Saltar ao contido principal
Inicio  »  Cursos e congresos  »  Programa ConCiencia  »  Frank Wilczek

Frank Wilczek

1189761947FrankWilczeck

Presentación
Massachusetts Institute of Technology, EE.UU.
Premio Nobel de Física 2004

Invitación para o acto

Conferencia

XOVES 18 de outubro
20:00 horas
Lugar: Hostal dos Reis Católicos
TÍTULO DA CONFERENCIA: O universo é un lugar estraño (haberá dispoñible tradución simultánea)

Debate con investigadores e alumnos da USC

Xoves 18 de outubro
12:30 horas
AULA MAGNA DA FACULTADE DE FÍSICA

Premio Nobel polo descubrimento da chamada liberdade asintótica na teoría da interacción forte.

Só catro tipos de forzas fundamentais son as que rexen o universo: a gravitatoria, a electromagnética, a chamada forza débil (responsable da rotura espontánea de certos núcleos atómicos e a suá radiactividade) e chamada forza forte.

Esa forza forte é a que une os cachos máis pequenos de materia coñecida: os quarks. Wilczek explicou, con tan só 21 anos, cómo funcionaba esa forza, que ademais o fai dun xeito sorprendente e antiintuitivo: canto máis cerca están uns quarks dos outros, menos forza exercen entre sí. É dicir, cando están moi xuntos síntese case como libres e non sinten o efecto dos outros.

Ese descubrimento foi clave para o desenvolvemento dunha das ramas máis básicas da física: a cromodinámica cuántica. Wilczek é ademais un reputado divulgador en revistas científícas norteamericanas.