
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Historia da Arte
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, nº 1
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE do 5 de marzo de 2010; corrección de erros no BOE do 6 de xullo de 2010
Data da última acreditación: 10/06/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: Monterroso Montero, Juan M
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
- Proporcionar ao alumnado coñecementos racionais e críticos da produción artística ao longo da Historia e das súas manifestacións en distintas culturas e a través das diversas linguaxes artísticas.
- Preparar ao alumnado nunha formación específica en diferentes campos, funcións e actividades propias do historiador da arte.
- Coñecer as características, funcións, e as liñas básicas da arte nas súas diferentes manifestacións, ao longo do discorrer histórico e no marco das distintas culturas, así como as causas primordiais desas características, funcións e evolución, incardinando sempre a obra de arte co contexto social, económico, político, ideolóxico, relixioso e individual no que se xestou e conectándoa con outras formas de expresión artística ou manifestación cultural.
- Coñecer as diferentes linguaxes formais e visuais, así como, as distintas técnicas artísticas utilizadas pola humanidade ao longo da historia.
- Coñecer a teoría da arte e o pensamento estético no seu discorrer histórico e dentro dos diferentes contextos culturais, sociais, económicos, políticos, ideolóxicos, relixiosos, que condicionaron os discursos, a estética, a función, as técnicas e as linguaxes formais da Arte.
- Coñecer especificamente as fontes, as tendencias, os artistas e as obras máis importantes e representativos da Historia da Arte no marco de diferentes culturas.
- Coñecer e manexar de forma rigorosa e axustada a linguaxe específica e a terminoloxía propios das diferentes manifestacións da Arte.
- Coñecer os diversos procedementos de creación artística e as técnicas de conservación, tutela e divulgación do Patrimonio Cultural.
- Desenvolver o espírito analítico e crítico do alumno e a súa sensibilidade para ver, ler e escoitar música, audio, esculturas sonoras, a obra de arte; que se afaga a interpretar a linguaxe das súas formas.
- Apreciar os seus valores estéticos e extraer dela informacións sobre a cultura que a xerou.
- Desenvolver unha metodoloxía científica propia da Historia da Arte.
- Adquirir, coñecer e utilizar outras técnicas historiográficas para o coñecemento e valoración da obra de arte.
- Aprender de xeito autónomo novos coñecementos e técnicas.
- Crear a conciencia da necesidade de formarse en diversos campos interdisciplinares, no dominio da expresión oral e escrita da propia lingua, no uso doutras linguas estranxeiras, no manexo das ferramentas informáticas e no uso das redes que permitan o establecemento de contactos nacionais e internacionais.
- Propor, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais sinxelas, utilizando as ferramentas historiográficas.
- Aprender a desenvolver unha metodoloxía científica para calquera tipo de actuación e de decisión en relación cos coñecementos de Historia da Arte.
- Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías como medio para o estudo e a difusión da obra de arte.
- Deseñar un proxecto integral de xestión do ben artístico, desde o seu coñecemento ata a súa explotación social.
- Implicarse na actividade profesional e o compromiso coa sociedade en todo o referente á defensa e conservación do Patrimonio Cultural.
- Tomar conciencia da importancia de desenvolver a capacidade de iniciativa e a autocrítica.
O 58% das saídas profesionais gardan unha relación directa co ámbito do patrimonio cultural en calquera das súas expresións. Así mesmo, este grupo se complementa cun 25% dedicado ás tarefas de investigación e ensino. Por outra banda, naqueles campos profesionais de carácter emerxente, impulsados a través das novas TIC, percíbese un progresivo incremento, aínda que só un 5% dos enquisados declara traballar no ámbito da produción, documentación e divulgación de contidos. Finalmente, en clara competencia con outras áreas das Humanidades, un 12% dos egresados en Historia da Arte atopou emprego en campos profesionais xenéricos como bibliotecas, arquivos, asesorías, etc.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Recoñecemento actividades transversais:
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Historia da Arte [pdf - 2083 kb][Actualizado: 7/10/10]
Número de prazas de novo ingreso: 80
Demanda do ano anterior: 5.404 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en Historia da Arte recoméndase que a formación do alumno sexa de perfil humanístico (R.D. 1467/2007, BOE do 6 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e fíxanse as ensinanzas mínimas).
Calidades desexables do futuro estudante do grao de Historia da Arte:
- Sensibilidade estética.
- Percepción do devir histórico.
- Capacidade de razoamento lóxico.
- Gusto pola lectura, a música e a contemplación da obra de arte.
- Capacidade de relación de feitos históricos co seu contexto actual.
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao. Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grao en Historia da Arte recoméndase que a formación do alumnado sexa de perfil humanístico Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Poderase realizar unha vez superados os 180 créditos obrigatorios. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título de grao, isto é, polo menos 228 ECTS. Para non atrasar a gradación dos estudantes que reúnan os requisitos, a Facultade ofertará traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos os cuadrimestres.
Prácticas en empresas: Os alumnos poderán obter até 6 créditos pola realización de prácticas en empresas optativas.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5011101 | Historia e Cultura da Época Antiga | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5011102 | Historia e Cultura da Época Medieval | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5011104 | Xeografía Humana e Territorial | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G5011201 | Historia e Cultura da Época Moderna | 6.00 | FB | 1SG | 2º | G5011202 | Historia e Cultura Contemporánea | 6.00 | FB | 1SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5011103 | Literatura e Arte no Mundo Antigo e Medieval | 6.00 | FB | 1SG | 1º | OFERTA.1 | G5011204 | Literatura e Arte no Mundo Moderno e Contemporáneo | 6.00 | FB | 2SG | 2º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5011105 | Introdución á Linguaxe Musical | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G5011203 | Historia da Música | 6.00 | FB | 2SG | 2º | G5011451 | Historia da Música Galega | 6.00 | OP | 1SG | 4º | G5011452 | Pensamento Musical | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5011123 | Introdución á Linguaxe Cinematográfica | 6.00 | OB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G5011327 | Historia do Cinema e outras Artes Audiovisuais | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5011449 | Historia do Cinema Español | 6.00 | OP | 2SG | 4º | G5011450 | A Cultura Audiovisual Contemporánea | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5011106 | Fundamentos teóricos da Historia da Arte | 6.00 | FB | 2SG | 1º | OFERTA.1 | G5011205 | Métodos de Análise e Interpretación do Fenómeno Artístico | 6.00 | FB | 1SG | 2º | G5011225 | Historia das Técnicas Artísticas e da Construción | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5011226 | Fontes Documentais e Literarias para a Historia da Arte | 6.00 | OB | 2SG | 2º | G5011447 | Historia das Ideas Estéticas | 6.00 | OP | 2SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5011324 | Concepto e Historia do Patrimonio Cultural | 6.00 | OB | 1SG | 3º | G5011328 | Xestión e Lexislación do Patrimonio Histórico-Artístico | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5011329 | Museoloxía e Museografía | 6.00 | OB | 2SG | 3º | G5011448 | Mercado da Arte e Xestión de Coleccións | 6.00 | OP | 1SG | 4º |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | G5011423 | Traballo fin de grao | 12.00 | OB | TFGM | 4º | G5011454 | Prácticas Externas | 12.00 | OP | PEGM | 4º | PLN.CONT.VER.SV |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable