Saltar ao contido principal
Inicio  »  Congresos  »  Congreso de Réxime Xurídico das Universidades

Congreso de Réxime Xurídico das Universidades

Data de inicio: Xoves, 13 de xuño de 2013

Data de remate: Venres, 14 de xuño de 2013

Cidade: Santiago de Compostela

Ubicación: Salón Nobre de Fonseca

Organización: Universidade de Santiago de Compostela e ADEUN

Descrición:

Nesta nova edición do Curso de Réxime Xurídico se pretende analizar os novos tempos en que está inmersa a universidade española e a normativa que lle afecta. Neste sentido se pretende analizar nova normativa que en materia de investigación se dictou nos últimos anos e os seus efectos sobre o réxime xurídico da propiedade intelectual e industrial do persoal universitario. Tamén se pretende analizar os efectos e a incidencia da lexislación laboral xeral sobre as universidades, en especial sobre os contratos do persoal de proxectos de investigación ou sobre un novo réxime xurídico do persoal da universidade en tempo de crise e de recorte de gastos e de dereitos.

Neste Curso tamén o lugar para analizar a incidencia sobre a autonomía universitaria da normativa estatal e os axustes presupostarios, así como os efectos dos novos proxectos normativos. No apartado de fiscalización se quere facer unha análise das debilidades no control das universidades, as responsabilidades contables dos xestores e funcionarios e os efectos da contabilidade analítica sobre a xestión universitaria. Por último non se quere olvidar o grande reto de futuro na xestión que é a administración electrónica ou o día a día da aplicación do Dereito nas universidades. E para todo iso cremos que contamos con os mellores expertos e profesionaiss nas distintas materias.

 

Ligazón externa: