romanización en occidente (Módulo Historia do Mundo Clásico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I
- Áreas: Historia Antiga
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo da materia é que o alumno coñeza as principais transformacións (territoriais, xurídicas, culturais, etc) que os pobos indíxenas sofren tras a súa inclusión no Imperio romano. Para iso será imprescindible un axeitado manexo das fontes de diversa natureza das que dispoñemos (literarias, epigráficas, arqueolóxicas, numismáticas). Igualmente preténdese expoñer os principais debates historiográficos sobre os aspectos fundamentais do programa.
Contidos1.O concepto de romanización.
2. Os cambios xurídicos: As transformacións administrativas do territorio. A perda da soberanía e da capacidade normativa. O novo réxime xurídico da terra: cambios na propiedade e na fiscalidade.
3. A creación de novas identidades colectivas e elementos de cohesión social.
4. Os axentes da romanización. A asimilación das elites e as súas novas funcións.
5. Os cambios na agricultura: A influencia da literatura agronómica e a expansión dos modelos de explotación agraria italianos nas provincias.
6. As correntes de intercambio e o papel do Estado na economía: A annona e a expansión de cultivos como a viña e a Oliveira.
7. A romanización do agro a través da transformación da paisaxe: Os catastros romanos.
Bibliografía básica e complementariaActas de los coloquios sobre lenguas y culturas prehispánicas (Paleohispánicas) de la Península Ibérica
AA.VV., Opposition et résistences a l’Empire, Entretiens de la Fondation Hardt XXXIII 1987.
ALARCAO, J. de, Portugal Romano, Lisboa 1973.
BLÁZQUEZ, J. M.: Economía de la Hispania Romana. Bilbao, 1978.
BLÁZQUEZ, J.Mª, ALVAR, J., (edd.), La romanización en Occidente, Madrid 1996.
BRAUND, : The friendly king. Londres 1985.
DERKS, T., Gods, temples and ritual practices: the transformation of religious ideas and values in Roma Gaul, Amsterdam 1998.
DRINKWATER, J.F. Roman Gaul. Londres 1983.
FINLEY, M. I. : La economía antigua. Méjico.
FISHWICK, D., The Imperial cult in the latin West, Leiden 1987.
GARNSEY, P.; SALLER, R.: El imperio romano. Sociedad. Economía. Cultura. Barcelona, 1987
HASEBROEK, J.: Il pensiero imperialistico nell'Antichità. Milan, 1984: II: Stato e commerzio nella Grecia Antica.
JONGMAN, W.: Economy and society of Pompei. Amsterdam, 1991
KEHOE, D. P.: The Economy of agriculture on roman imperial estates in North Africa. Göttingen, 1993
KOLENDO, J.: L'agricoltura dell'Italia romana. Tecniche agrarie e progreso economico della tarda Repubblica al principato. Roma, 1980.
MARTINO DE, F.: Historia económica de la Roma Antigua, I y II. Madrid, 1985.
MILLET, M., The romanization of Britain, Cambridge 1990.
REMESAL, J.: La annona militaris y la exportación de aceite bético a Germania. Madrid, 1986.
RIVET, A.L.F. Town and country in Roman Britain. Londres 1978.
ROLDÁN, J.M., Hispania y el ejército romano. Contribución a la Historia social de la España Antigua, Salamanca 1974.
ROSTOVTZEFF, M.. I., Historia social y económica del Imperio Romano
Madrid 1981
SALWAY: Roman Britain, Londres 1993.
THOMPSON, E.A.: The Early Germans. Oxford 1965
TOZZI, G.: Economistas griegos y romanos. Méjico.
WACHER, J. The towns of Roman Britain. Londres 2000.
WILKES, D., Roman Dalmatia
WOOLF, G., Becoming Roman: The origin of provincial civilization in Gaul, Cambridge 1998.
CompetenciasPreténdese que o alumno adquira uns coñecementos básicos sobre a romanización e as súas manifestacións. Debe adquirir vocabulario e conceptos específicos, así como manexar axeitadamente os distintos tipos de fontes utilizadas na historia antiga (literarias, epigráficas e arqueolóxicas). Por último debe ser capaz de completar esa información coa investigación actual, de modo que poida analizar, sintetizar e criticar os datos obtidos e contrastalos cos estudos actuais para obter as axeitadas conclusións.
Metodoloxía da ensinanza Dada a natureza do contido, será imprescindible nas clases teóricas realizar presentacións de Power Point nas que se mostren planos, mapas e a documentación proporcionada por diversos tipos de fontes (arqueolóxicas, numismáticas) Nas clases teóricas tamén se utilizarán os dossiers documentais que entregados previamente aos alumnos lles permitirán seguir mellor a explicación baseada nas fontes. Nas clases prácticas aplicarase o explicado a textos concretos entregados previamente aos alumnos o ben a leituras especializadas. Pola súa banda as titorías serán utilizadas para orientar aos alumnos na realización dos traballos, ou en aspectos concretos da materia que así o requiran.
Sistema de evaluaciónAdemais da participación activa nas análises das fontes que se fará nas clases (30%), o resto da materia será evaluado ben a través de comentarios de leituras especializadas o ben a través da realización dun traballo monográfico individual (70%). O tema estará relacionado co contido do curso e será de libre elección por parte do alumno. A data da súa entrega será fixada en clase a inicios do curso. Avaliarase o traballo persoal e a elaboración orixinal do alumno e non serán valorados aqueles traballos que sexan un simple plaxio doutros libros ou de información obtida en Internet. Será fundamental demostrar a capacidade de analizar fontes antigas e bibliografía actual, sintetizalas pero tamén as criticar e valoralas. Tamén será valorada a estrutura do traballo, a adecuación do contido ao tema, o uso correcto de citas e notas, a bibliografía, a súa presentación coidada, a corrección na expresión escrita e a ortografía. Para a realización deste ao longo do cuadrimestre, o alumno contará co asesoramento dos profesores, de modo que poida resolver os seus problemas sobre a súa elaboración e as dúbidas sobre aspectos concretos.
A asistencia as clases será obligatoria.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo e traballo persoal
Preparación de clases prácticas: 20 horas
Elaboración de traballos: 30 horas
Lecturas: 10 horas
Outras actividades: 10
Total de horas de actividade non presencial: 70
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase iniciar o traballo o antes posible, de modo que se poida elaborar coa profundidade necesaria, tendo en conta o volume de fontes antigas e bibliografía actual que se manexarán.
ObservaciónsA materia impartirase en galego (Prof. M. Villanueva Acuña) e castelán (Profa. Mª Dolores Dopico Caínzos)