
Université Louis Pasteur, Francia
Premio Nobel de Química 1987
XOVES 28 de maio
20:00 horas
Lugar: Hostal dos Reis Católicos (Praza do Obradoiro, 1)
TÍTULO DA CONFERENCIA: Da materia á vida: Química? Química! (con tradución simultánea) [ver resumo]
Cartel anunciador do acto [pdf - 1445Kb][Actualizado: 19/05/2009]
Premio Nobel polo “desenvolvemento e uso de moléculas con interaccións específicas de estrutura de alta selectividade”
Aínda que as moléculas que compoñen a materia son entidades individuais, o seu funcionamiento depende de como interaccionan unhas con outras. De feito, estes procesos de interacción entre moléculas son determinantes do funcionamento celular e do comportamento físico e químico de infinidade de materiais.
O profesor Lehn, recibiu o premio nobel en 1987, xunto cos profesores Pedersen e Cram, por ter sido capaz de deseñar por primeira vez receptores moleculares sintéticos (anfitrións) capaces de recoñecer e interaccionar de forma selectiva con determinados hóspedes. A estes receptores chamoulles criptandos. Deste xeito obtivo sistemas sintéticos capaces de realizar procesos de recoñecemento molecular de forma selectiva.
Sobre estas bases o profesor Lehn foi quen de crear e desenvolver unha nova rama da química chamada "Química Supramolecular".