Denominación do título: Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, nº 1
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 150/2010 do 16 de setembro (DOG do 23/09/2010)
Data de publicación no BOE: 16/03/2011
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: López Barja de Quiroga, Pedro Manuel
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
a) Capacitar aos estudantes para estableceren relacións recíprocas entre os principais eixos que configuran o máster: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
b) Capacitar aos alumnos para adquiriren un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos clásicos.
c) Proporcionar aos estudantes os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar.
d) Capacitar ao alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo da arqueoloxía, así como indicar a súa utilidade na práctica investigadora e na divulgación do patrimonio cultural.
e) Dotar aos estudantes das destrezas fundamentais para o aproveitamento dos coñecementos adquiridos e a súa aplicación á correcta interpretación e difusión do mundo clásico.
f) Capacitar aos estudantes para abriren vías de investigación novas no ámbito do mundo clásico.
g) Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e a correcta transmisión do patrimonio cultural clásico nas súas diversas manifestacións.
O máster proposto ten a súa orixe no programa de doutoramento “Arqueoloxía, Historia da Antigüidade e Ciencias e Técnicas Historiográficas” que se veu impartindo durante os últimos catorce anos e que deu lugar á lectura dun elevado número de teses doutorais. No curso académico 2008-09 hai inscritos no devandito programa 12 alumnos na etapa de formación e 46 na etapa de tese. Esta dilatada experiencia na formación de investigadores porase agora ao servizo do novo máster. Neste, pretendeuse que o alumno adquira a formación imprescindible nas diversas disciplinas necesarias para poder afrontar con éxito unha tese doutoral no ámbito da arqueoloxía ou a historia antiga: epigrafía, filoloxía grega e romana, paleografía, numismática, arqueoloxía.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 15
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións da área de Humanidades e de Ciencias Sociais.
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5101101 | Historia intelectual do mundo antigo | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5101102 | Epigrafía clásica e historia da moeda | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101103 | Modelos antropolóxicos para o estudo das sociedades antigas | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101104 | Patrimonio arqueolóxico; historia e modelos de xestión | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101105 | Iconografía e mitoloxía clásicas | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5101106 | Fontes literarias para a historia do mundo clásico | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101107 | Reconstrucción das sociedades prehistóricas | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5101108 | Cultura material romana e tardoantiga | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5101201 | Toponimia de Gallaecia | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5101202 | Ocupación do territorio na época romana e tardo antiga de Galicia | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5101203 | Artes plásticas e ornamentais na Gallaecia | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5101204 | Cultura castrexa | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5101205 | Fontes documentais para a antigüidade | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101206 | Arqueoloxía e ecoloxía do fenómeno tumular e megalítico galego | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101207 | A idade de bronce: a metalurxia e as relacións a longa distancia | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101208 | A formación histórica dos pobos de Hispania | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5101209 | O cristianismo na antigüidade | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101210 | Historia dos celtas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101211 | Metodoloxía da historia das relixións antigas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101212 | Agricultura e agronomía na antigüidade | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5101213 | A romanización en occidente: as transformación dos pobos indíxenas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5101214 | Análise literaria de textos gregos e latinos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5101215 | Análise lingüística de textos gregos e latinos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OF/MR | P5101216 | Crítica textual de textos da antigüidade | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5101109 | Traballo de fin de máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable