Saltar ao contido principal
Inicio  »  Cursos e congresos  »  Programa ConCiencia  »  Sheldon Lee Glashow

Sheldon Lee Glashow

Sir Sheldon Lee Glashow

Universidade de Boston, EE.UU.
Premio Nobel de Física 1979

Conferencia

MARTES 13 de decembro
20:00 horas
Lugar: Novo Auditorio Novacaixagalicia (Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela)

TÍTULO DA CONFERENCIAUnha breve historia da física de partículas 
pdf Cartel anunciador do acto [pdf - 337 kb]

Xuntanza con investigadores

Tests of Lorentz symmetry and the OPERA results on the speed of neutrinos
pdf Resumo da xuntanza [pdf - 158 kb]
MARTES 13 de decembro, ás 12:00
Lugar: Aula Magna da Facultade de Física - Campus Vida

 

Premio Nobel “por contribucións á teoría da interacción electromagnética e feble unificada entre partículas elementais, incluíndo, entre outras, a predición da corrente neutral feble”.
 
Só catro tipos de forzas fundamentais son as que rexen o Universo: a gravitatoria, a electromagnética, a forza feble (responsable da radiactividade e dos procesos termonucleares que teñen lugar nas estrelas) e a forza forte (que mantén unidos a protóns e neutróns no núcleo do átomo). Se o Universo é un ente único, é natural concluír que as interaccións fundamentais que o gobernan deban ser, tamén, a expresión dun mecanismo que pode ser unificado.
Trala primeira gran unificación da física realizada no século XIX por James Clerk Maxwell, quen demostrou que a electricidade e o magnetismo eran dúas caras dun mesmo fenómeno, Glashow foi quen deu o primeiro paso na dirección de unificar o resto das interaccións. En 1960 construiu un modelo teórico que amosaba que o electromagnetismo de Maxwell e a forza feble, caracterizada por Enrico Fermi, eran en realidade dúas manifestacións dunha única interacción unificada á que chamou electrodébil. Isto pese a que ambas forzas presentan unha aparencia e intensidade moi distintas. A teoría de Glashow predí a existencia dunha partícula nova, o bosón Z, cuxo descubrimento no CERN, en 1973, constitúe un dos fitos da historia da física.