G3031442 - Documental (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2012/2013
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaFormar o alumno para que se familiarice coas técnicas de produción de documentais para a televisión desde unha perspectiva crítica, periodística e creativa. Coñecemento das escolas e propostas documentais, técnicas e estilos do realismo no cine da realidade. As constantes. As relacións de identidade coa súa época. Elementos e dispositivo fílmico do documental.
Contidos1. Os inicios do documental
2. O documental e a televisión
3. Modalidades e formatos de documental
4. O documental como parte do cinema moderno: Neorrealismo, Free Cinema. Nouvelle Vague. O caso español. A guerra como territorio de autor
5. Cinema e realidade: Cinéma Verité, Direct Cinema. A cámara, a tecnoloxía, a ideoloxía. Latinoamérica: “Hacia un Tercer Cine”
6. Televisión e documental: tipoloxía e antoloxía. O ollar documental. O ollar ficcional. O documental de creación
7. O estilo documental: das personaxes, do médium e do narrador. O documental na ficción. O autor. A ficción no documental
8. Para a realización dun documental: a idea, o tema, o tratamento, a investigación, o guión, a produción. Das estruturas narrativas. Da posta en forma e da posta en escena. A montaxe como relación
Programa práctico
Os alumnos, divididos en grupos, deseñarán e elaborarán un documental dunha duración entre 6 e 8 minutos.
As fases de elaboración deste documental estarán divididas:
1.- Procura dunha idea (tema)
2.- Guión e tratamento do tema
3.- Produción, realización e edición
Bibliografía básica e complementariaBarnow, E., El documental: historia y estilo, Gedisa, Barcelona, 1996.
Chion, M., Como se escribe un guión, Cátedra, Madrid, 1992.
Feldman, S., Guión argumental, guión documental, Gedisa, Barcelona, 1990.
Heredero, Carlos F. e Monterde, José Enrique (comp.), En torno al Free cinema. La tradición realista en el cine británico, Institut Valencià de Cinematografia, Valencia, 2001.
Hispano, Andrés e Sánchez-Navarro, Jordi (comp.), Imágenes para la sospecha. Falsos documentales y otras piruetas de la no-ficción, Glénat, Barcelona, 2001.
Ledo Andión, M., Del Cine-Ojo a Dogma95, Paidos, Barcelona, 2004.
Bibliografía Complementaria:
Documentalismo fotográfico, Cátedra, Madrid, 1998.
Documentalismo fotográfico contemporáneo, Xerais, Vigo, 1995.
Nepoti, R., El documental internacional en Historia General del Cine, vol. VII, Cátedra, Madrid, 1996.
Nichols, B., La representación de la realidad. Cuestiones y conceptos sobre el documental, Paidós, Barcelona, 1997.
Penafría, M., O film documentário. História, identidade, tecnologia, Cosmos, Lisboa, 1999.
Romaguera, J. e Alsina, H. (comp.), Textos y manifiestos del cine, Cátedra, Madrid, 1989.
Sánchez-Biosca, V., El montaje cinematográfico: teoría y análisis, Paidós, Barcelona, 1996.
CompetenciasDiscripcion:
Análise e estudo das técnicas de produción de documentais cunha perspectiva crítica, xornalística e creativa
Metodoloxía da ensinanza No ensino desta materia explícanse os temas previamente anunciados e organízanse os alumnos en grupos para a produción-realización dun documental curto para televisión co ánimo de que os estudantes aprendan sobre o documental televisivo realizando un documental televisivo.
Sistema de evaluaciónO rendemento académico dos alumnos avaliarase a partir da media acadada no exercicio teórico e no práctico. Para superar a materia, deben ser superadas ambas probas en calquera das dúas oportunidades do curso académico.
Tempo de estudo e traballo persoalTanto o programa teórico como o exercicio práctico pensamos que están deseñados para que o alumno os faga no tempo establecido no plan de estudos, sen que os estudantes deban dedicarlle tempo adicional.
Tempo de estudo e traballo estimado: a materia consta de 6 créditos ECTS, o que implica unha carga de traballo para o alumno de 150 horas, das que 48 son presenciais e as restantes 102 de traballo persoal do alumno.