Saltar ao contido principal
Inicio  »  Congresos  »  XVI Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

XVI Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

Data de inicio: Xoves, 10 de outubro de 2013

Data de remate: Venres, 11 de outubro de 2013

Cidade: O Grove

Ubicación: Hotel Isla de la Toja

Organización: Asociación Cultural do Foro dos Recursos Mariños e a Acuicultura das Rías Galegas - Departamento de Bioquímica

Descrición:

Na súa 16ª edición comprenderá as seguintes actividades:

Mesas de traballo: Marisqueo e Pesca de Baixura, Acuicultura, Empresa e Recursos, Sostenibilidade, Biotecnoloxía; onde varios ponentes invitados expoñerán os seus puntos de vista sobre o tema e, a continuación, terá lugar un debate entre eles e os asistentes.

Conferencias Maxistrais: os ponentes tratan temas monográficos en maior profundidade, seguidos de debate.

Traballos en paneis: aberta a tódolos participantes que poderán presentar traballos inéditos, relacionados cos temas do Foro.

Participación de empresas: as empresas relacionadas co sector poderán participar expoñendo os seus productos e/ou actividades.

XXV Ciclo Cultivando o Mar: Ciclo de Conferencias na Confraría de pescadores do Grove.Tres conferenciantes sobre un tema de actualidade.

Poderanse presentar, por parte dos participantes que o desexen, paneis de traballos inéditos (máximo 1 paneis por inscrición), en relación coas temáticas do Foro, cun tamaño máximo por panel de 1,50 x 1,20 m. (alto x ancho).
Poderanse presentar traballos onde non será necesaria a presenza física dos autores durante a celebración do evento.

Terán unha cota especial os membros pertencentes os seguintes colectivos:
Estudantes
Colexio oficial de Biólogos
Sociedad Española de Acuicultura (SEA)
World Aquaculture Society (WAS)
O persoal da Consellería do Mar (Xunta de Galicia), ou entidades relacionadas (Confrarías de Pescadores, CETMAR, INTECMAR) dispoñen de cota reducida por asistencia e presentación de paneis.

Correo electrónico de contacto: manuel.rey.mendez@usc.es

Teléfono de contacto : 619459325

Ligazón externa: