Data de inicio: Mércores, 07 de setembro de 2011
Data de remate: Venres, 09 de setembro de 2011
Cidade: Santiago de Compostela
Ubicación: Facultades de Historia e de Filosofía
Organización: Grupo de Innovación Docente: IDHAX Mazarelos. Innovación Docente en Historia, Arte e Xeografía
Descrición:
No marco dos profundos cambios que están experimentando as universidades en pleno proceso de implantación do Espazo Europeo de Educación Superior plantéxase a conveniencia dun congreso específicamente enfocado cara a innovación metodolóxica e docente nas áreas de Historia, Historia do Arte e Xeografía.
Dentro do marco máis xeral da situación das Humanidades e Ciencias Sociais no século XXI, o desenvolvemento da actividade diaria dos profesores de estas áreas non debe entenderse a marxe da necesaria investigación e reflexión sobre aqueles aspectos de innovación metodolóxica e docente máis directamente vinculados coa calidade dos resultados. Neste sentido, a creación dun ámbito interdisciplinar para o intercambio e análise de experiencias pode servir de grande axuda de cara a valorar a situación actual e perspectivas de futuro para o profesorado de ditas áreas.
En concreto, este congreso nace a partir da preocupación pola innovación e a calidade, como obxetivos comúns que deben presidir tanto a investigación como a docencia, dun grupo de profesores das áreas de Historia, Historia do Arte e Xeografía. Conscientes de que as melloras poden xurdir moitas veces de iniciativas individuais, pero que sempre necesitan uns medios de difusión que axuden a compartir experiencias, estimular novas ideas e valorar os resultados das últimas investigacións, plantéxase o interese do marco dun congreso internacional para darlles cabida.
A constatación da necesidade de incentivar a participación do profesorado de estas áreas nas estratexias de innovación metodolóxica e docente afróntase como una oportunidade para promover iniciativas innovadoras que contribúan a solucionar os retos actuais, a partir de esta oportunidade para difundir resultados e avanzar novas liñas de traballo.
Polo tanto, os obxetivos principais de este congreso poderíanse resumir en:
Compartir experiencias e boas prácticas de innovación metodolóxica e docente
Valorar as posibilidades e retos do novo marco do Espazo Europeo de Educación Superior
Reflexionar sobre as cuestións pendentes para a mellora da actividade do profesorado das áreas de Historia, Arte e Xeografía
Correo electrónico de contacto: luis.velasco@usc.es
Teléfono de contacto : Ext: 12729
Ligazón externa: