Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Cursos e congresos
  4. »
  5. Programa ConCiencia
  6. »
  7. Roger David Kornberg

Roger David Kornberg

Roger David Kornberg

Stanford University, EE.UU.
Premio Nobel de Química 2006

Premio Nobel ”polos seus estudos das bases moleculares da transcrición eucariota”

As células utilizan a información xenética almacenada no ADN a modo de instrucións para a fabricación de proteínas, que son, en última instancia, a base estrutural dos organismos e as encargadas do seu funcionamento. Ese proceso de transformación da secuencia xenética nunha proteína é o que se coñece como "transcrición".

O Prof. Kornberg utilizou unha técnica chamada "difracción de raios X" para estuda-los diferentes complexos moleculares implicados no proceso da transcrición xenética. A súa descrición destes complexos é tan detallada que permite distinguir cada átomo nas moléculas. O nivel de detalle acadado na caracterización molecular permitiu por primeira vez entender en detalle como ten lugar ese proceso que é fundamental en tódolos organismos vivos.

É fillo de de Arthur Kornberg, colaborador de Severo Ochoa, con quen compartiu o Premio Nobel de Medicina en 1959 polo descubrimento dos mecanismos da síntese biolóxica do ARN e ADN.

Conferencia

LUNS 15 de xuño
20:00 horas
Lugar: Teatro Principal (Rúa Nova, 21)
TÍTULO DA CONFERENCIA: "Ciencia básica, a esperanza do progreso" (con tradución simultánea)

pdf Cartel anunciador do acto de Kornberg [pdf - 133Kb]

Debate con investigadores

Conferencia introdutoria do Prof. Kornberg: Molecular basis of Eukaryotic Transcription 

VENRES 12 de xuño
12:30 horas
Lugar: Centro de Estudos Avanzados da USC

 

 
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto