|
|
Centro de Orientación Integral ao Estudante (COIE)
Enderezo
Pavillón Estudantil, 2º andar
Campus sur
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563100, ext. 14546 e 14544
Fax: 981 595117
Correo electrónico: coiedir@usc.es aponte@usc.es
|
Descrición
Ten como obxectivo facilitar a integración transversal da orientación, e a súa
coordinación en todos os niveis da acción académico-docente, posibilitando de
este modo a xeración de intervencións de mellora.
Conta coas seguintes unidades:
Unidade de orientación preuniversitaria
Dirixida a mellorar o ingreso dos estudantes e a coordinación cos centros
de secundaria co fin de facilitar a adecuación entre os proxectos educativos dos
centros e a USC. O obxectivo fundamental é proporcionar aos futuros estudantes os
instrumentos necesarios para que realicen una adecuada elección e apoiar a súa
integración nos primeiros cursos académicos. Así mesmo, realiza campañas de captación
de alumnado a través de seminarios con profesores de ensino medio, xornadas de portas
abertas, visitas ós centros e o programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC".
Unidade de orientación Académica (en fase de desenvolvemento)
Unidade de orientación e intermediación para o empregoEnderezo
Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega
Rúa Casas Reais, nº 8
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563100, ext. 12850 / 12851
Correo electrónico: coieoil1@usc.es emprego@lugo.usc.es
O seu obxectivo é o desenrolo de programas destinados a facilitar a inserción laboral dos titulados,
proporcionando as ferramentas necesarias para que istos poidan realizar unha
busca activa de emprego. As súas liñas de actuación céntranse en facilitar a transición
ao mundo laboral, asesorar no proceso de busca de emprego, desenrolar estratexias
de empregabilidade e potenciar os vínculos Universidade-Empresa.
|
| O tempo |
Santiago (23:10h)
Temp. actual: 4,3ºC
Predición para mañá
Temp.: 3ºC/10ºC
Estado do ceo:
|
Lugo (23:10h)
Temp. actual: 0ºC
Predición para mañá
Temp.: 0ºC/10ºC
Estado do ceo:
|
|
|
MeteoGalicia
|
|