
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (2ªed)
Rama de coñecemento: null
Centro onde se imparte:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, nº 1
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: López Barja de Quiroga, Pedro Manuel
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
- Capacitar os estudantes para estableceren relacións recíprocas entre os principais eixos que configuran o máster: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
- Capacitar aos alumnos para adquiriren un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos clásicos.
- Proporcionar aos estudantes os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora e profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
- Capacitar ao alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo da arqueoloxía, así como indicar a súa utilidade na práctica investigadora e na divulgación do patrimonio cultural.
- Dotar aos estudantes das destrezas fundamentais para o aproveitamento dos coñecementos adquiridos e a súa aplicación á correcta interpretación e difusión do mundo clásico.
- Capacitar aos estudantes para abriren vías de investigación novas no ámbito do mundo clásico.
- Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e a correcta transmisión do patrimonio cultural clásico nas súas diversas manifestacións.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e sexan capaces da resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar progresando na súa formación dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
- Que os estudantes sexan capaces de estableceren as pertinentes interrelacións entre as diversas disciplinas que integran o máster.
- Que os estudantes posúan habilidades comunicativas tanto oral como escrita, na difusión do patrimonio clásico.
- Que os alumnos saiban aplicar as ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas propias dos estudos arqueolóxicos e históricos.
- Que os alumnos teñan capacidade de síntese e análise na exposición dos contidos.
- Que os estudantes sexan capaces de aplicar o xuízo crítico no dominio da bibliografía xenérica e específica relativa ao ámbito dos estudos clásicos.
- Que os estudantes posúan as destrezas fundamentais para aplicaren os coñecementos adquiridos á valoración e difusión do patrimonio europeo clásico.
Neste máster trátase de que o alumno adquira a formación imprescindible nas diversas disciplinas necesarias para poder afrontar con éxito unha tese doutoral no ámbito da arqueoloxía ou a historia antiga: epigrafía, filoloxía grega e romana, paleografía, numismática, arqueoloxía.
Ademais, na modificación de máster actual engádese un perfil profesionalizante orientado a formar profesionais na arqueoloxía. Este novo prefil vén dado pola crecente regularización da actividade profesional do arqueólogo, iniciando un proceso de nova demanda de servizos neste ámbito.
O novo máster incorpora un perfil profesionalizante, que é claramente visíbel nas materias obligatorias. Pese á caída da obra pública (actividade que requiría unha actividade arqueolóxica obrigatoria), a arqueoloxía segue a ser unha das principais saídas profesionais para os alumnos de historia ou historia da arte e é previsíbel que, na medida en que se produza unha mellora económica, a demanda de arqueólogos profesionais creza no futuro.
A incorporación do CSIC á docencia supón engadirlle ao máster a ampla experiencia do Laboratorio de Ciencias do Patrimonio (Incipit) en traballos arqueolóxicos e de xestión do patrimonio achegando un valor engadido ao curso.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Todas as titulacións universitarias
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O traballo de fin de máster poderá enfocarse desde diversas orientacións:
- Como elaboración persoal dos contidos traballados ao longo do curso.
- Como profundización titorizada nalgún dos ámbitos/problemáticas do máster que máis interesen ao estudante (análise conceptual en profundidade).
- Como inicio-continuación dos procesos de investigación a través dun traballo de investigación, o que poderá implicar a incorporación dos estudantes aos grupos de investigación existentes nos departamentos.
O traballo consistirá nun ensaio dunhas 20.000 palabras (unhas 50 páxinas a espazo e medio), sen contar bibliografía nin anexos no cal o alumno deberá demostrar que é capaz de facer un uso correcto da bibliografía especializada e das notas, evitando incurrir en plaxio. O TFM deberá adecuarse aos temas tratados nas materias do master.
Plan de Acción Titorial: A comisión académica designará un titor para cada un dos alumnos do máster que se encargará de asesoralo durante o tempo de realización dos estudos e, en particular, de dirixilo na elaboración do traballo obligatorio. Un mesmo profesor poderá ser titor dun máximo de tres alumnos.
Prácticas en empresas: Prácticas Externas Optativas
A Comisión académica do Máster proporá diferentes opcións para a realización das prácticas externas, vinculadas pola temática cos contidos do máster, en empresas ou institucións que asinen un acordo de colaboración coas universidades de Santiago ou de Vigo. Nestes momentos hai convenios deste tipo asinados coa Federación galega de municipios e provincias e coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Contémplase tamén a posibilidade de asinar acordos semellantes con empresas relacionadas co ámbito da arqueoloxía.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5102101 | Prospección arqueolóxica | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102102 | Excavación arqueolóxica | 6.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P5102103 | Procesado e xestión da evidencia arqueolóxica | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102104 | Identificación e estudo de materiais arqueolóxicos | 6.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P5102105 | Paleoambiente e arqueoloxía | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102106 | Lexislación e xestión da actividade arqueolóxica | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5102107 | Patrimonio arqueolóxico e sociedade | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5102201 | Ocupación do territorio no Noroeste peninsular | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102202 | Arqueoloxía pública | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5102203 | Modelado de información arqueolóxica | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5102204 | Teoría arqueolóxica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102205 | Etnoarqueoloxía e arqueoloxía experimental | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5102206 | Tecnoloxías xeoespaciais en arqueoloxía | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5102207 | Cultura material pre e protohistóricas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102208 | Cultura material romana e tardoantiga | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102209 | Practicum | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5102210 | A romanización en occidente | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102211 | Epigrafía clásica e historia da moeda | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5102212 | Metodoloxía da historia das relixións prehistóricas e antigas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102213 | Modelos antropolóxicos para o estudo das sociedades antigas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102214 | Fontes literarias para a historia do mundo clásico | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5102215 | Iconografía e mitoloxía clásicas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5102108 | Traballo Fin de Máster | 9.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable