"pola súa excepcional mestría na popularización de conceptos complexos da Física no borde último da nosa comprensión do Universo, combinada coa máis alta excelencia científica, e por terse convertido nunha referencia pública da ciencia no mundo"

Lucasian Chair of Mathematics
Departamento de Matemática Aplicada e Física Teórica
Universidade de Cambridge, Reino Unido
http://www.damtp.cam.ac.uk/user/gr/about/members/hawking.html
O xurado desta primeira edición estivo formado por Senén Barro, Reitor da USC; Xosé Manuel Villanueva, Xerente do Consorcio de Santiago; Carlos Pajares, catedrático de Física Teórica da USC; Xosé Denis, Director de programas do Consorcio de Santiago; Javier Armentia, Director do Planetario de Pamplona; Xosé Rodríguez Durán, Director do programa da TVG ‘Ciencianosa’ e polo Director do programa ConCiencia, Jorge Mira. Todos eles destacaron unanimemente a importantísima traxectoria do profesor Hawking e a súa gran achega á divulgación científica.

Cartel anunciando a conferencia de Stephen Hawking [pdf - 110Kb][Actualizado: 17/09/2008]
Data: Sábado 27 de setembro
Hora: 18:30 horas
Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (San Lázaro)
Título da conferencia: "Out of a black hole" (saíndo dun burato negro)