Richard Royce Schrock

Massachusetts Institute of Technology, EE.UU.
Premio Nobel de Química 2005
Conferencia
XOVES 10 de novembro
20:00 horas
Lugar: Aula Magna – Facultade de Química – Campus Vida
TÍTULO DA CONFERENCIA: Todo sobre o Premio Nobel de Química 2005
Cartel anunciador do acto [pdf - 552 kb]
Xuntanza con investigadores
Seminario de grupos de investigación do CIQUS co Prof. Schrock
Contido da xuntanza [pdf - 169 kb]
XOVES 10 de novembro de 11:00 a 13:00
Lugar: CIQUS - Campus Vida
Premio Nobel polo “desenvolvemento do método da metátese na síntese orgánica”.
Desenvolveu catalizadores para reaccións de metátese molecular (a metátese
significa intercambio, a imaxe usual para ilustrar este mecanismo para compoñer
novas moléculas é a dun baile no que as persoas poden cambiar de parella).
Trátase dun achado que abre a porta á construción de moléculas sen máis
límite que a propia imaxinación.
Moitos dos produtos que contribúen ao noso benestar cotián, como perfumes,
plásticos, fibras e, sobre todo, fármacos, son produtos artificiais que se preparan
mediante métodos sintéticos, moitas veces moi laboriosos e custosos.
O descubrimento do Prof. Schrock proporcionou un novo xeito de unir fragmentos
moleculares paraobter estes produtos sintéticos moito máis rápido e dunha
maneira menos contaminante.