
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, nº 1
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE de 5 de marzo de 2010
Data da última acreditación: 6/07/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: Monterroso Montero, Juan M
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
1. Asegurar unha formación xeralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
2. Capacitar para a aplicación dos coñecementos á análise integrada e á interpretación de procesos e problemas espaciais, así como á elaboración de diagnósticos territoriais.
3. Interpretar as diversidades e as complexidades dos territorios e as interelacións de fenómenos de natureza ambiental con outros de tipo económico, social e cultural.
4. Capacitar, para a actuación e a intervención no territorio e na súa xestión, reforzando o carácter aplicado e experimental da formación xeográfica.
5. Desenvolver as habilidades específicas relacionadas coas técnicas de traballo, en especial as relacionadas coa obtención, análise, tratamento e representación de información xeográfica, así como co traballo de campo.
6. Asegurar os coñecementos necesarios para o ensino da Xeografía nos estudos secundarios, sen menoscabo da formación complementaria que se fixe legalmente.
7. Crear as bases para posteriores estudos de posgrao, especializados ou de carácter transdisciplinar, en que exista un destacado compoñente territorial
I. Competencias disciplinares: coñecementos básicos sobre: xeografía humana, xeografía física e medio ambiente e coñecementos rexionais e coñecementos temáticos, que inclúen a historia e o pensamento da disciplina, a ordenación do territorio, os métodos xeográficos e o traballo de campo.
II. Competencias profesionais: habilidades propias da práctica profesional que permiten relacionar a información territorial cunha visión transversal, xerar explicacións de fenómenos territoriais e realizar propostas de intervención e xestión territorial.
III. Competencias académicas: traducen os coñecementos básicos en ferramentas de interpretación do obxecto de estudo e actuación do xeógrafo/a, que é o territorio.
1- Capacidade de ordenar e sintetizar información de orixe diversa, entender os problemas dunha forma multidimensional e transversal.
2- Saber explicar, transmitir e propoñer de xeito argumentado as solucións máis axeitadas aos problemas.
3- Habilidade de ser os protagonistas en suscitar acordos en equipos interdisciplinarios, non só participar neles. Para poder chegar a estes acordos, o/a xeógrafo/a debe entender a linguaxe doutros especialistas que participan nestes equipos.
Os perfís profesionais desta titulación son os seguintes:
- Investigación, educación e divulgación xeográficas.
- Tecnoloxías da información xeográfica.
- Medio físico, recursos naturais e medio ambiente.
- Planificación e xestión territorial.
- Análise territorial da poboación e demografía.
- Desenvolvemento rexional e local.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio [pdf - 1349 kb][Actualizado: 7/10/10]
Número de prazas de novo ingreso: 60
Demanda do ano anterior: 5.018 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en Xeografía e Ordenación do Territorio recoméndase que a formación do alumnado sexa de Ciencias Sociais (R.D. 1467/2007, BOE do 6 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e fíxanse as ensinanzas mínimas).
Calidades desexábeis do futuro estudante do grao en Xeografía e Ordenación do Territorio:
- Que teña capacidade de observación, análise, interpretación e síntese.
- Que manifeste interese polas novas tecnoloxías.
- Que teña sensibilidade social e medioambiental.
- Que goce coa lectura.
- Que saiba traballar en equipo.
- Que sexa dialogante e teña dotes para redactar e falar en público.
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Os alumnos poderán inscribilo unha vez superados 150 créditos, entre eles todos os da primeira metade da titulación. A Facultade ofertará traballos fin de grao nos dous cuadrimestres.
Prácticas en empresas: Os alumnos poderán realizar prácticas externas optativas unha vez superados 150 créditos, entre eles todos os da primeira metade da titulación. Se recoñecerán 6 créditos optativos.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3051101 | Fundamentos de Xeografía Física | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3051102 | Fundamentos de Xeografía Humana | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3051103 | Historia do Mundo Contemporáneo | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3051105 | Fundamentos de Xeoloxía | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3051106 | Fundamentos da Análise Xeográfica Rexional | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3051107 | Historia Contemporánea de España | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3051108 | Historia da Arquitectura e do Urbanismo | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3051104 | Teoría e Historia da Xeografía | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3051109 | Cartografía Básica | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3051122 | Técnicas de cuantificación en Xeografía | 6.00 | OB | 2SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3051201 | Lexislación Medioambiental e da Ordenación Territorial | 6.00 | FB | 2SG | G3051221 | Fotointerpretación y Teledetección | 6.00 | OB | 1SG | G3051222 | Fundamentos de Sistemas de Información Xeográfica | 6.00 | OB | 1SG | G3051226 | Cartografía Avanzada | 6.00 | OB | 2SG | G3051227 | Sistemas de Información Xeográfica e Análise Espacial | 6.00 | OB | 2SG | G3051230 | Métodos e técnicas de traballo de campo e laboratorio en Xeografía Física | 6.00 | OB | 1SG | G3051223 | Climatoloxía | 6.00 | OB | 1SG | G3051224 | Xeografía Económica | 6.00 | OB | 1SG | G3051228 | Xeodemografía | 6.00 | OB | 2SG | G3051229 | Xeografía Rexional do Mundo | 6.00 | OB | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3051321 | Xeomorfoloxía | 6.00 | OB | 1SG | G3051322 | Bioxeografía | 6.00 | OB | 2SG | G3051323 | Espazo rural e desenvolvemento local | 6.00 | OB | 1SG | G3051324 | Xeografía de Europa | 6.00 | OB | 1SG | G3051325 | Xeografía de España | 6.00 | OB | 1SG | G3051326 | Xeografía de Galicia | 6.00 | OB | 2SG | G3051329 | Cidade e desenvolvemento urbano | 6.00 | OB | 1SG | G3051327 | Fundamentos de Ordenación do Territorio | 6.00 | OB | 2SG | G3051328 | A Unión Europea | 6.00 | OB | 2SG | G3051341 | Xestión integrada de zonas costeras | 6.00 | OP | 2SG | G3051342 | Turismo e desenvolvemento territorial | 6.00 | OP | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3051421 | Instrumentos de Ordenación Territorial e Ambiental | 6.00 | OB | 1SG | G3051422 | Xestión Territorial da paisaxe | 6.00 | OB | 1SG | G3051423 | Hidroloxía: Xestión e planificación dos recursos hídricos | 6.00 | OB | 1SG | G3051441 | Sistemas de transportes: Mobilidade e accesibilidade | 6.00 | OP | 1SG | G3051442 | Recursos edáficos | 6.00 | OP | 1SG | G3051443 | Paleoambiente e cambio climático | 6.00 | OP | 1SG | G3051444 | Análise e interpretación da paisaxe vexetal | 6.00 | OP | 2SG | G3051445 | Xeopolítica | 6.00 | OP | 2SG | G3051446 | Desigualdade e Cooperación para o desenvolvemento | 6.00 | OP | 2SG | G3051447 | Xeografía social e cultural | 6.00 | OP | 2SG | G3051448 | Xeografía de Latinoamérica | 6.00 | OP | 2SG | G3051449 | Xeografía Rexional de España | 6.00 | OP | 2SG | G3051450 | Xeografía dos recursos mariños | 6.00 | OP | 2SG | G3051424 | Traballo de fin de grao | 12.00 | OB | TFGM | G3051451 | Prácticas Externas | 6.00 | OP | PEGM | PLN.CONT.VER.SV |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable