P5102214 - Fontes literarias para a historia do mundo clásico (Módulo Historia do Mundo Clásico) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia I
- Áreas: Historia Antiga
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPresentar ao alumno as fontes literarias, basicamente historiográficas e xeográficas, que posibilitan o coñecemento histórico das sociedades antigas do mundo clásico e das sociedades europeas da Idade do Ferro. A materia ten como finalidade lograr que coñezan as fontes escritas para, seguidamente, poder combinalas coas fontes arqueolóxicas de cara a reconstruír a historia das devanditas sociedades.
ContidosDentro da variedade de formas posibles de abordar os obxectivos da materia os contidos concretos concentraranse nun temario onde se indague sobre as distintas formas literarias despregadas na Antigüidade para construír percepcións espaciais ou xeográficas dende as cosmoloxías ata as formas de describir rexións ou cidades incluíndo as categorías sociais e culturais dos habitantes deses espazos e como esas características constitúen unha forma específica de dar sentido aos espazos. Para concretar os temas presentaranse como unha exposición sintética de tipo teórico dunha hora e unha discusión baseada na lectura dun texto sobre o tema concernido de 1,30 h.
Temario
1. Da imaxe mítica do cosmos (Hesíodo) á construción relixiosa das paisaxes (Pausanias).
2. Os argumentos da alteridade espacial e a identidade social : Heródoto / Hipócrates.
3. A paisaxe como dispositivo nemotécnico: Primordia Ciuitatis.
4. Nullum est sine nomine saxum: a Tróade de Estrabón
5. Lugdunum modelo para armar.
6. Modelos de barbarie 1: Libro III Estrabón.
7. Modelos de barbarie 2: a Xermania.
8. Lecturas cristiás das paisaxes pagás.
Hesíodo, Teogonía. Pausanias lib. III Esparta
(grego-inglés Hesiod, Theogony; Pausanias, Description of Greece: http://www.perseus.tufts.edu/hopper/collection?collection=Perseus:collection:Greco-Roman)
Heródoto lib. IV, Escitas. Hipócrates, Sobre Aires, Augas e Lugares. (Grego inglés: Herodotus, Hippocrates, De aere aquis et locis:
http://www.perseus.tufts.edu/hopper/collection?collection=Perseus:collection:Greco-Roman
Tito Livio libro I (inglés, latín: Titus Livius, Ab urbe condita :
http://www.perseus.tufts.edu/hopper/collection?collection=Perseus:collection:Greco-Roman
Estrabón libro XIII (grego-inglés: Strabo, Geography:
http://www.perseus.tufts.edu/hopper/collection?collection=Perseus:collection:Greco-Roman
Ps.Plutarco, Sobre os ríos (griego-inglés: Pseudo-Plutarch, De Fluviis http://www.perseus.tufts.edu/hopper/collection?collection=Perseus:collection:Greco-Roman)
Estrabón libro III (grego-inglés: Strabo, Geography: http://www.perseus.tufts.edu/hopper/collection?collection=Perseus:collection:Greco-Roman
Tácito, Xermania (latín, inglés, Cornelius Tacitus, Germany and its tribes.
http://www.perseus.tufts.edu/hopper/collection?collection=Perseus:collection:Greco-Roman)
Muñoz de la Cueva, Sta. Marina accesible en
http://books.google.es/books
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/
Versións grego francés ou latín francés dispoñibles en Hodoi elektronikai (gr) e Itinera electronica (lt). Tamén accesibles en archive.org moitas edicións e traducións dos textos indicados.
Bibliografía básica e complementariaAndré, J.M., Hus, A. La historia en Roma. Siglo XXI. Madrid. 1983.
Ballabriga, A. Le Soleil et le Tartare. L’image mythique du monde en Grèce archaïque. Éditions de l’École des Hautes Études en Sciences Sociales. París. 1986.
Dauge. Y. A. Le barbare. Recherches sur la conceptgion romaine de la barbarie et de la civilisation. Latomus. Bruselas. 1981.
Goudineau, Ch. Le dossier Vercingétorix. Actes Sud-Errance. Arlés-París. 2001.
Hartog, F. El espejo de Heródoto. Ensayo sobre la representación del otro. Fondo de Cultura Económica. México. 2003.
Jacob. Ch. Geografía y etnografía en la Grecia Antigua. Bellaterra. Barcelona. 2008.
Julio César. La guerra de las Galias. Presentación de Pere J. Quetglas. Traducción de Julio Calonge, Hipólito Escolar y Valentín García Yebra. Gredos. Madrid. 2010.
Krebs. C. B. El libro más peligroso del mundo. La Germania de Tácito, del Imperio romano al Tercer Reich. Crítica. Barcelona. 2011.
Lewuillon, S. Vercingétorix. Ou le mirage d’Alésia. Editions Complexe. Bruselas. 1999.
Momigliano, A. La historiografía griega. Crítica. Barcelona. 1984.
Momigliano, A. La sabiduría de los griegos. Los límites de la helenización. Fondo de Cultura Económica. México. 1988.
Prontera, F. Otra forma de mirar el espacio. Geografía e historia en la Grecia Antigua. Centro de Ediciones de la Diputación de Málaga. Málaga. 2003.
Tácito. Agrícola. Germania. Diálogo sobre los oradores. Introducción, traducción y notas de J. M. Requejo. Gredos. Madrid. 1999.
Wells, P. S. Beyond Celts, Germans and Scythians. Archaeology and Identity in Iron Age Europe. Duckworth. Londres. 2002.
Joseph E. Skinner. The invention of Greek ethnography : ethnography and history from Homer to Herodotus. Oxford ; New York : Oxford University Press, 2012.
CompetenciasCoñecemento das características específicas das fontes literarias antigas.
Dominio dos métodos da crítica de fontes en xeral distinguindo entre os diversos sensos que mostran e cómo poden utilizarse dende outras inquedanzas disciplinares como pode ser a arqueoloxía. Capacidade de comentar os textos antigos relacionados coa materia.
Metodoloxía da ensinanza O curso baséase en oito temas teórico-prácticos. Cada tema consiste en una breve presentación teórica seguida dun debate a partir da lectura previa do texto ou textos sometidos a discusión. Os alumnos lerán tamén algún dos traballos consignados na bibliografía.
Sistema de evaluaciónA avaliación farase tendo en conta a participación (40% da nota final) e a cualificación do traballo obrigatorio (60% da nota final).
O profesor da materia determinará o traballo obrigatorio que deberán realizar os alumnos. A extensión de devandito traballos non superará as 4000 palabras.
Dado que a avaliación é continua, a asistencia ás clases é obrigatoria; por iso, unha ausencia reiterada ás clases, superior ao 20%, implicará que o alumno non poderá ser avaliado.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala:
Actividades presenciais:
Clases maxistrais: 12 horas
Seminarios/debates: 12 horas
Avaliación: 1 hora
TOTAL: 25 horas
Traballo do alumno
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 30 horas
Lecturas para preparación de seminarios e redacción de traballos: 16 horas
Outras tarefas propostas polo profesor: 4 horas
TOTAL: 50 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase un traballo continuo dentro da materia; dado o carácter de seminarios de debate e comentario dunha parte das horas presenciais, resulta moi conveniente que os alumnos traballen semanalmente os temas definidos.
ObservaciónsE convinte leer de corrido en inglés e/ou francés