Saltar ao contido principal
Inicio  »  Cursos e congresos  »  Programa ConCiencia  »  Karl Barry Sharpless

Karl Barry Sharpless

Karl Barry Sharpless

Karl Barry Sharpless
The Scripps Research Institute, EE.UU.
Premio Nobel de Química 2001

Premio Nobel “polo seu traballo en reaccións de oxidación quiralmente catalizadas”.

Moitos produtos de interese farmacéutico ou tecnolóxico existen en dúas formas especulares, da mesma maneira que as nosas mans (esquerda e dereita). En moitos casos, cada unha de esas formas ten propiedades diferentes. Resulta moi díficil preparar cada unha desas formas especulares de xeito independente da outra.

Sharpless foi pioneiro no desenvolvemento de metodoloxía eficiente baseada en catálise para poder acceder a só unha das formas especulares. Aparte da relevancia conceptual, estes métodos de "catálise asimétrica" foron claves para o desenvolvemento de procesos de preparación industrial de fármacos, perfumes ou outros produtos, de xeito eficiente e menos contaminante.

Conferencia

Xoves 18 de decembro
20:00 horas
Lugar: Centro Sociocultural Fundación Caixa Galica (Carreira do Conde, 18)

Título da conferencia: Como encontrar algo novo (con tradución simultánea)

jpg Recordatorio do acto [jpg - 954Kb]

jpg Cartel anunciador do acto [jpg - 641Kb]

Debate con investigadores

Conferencia introdutoria do Prof. Sharpless: Click chemistry and how to use it

Venres 19 de decembro
12:30 horas
Lugar: Centro de Estudos Avanzados da USC