
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, nº 1
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Monterroso Montero, Juan M
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Este máster pretende dar resposta a unha crecente demanda social en todos os aspectos relativos ao estudo, investigación e xestión cultural vinculada coa cidade histórica, a historia da arte, os museos, o mercado, o turismo e, en xeral, o patrimonio cultural de índole histórico-artística e arquitectónica.
1 - Capacitar para deseñar e xestionar proxectos
2 - Predispoñer para traballar en equipos interdisciplinares.
3 - Desenvolver destrezas de xestión: capacidade de tomar decisións, motivación.
4 - Capacitar para aplicar o coñecemento á práctica
5 - Concienciar sobre as capacidades propias
6 - Capacitar para traballar nun contexto internacional
7 - Capacitar para a adaptación a novas situacións
8 - Potenciar o interese pola calidade e o manexo da información
Este título garante unha formación profesional que pode satisfacer as demandas da sociedade á hora da intervención dos futuros graduados nos ámbitos de coñecemento deste máster; campos como:
-Procesos de protección e xestión do patrimonio cultural, tanto desde un ámbito institucional como empresarial.
-Integración en ámbitos específicos da conservación e exhibición: museos, centros de cultura, arquivos, etc.
-Investigación na xestión e difusión de contidos culturais a través de exposicións, interpretación do patrimonio cultural ou labores de comisariado.
-Desenvolvemento de actividades vinculadas coa catalogación, peritaxe e mercado de obras de arte, etc.
-Actividades vinculadas con entidades especializadas en produción, documentación e divulgación de contidos asociados coa historia da arte, a arquitectura e o turismo.
Por outra banda, o máster faculta para a realización dunha tese doutoral e o inicio de tarefas de investigación.
A implantación deste título obecede á necesidade de modificar o antigo Máster en Lecturas da Cidade Histórica, Arte, Patrimonio Cultural e a súa Xestión, para reorientalo cara a unha vertente máis práctica e profesional, ampliando o marco de estudo ao patrimonio móbel, á museoloxía e ao mercado da arte.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de acceso por orde de preferencia:
1º Lic. ou Grao en Hª da Arte; en Historia; Humanidades; Arquitectura; Historia e Ciencias Musicais; Belas Artes; Estudos Superiores de Conservatorio de Música; Filoloxías; Documentación, e Tradución e Interpretación.
2º Lic. ou Grao en Xeografía; Xeografía e Ordenación do Territorio; Comunicación Audiovisual; Xornalismo. Diplomatura, Lic. ou Grao en Turismo.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O traballo fin de máster consistirá na elaboración dun traballo de investigación no cal o alumnado poida demostrar as súas capacidades e competencias vinculadas co contido deste máster.
Plan de Acción Titorial: A Comisión Académica nomeará un titor para cada un dos alumnos, que non terá que ser necesariamente o seu futuro director de tese, e cuxas funcións principais serán a de atender o seu tutorando, derivando as cuestións que este lle formule ás canles adecuadas, e a de facer un seguimento que permita localizar posíbeis dificultades académicas co adianto suficiente para seren corrixidas.
Prácticas en empresas: As prácticas en empresa poderán ser elixidas polo alumnado de forma optativa. Consistirán na realización de prácticas nunha empresa ou institución, durante 300 h para os efectos da obtención dun total de 12 créditos equivalentes. Terán unha duración aproximada de dúas semanas e realizarase habitualmente ao final do segundo cuadrimestre.
Asignarase ao alumno un titor académico entre o Persoal Docente e Investigador do Centro, que fará un seguimento ao traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a súa realización.
Nestes momentos, a facultade de Xeografía e Historia ten asinados 28 convenios para a realización de prácticas con diversas entidades.
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5221101 | Xestión, marketing e proxectos | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221102 | Lexislación e patrimonio | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221103 | Documentación e patrimonio | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221104 | Metodoloxía, investigación e deontoloxía | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5221201 | Estratexias de xestión para a cidade histórica: Avaliación e normativa | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221202 | Estratexias para a intervención e posta en valor do patrimonio construído | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5221203 | Representación e presentación para a xestión do patrimonio construído | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221204 | Cidade histórica versus cidade contemporánea I: Diálogos e rupturas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221205 | Cidade histórica versus cidade contemporánea II: proxectos urbanos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5221206 | A cidade histórica como fenómeno cultural | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221207 | A cidade histórica como recurso turístico | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5221208 | Cidades históricas. Análise de casos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5221209 | Conservación e restauración de obras de arte | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221210 | A xestión de centros de arte e exposicións nas institucións públicas e privadas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221211 | Museo e sociedade. As funcións do museo | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5221212 | Didáctica e comunicación no museo | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5221213 | A historia da arte aplicada ao patrimonio I | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221214 | A historia da arte aplicada ao patrimonio II | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5221215 | A xestión da arte | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5221216 | O valor da arte | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5221217 | Os axentes do mercado | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5221218 | Prácticas externas optativas | 12.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5221105 | Traballo fin de máster | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable