Data de inicio: Luns, 20 de xuño de 2011
Data de remate: Venres, 24 de xuño de 2011
Cidade: Santiago de Compostela
Ubicación: Salón de actos da Facultade de Medicina e Mosteiro San Martiño Pinario
Organización: Grupo de Física de Astropartículas do Departamento de Física de Partículas e Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
Descrición:
O grupo de Física de Astropartículas do Departamento de Física de Partículas e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da Universidade de Santiago de Compostela forma parte da colaboración internacional Pierre Auger. Esta colaboración está composta por aproximadamente 450 científicos de 17 países que buscan estudar as partículas máis enerxéticas do Universo coñecidas ata o momento, os chamados Raios Cósmicos, co fin de determinar a súa natureza, enerxía e lugar de orixe, e así comprender mellor o universo ó noso arredor. Para iso contan co detector de raios cósmicos máis grande do mundo, o Observatorio Pierre Auger, composto por 1600 detectores de superficie e 24 de fluorescencia cubrindo unha área darredor de 3000 km2 na rexión arxentina de Malargüe.
Como cada ano a colaboración Pierre Auger celebra a sua reunión xeral de análise nun dos países colaboradores, onde se presentan os últimos resultados científicos e as perspectivas de futuro. Nesta ocasión, o grupo de Física de Astropartículas da USC organizará este evento do 20 ó 24 de Xuño en Santiago de Compostela. A reunión contará coa presencia de máis de 160 participantes procedentes dos dezaoito países membros da colaboración.
O comité organizador local está composto polo catedrático Enrique Zas Arregui e Inés Valiño Rielo, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela.
Correo electrónico de contacto: ines.valino@usc.es
Teléfono de contacto : 881813971
Ligazón externa: