
Frances Elizabeth Allen
IBM Fellow Emerita (EE.UU.)
Premio Turing 2006
XOVES 30 de outubro
20:00 horas
Lugar: Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18)
TÍTULO DA CONFERENCIA: Unha peregrinación polas altas sendas da computación (con tradución simultánea)
Conferencia introdutoria da Dra. Allen: Languages and Compilers for the New Parallel Systems (ver resumo)
Mércores 29 de outubro
12:30 horas
CENTRO DE ESTUDOS AVANZADOS DA USC
O Premio Turing é considerado o “Premio Nobel da computación”. Leva o nome de Alan Mathison Turing, o matemático británico considerado o pai teórico da ciencia computacional e a intelixencia artificial.
É outorgado a aquelas persoas que, nomeadamente, “fagan contribucións que perduren no tempo e sexan de natureza técnica vital para a comunidade das ciencias da computación”.
O premio foi creado a mediados dos anos 60 e en máis de 40 edicións só foi concedido a unha muller, Frances Elizabeth Allen, “polas súas contribucións que melloraron fundamentalmente o rendemento dos programas de computador e aceleraron o uso de sistemas de computación de alto rendemento”.
Ela, dende o prestixioso IBM Thomas Watson Research Center, puxo as bases teóricas e prácticas das técnicas de optimización automática en compiladores (a parte do computador encargada de traducir as instrucións dun programa a códigos entendibles polas máquinas) e a extracción automática de paralelismo (realización dunha tarefa repartida en procesos feitos ao mesmo tempo). Definiu unha serie de técnicas que se seguen utilizando nos compiladores actuais e que contribuíron a aumenta-la súa eficiencia.
Á marxe dos seus éxitos científicos tense distinguido polo seu traballo a prol do acceso da muller á ciencia, especialmente en enxeñaría e computación, onde a súa presenza segue a ser minoritaria.