Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/conciencia

Santiago recibe un ano máis a persoeiros da máxima relevancia científica mundial
Científicos de primeira clase mundial, recoñecidos co Premio Nobel ou galardóns equivalentes, estarán na cidade ao longo deste ano
A Universidade de Santiago de Compostela volve a organizar, coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Fundación Caixa Galicia, unha nova edición do Programa ConCiencia, convertido xa nun referente.
Entre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:
Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rentabilización da visita dun gran persoeiro da ciencia favorecendo o seu contacto con especialistas locais.