
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Lecturas sobre a Cidade Histórica. Arte, Patrimonio Cultural e a súa Xestión
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, nº 1
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 de 16 de setembro (DOG do 23/09/2010)
Data de publicación no BOE: 28/02/2012
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Monterroso Montero, Juan M
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
a. Proporcionar unha formación especializada e avanzada en historia da arte, abarcando os ámbitos vinculados con arquitectura, urbanismo, artes figurativas, música, historia do cine e outras artes audiovisuais, cerimonia, mecenado e xestión do patrimonio, que capacite para a incorporación dos alumnos aos grupos de investigación competitivos, á docencia universitaria, a centros de investigación de recoñecido prestixio e á práctica profesional.
b. Introducir nos futuros egresados na investigación e, con iso, preparalos para a realización posterior dunha Tese doutoral.
c. Conseguir que os alumnos teñan a formación necesaria para desenvolveren unha investigación de calidade, así como para renovar os coñecementos relativos á súa especialización a través do exercicio investigador e profesional.
d. Aprendizaxe de estratexias que amplíen a capacidade de resolución dos problemas que a sociedade actual lles impoña.
COMPETENCIAS XERAIS:
a. Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do estudante e da sociedade no relativo ao estudo de historia da arte, historia da música ou algún dos seus ámbitos máis destacados.
b. Capacitación para o coñecemento, e posterior aprendizaxe continua, do amplo panorama que as ciencias humanas achegan ao coñecemento da cidade como fenómeno humano, urbano, histórico, cultural e administrativo.
c. Posta a punto e manexo de conceptos, métodos e ferramentas propias da investigación nas ciencias humanas para fins específicos.
d. Desenvolvemento da capacidade de síntese do estudante mediante a lectura e revisión de traballos especializados.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
a. Habilidades de aprendizaxe que lles permitan fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural ata alcanzar a realización da súa Tese doutoral.
b. Preparación e redacción de informes histórico-artísticos a través da análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
c. Capacidade de concibir, deseñar, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación con seriedade académica ao redor da Historia da Arte, o Patrimonio cultural, o cine, a historia da música ou coleccións e museos.
d. Capacidade de comunicar cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das súas áreas de coñecemento en torno ao asesoramento en plans directores, plans especiais, ect.
e. Posuír e comprender coñecementos ao redor da xestión cultural. Competencias transversais.
f. Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria sobre os seus contidos do alumno. PDF Created
O programa pretende dar resposta a unha crecente demanda social en todos os aspectos relativos ao estudo, investigación e xestión cultural vinculada coa cidade histórica, a historia da arte e, en xeral, o patrimonio cultural de índole histórico-artística.
O máster que se propón pretende cubrir a área de historia da arte, abarcando os ámbitos vinculados con arquitectura, urbanismo, artes figurativas, música, historia do cine e outras artes audiovisuais, cerimonia, mecenado e xestión do patrimonio, potenciando uns estudos de posgrao que promovan a formación permanente dos estudantes, desenvolver accións formativas complementarias, favorecer a investigación básica e aplicada e dinamizar os grupos de investigación. A relevancia deste programa de posgrao farase aínda máis evidente no momento en que estean a pleno funcionamento os graos xa que suporá unha alternativa competitiva que permita completar, cunha formación específica, a recibida no grao.
Polo que se refire ao módulo de materias obrigatorias, o seu carácter garante unha formación profesionalizante que pode satisfacer as demandas da sociedade á hora da intervención dos futuros graduados nos proxectos de xestión do patrimonio, ben como investigadores, ben como profesionais. Ao ensino débense engadir a implicación en procesos de protección e xestión do patrimonio cultural, tanto desde un ámbito institucional como empresarial; a integración en ámbitos específicos da conservación e exhibición, como museos, centros de cultura, arquivos, etc.; a profesionalización na xestión e difusión de contidos culturais a través de exposicións, interpretación do patrimonio cultural ou labores de comisariado; o desenvolvemento de actividades vinculadas coa catalogación, peritaje e mercado de obras de arte, ect.; ou a vinculación con entidades especializadas en produción, documentación e divulgación de contidos vinculados coa Historia da Arte.
En calquera caso, a formación recibida nas materias obrigatorias e optativas suponse imprescindible para a realización da Tese doutoral e para emprender as tarefas de investigación encamiñadas á redacción e defensa da mesma.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 13
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Licenciaturas / graos en Historia da arte, Historia, Humanidades, Historia e CC da Música, Belas Artes, , Filoloxía Clásica, Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa, Filoloxía Hispánica, Filoloxía Románica, Filoloxía Inglesa, Filoloxía Francesa, Filoloxía Italiana, Filoloxía Alemá, Xeografía, Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Documentación, Diplomatura en Turismo; Estudos Superiores de Conservatorio de Música.
Criterios
Expediente académico: 75%
Ter cursado as materias Historia da Arte, Historia da Música ou Historia do Cinema: 10%
Curriculum: 5%
Experiencia profesional: 5%
Experiencia investigadora: 5%
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5161201 | Santiago de Compostela no século XIX. Transformación e creación de espazos urbanos. | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161202 | Santiago de Compostela: urbanismo e xestión de contenedores culturais. | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161203 | Microcosmos urbanos: rito e liturxia nos espazos cerimoniais da Idade Moderna. Formas para a sacralización do espazo. | 6.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161204 | Santiago de Compostela, cidade e arquitectura medieval | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161213 | Compostela 1500-1800 | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5161101 | Paisaxe urbana e industria cultural. | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P5161103 | Cidade histórica, cidade historiada. | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P5161104 | A imaxe cinematográfica da cidade contemporánea: cine historia e sociedade. | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P5161205 | Tranformacións urbanas en dúas cidades portuarias galegas: A Coruña e Ferrol | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161206 | A cidade como universo audiovisual contemporáneo. | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161207 | Música e ceremonia na cidade moderna e contemporánea. | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161208 | Música, espazo e liturxia: do barroco á contemporaneidade. | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5161209 | Imaxe da música en clave de peregrinación (séculos XII e XIII). | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5161210 | Imáxes e texto para a creación dun tipo iconográfico: Santiago. | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161211 | Cultura de peregrinación: Santiago, Jerusalén, Roma. | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161214 | Compostela e a cultura xacobea | 3.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5161215 | Topografía simbólica e imaxes no marco da peregrinación medieval. | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5161102 | Normativa urbana e patrimonio construído: sistemas de avaliación das cidades históricas. | 6.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P5161105 | Patrimonio mundial e cidade histórica. | 3.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P5161212 | Informes históricos para unha cidade patrimonio. | 3.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5161106 | Traballo fin de máster. | 12.00 | OB | TFGM | 1 | EX/MX |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable