Saltar ao contido principal
Inicio  »  Cursos e congresos  »  Programa ConCiencia  »  Programa ConCiencia 2007

ConCiencia - Programa de divulgación científica 2007

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/conciencia

Imaxe do programa ConCiencia 2007

Santiago recibe un ano máis a persoeiros da máxima relevancia científica mundial

Expertos e figuras do máximo nivel científico, entre eles varios Premios Nobel, estarán na cidade nos meses de outubro e novembro

Frank Wilczek
Peter D. Lax
John F. Nash Jr.
John E. Walker

Tralo éxito acadado o pasado ano o Consorcio de Santiago organiza de novo en colaboración coa Universidade unha nova edición do Programa "ConCiencia" de divulgación científica. A principal novidade organizativa deste ano é o lugar e horario dos actos centrais, pois nesta edición os actos xerais celebraranse en locais situados fóra do campus universitario e en horarios máis accesibles (arredor das 20 horas), para favorecer a asistencia do público en xeral.

Entre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:

  1. A divulgación científica a cargo de figuras do máximo nivel internacional.
  2. Proxecta-la imaxe da Cidade de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento.
  3. Servir de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre persoeiros da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC.

Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rentabilización da visita dun gran persoeiro da ciencia favorecendo o seu contacto con especialistas locais.