Saltar ao contido principal
Inicio  »  Congresos  »  XIV Congreso Internacional de Norte de Portugal e de Galicia de Formación Para o Traballo

XIV Congreso Internacional de Norte de Portugal e de Galicia de Formación Para o Traballo

Data de inicio: Xoves, 19 de xullo de 2012

Data de remate: Venres, 20 de xullo de 2012

Cidade: Oporto

Ubicación: Auditorio Central da Faculdade de Psicoloxia e de Ciencias da Educación

Organización: Instituto de Emprego e Formación Profesional e o Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC

Descrición:

Desde que se celebrou o Consello de Lisboa (2000), vense recoñecendo a necesidade de promover a aprendizaxe dos/as emprendedores/as en contextos formais e non formais, a longo da educación e da formación e co apoio da orientación, nos distintos procesos de construción de proxectos, para saber como afrontar os desafíos, a incerteza e o risco, nunha perspectiva de ser capaz de innovar e resolver diferentes problemas de difícil clasificación con solucións creativas e tecnoloxicamente avanzadas.

Esta problemática europea e de boa parte do resto do mundo, ten impulsado e xustificado multitude de iniciativas illadas e pouco conectadas, que hoxe constitúen un referente de boas prácticas, sobre o que fundamentar metodoloxías máis sólidas que é necesario poñer en común, mobilizando sinerxías entre diversos axentes educativos, formativos, sociais, empresariais, políticos, etc.

No contexto da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal como Comunidade de traballo viva, con identidade propia, parte da periferia Europea, imos celebrar, entre os días 19 e 20 de Xullo de 2012, na Facultade de Psicoloxia e de Ciencias da Educación da Universidade do Porto (FPCEUP) o XIV Congreso Internacional de Norte de Portugal e Galicia de formación para o traballo, para promover a comunicación e intercambio de coñecemento entre diversos estamentos do tecido socioeducativo, sociopolítico, socioeconómico, científico-técnico e formativo-orientador con responsabilidades na formación, a orientación e o emprendedurismo, acerca de cómo construír proxectos e emprender carreiras.

Investigadores, profesores, formadores, educadores, orientadores, produtores, estudiosos do tema... poden presentar comunicacións ate o 30 de xuño, enviado o resumo á 14congresso@iefp.pt (o texto completo, máximo 12 páxinas deberá entregarse o mesmo día do Congreso na Secretaría nun CD).

Para coñecer mais acerca do evento ou consultar as normas de participación e inscrición, está dispoñíbel a información na web: www.iefp.pt
En documento adxunto envíamos o programa do congreso, onde poderán consultar a planificación, contidos e expertos.

Esperando que sexa de interese e agradecendo que o difundan onde consideren, aproveitamos para enviarlles un cordial saúdo,

Antonio Rial Sánchez
Margarita Valcarce Fernández
Comité Organizador
 

Correo electrónico de contacto: antonio.rial.sanchez@usc.es

Teléfono de contacto : 616376713

Arquivos adxuntos:

Ligazón externa: