Saltar ao contido principal
Inicio  »  Cursos e congresos  »  Programa ConCiencia  »  John F. Nash Jr.

John F. Nash Jr.

1189599756Nash

Presentación
Univ. de Princeton, EE.UU.
Premio Nobel de Economía 1994

Cine

Proxección da película "Una mente maravillosa" (2001)
Director: Ron Howard
Intérpretes: Rusell Crowe, Jennifer Connelly e outros.
Duración: 131 minutos

Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (r/ Carrera del Conde, 18)
Mércores, 14 de novembro
20.00 horas

Acto incluído no Programa ConCiencia, con motivo da visita do Prof. John Forbes Nash Jr., Premio Nobel de Economía 1994, que impartirá unha conferencia o mércores 21 de novembro.

Conferencia

Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (r/ Carrera del Conde, 18)
Mércores, 21 de novembro
20:00 HORAS

Dende o punto de vista mediático é o participante estrela desta edición. A razón é o gran eco popular que acadou a súa vida logo de ser contada na película Unha mente marabillosa, dirixida por Ron Howard e protagonizada por Russell Crowe e Jennifer Connelly. A película conseguiu catro Oscars en 2001 (entre eles á mellor película e director). Contaba a súa evolución científica, claramente marcada pola esquizofrenia, da que conseguiu unha notable recuperación.

Matemático, Premio Nobel pola súa análise pioneira do equilibrio na teoría de xogos non cooperativos e os procesos de negociación. A teoría de xogos é unha área da matemática aplicada (fundada por John von Neumann) que utiliza modelos para estudar interaccións en estruturas formalizadas de incentivos (os chamados xogos), de clarísimo paralelismo cos sistemas económicos (daí a súa importancia). Os investigadores desta área estudan as estratexias óptimas así como o comportamento previsto e observado dos individuos en competición.

Descrición: Neste vídeo recóllese a conferencia de John Forbes Nash Jr.

O vídeo non está subtitulado.