Saltar ao contido principal
Inicio  »  Departamentos  »  Departamento de Didáctica e Organización Escolar  »  Información da materia

381805 - Didáctica Xeral (COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN PARA OS QUE SUPERARON O 1º CICLO DE PSICOLOXÍA) - Curso 2012/2013

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
    • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
    • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
    • Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    DIZ LOPEZ, MARIA JULIA.SI

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo P01OrdinarioPrácticosSINON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    a) Coñecer as características do proceso didáctico en xeral, das súas variedades e compoñentes.
    b) Contextualizar o proceso didáctico no centro escolar e na aula.
    c) Analizar as características dos proxectos educativo e curricular de centro e das programacións de aula e unidades didácticas.
    d) Coñecer as características da interacción profesor-alumno, das linguaxes utilizadas na comunicación didáctica, das formas de organización e relación grupal e interindividual.

    Contidos
    a) Conceptos básicos de Didáctica. Contexto disciplinar e investigación
    b) Compoñentes do proceso didáctico. Introdución ao seu coñecemento
    c) Relacións interdiscisplinares da Didáctica, con especial referencia aos ámbitos da Psicoloxía e a Socioloxía
    d) Características da función docente, con especial referencia ás tarefas máis propiamente didácticas
    e) Características da ensinanza no centro escolar. Proxecto educativo e curricular de centro
    f) Características da ensinanza na aula. Relacións e formas de organización. Linguaxes para a comunicación didáctica
    g) Os medios para o desenvolvemento do ensino. A súa investigación. Funcións didácticas da imaxe. Materiais impresos
    h) A avaliación como instrumento de perfeccionamento do ensino. Funcións didácticas. Técnicas para a recollida de datos

    Bibliografía básica e complementaria
    - ROSALES, C., Didáctica: núcleos fundamentales, Narcea, Madrid, 1988.
    - ROSALES, C., Evaluar es reflexionar sobre la enseñanza, Narcea, Madrid, 2000.
    - ROSALES, C., Aproximación a la función docente. Perspectivas para la planificación y el desarrollo de la enseñanza, Tórculo, Santiago, 1998.
    -ROSALES, C., Temas para la reflexión y la investigación didáctica. Tórculo, Santiago, 2005
    - SAENZ, O., Didáctica General, Marfil, Alcoy, 1994.
    Bibliografía complementaria
    - ANTÚNEZ, S., Claves para la organización de centros escolares, ICE, Barcelona, 1993.
    - APARICI, La revolución de los medios audiovisuales, De la Torre, Madrid, 1994.
    - BERNAL, J. Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva microplítica. Librería Central, Zaragoza, 2007
    - BOLIVAR, A., Cómo mejorar los centros educativos, Síntesis, Madrid, 1999.
    - CABERO, J. e LOSCERTALES, F., ¿Cómo nos ven los demás?, Universidad Sevilla, 1998.
    -CASANOVA,A. (2004). Evaluación y calidad de centros educativos. Madrid: La Muralla.
    - CASTAÑER, M. e TRIGO, E., Globalidad e interdisciplina en enseñanza primaria, INDE, Madrid, 2000.
    - CASTILLO, S., Compromisos de la evaluación educativa, Prentice Hall, Madrid, 2002.
    - COLL, C.e outros, El constructivismo en el aula, Graó, Barcelona, 1993.
    - DANIELS, H., Vigotsky y la pedagogía, Paidós, Barcelona, 2000.
    -DEFRANCE,B. Disciplina en la escuela. Madrid: Morata, 2003
    - DEL POZO, J. e POSTIGO, Y., Los procedimientos como contenidos escolares, Edebé, Madrid, 2000.
    - DELORS, J., La educación encierra un tesoro, Santillana/UNESCO, 1996.
    - DIAZ AGUADO, Mª, Educación intercultural y aprendizaje cooperativo, Pirámide, Madrid, 2003.
    - ESCAMILLA, A., Unidades didácticas, Edelvives, Zaragoza, 1993.
    - ESTEBARANZ, A. (coord.), Construyendo el cambio: Perspectivas y propuestas de innovación educativa, Universidad, Sevilla, 2000.
    - ESTEVE, La formación inicial de los profesores de secundaria, Ariel, Barcelona, 1997.
    - FERNÁNDEZ PÉREZ, M., Las tareas de la profesión de enseñar, Siglo XXI, Madrid, 1993.
    - FERNÁNDEZ SIERRA, J., El trabajo docente y psicopedagógico en educación secundaria, Málaga, Aljibe, 1995.
    - FERRES, J., Educar en una cultura del espectáculo, Paidós, Barcelona, 2003.
    - FONTANA, D. El control del comportamiento en el aula, Paidós, Barcelona, 2000
    - FUENTES, P. e outros, Técnicas de trabajo individual y de grupo en el aula, Pirámide, Madrid, 2000.
    - FUNDACIÓN HOGAR DEL EMPLEADO, Informe Educativo 2002, Santillana, Madrid, 2002.
    - GARCÍA ÁLVAREZ, J., La formación permanente del profesorado. Más allá de la Reforma, Escuela Española, Madrid, 1993.
    - GARCÍA MATILLA, A., Una televisión para la educación, Madrid, UNED, 2003.
    - HARGREAVES, A., Enseñar en la sociedad del conocimiento, Octaedro, Barcelona, 2003.
    - IMBERNON, La educación en el siglo XXI, Graó, Barcelona, 1999.
    - JIMÉNEZ,B. e outros, Modelos didácticos para la innovación educativa, Barcelona, PPU, 1989.
    - KIRK, G., El curriculum básico, Paidós/MEC, Madrid, 1989.
    - KNAPP, M., La comunicación no verbal, Paidós, Bos Aires, 1985.
    - LATORRE, A., La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica docente, Graó, Barcelona, 2003.
    -LÓPEZ YÁÑEZ, J. (2005). La ecología social de la organización. Una perspectiva educativa. Madrid: La Muralla.
    - LOSCERTALES, F. e NÚÑEZ, T., Violencia en las aulas. El cine como espejo social, Octaedro, Barcelona, 2001.
    - LUJAN, J. e PUENTE, J., Evaluación de centros docentes: el plan EVA., MEC, Madrid, 1996.
    - Tejada, J. y Giménez, V. (2007). Formación de formadores. Madrid: Thomnson.

    - Zabalza, M. A. (2007). Diseño y desarrollo curricular. Madrid: Narcea.


    Competencias
    a) Comprender as características xerais dos procesos didácticos.
    b) Distinguir os compoñentes básicos da ensinanza e da aprendizaxe.
    c) Coñecer os procesos de elaboración e as funcións que desenvolven os proxectos educativos e curricular de centro.
    d) Analizar as características da interacción na aula.
    e) Coñecer os procesos de elaboración de unidades didácticas.
    f) Identificar as características e funcións de materiais didácticos impresos e audiovisuais.
    g) Contextualizar as tarefas docentes nos ámbitos do centro escolar e da aula.
    h) Analizar procedementos e funcións da avaliación e as características das técnicas para a recollida dos datos.

    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades presenciais desenvolveranse ao longo de dúas horas e media semanais. Delas, unha e media proxectarase en actividades predominantemente teóricas e outra hora en actividades predominantemente prácticas. De maneira específica seguiranse estas orientacións:
    - Explicación polo profesor de cuestións relevantes correspondentes aos temas do programa.
    - Presentación polo profesor de fontes bibliográficas/documentais para o estudo e ampliación dos temas.

    - Comentario e análise na clase de artigos e vídeos relacionados cos temas do programa.
    - Realización polos alumnos dun traballo durante o curso. Este traballo será obxecto dun seguimento na súa realización, con presentación dun proxecto inicial, postas en común e presentación final diante do grupo. Este traballo ten carácter obrigatorio.
    Os alumnos/as que teñan esta materia como complemento para os estudos de Psicopedagoxía deberán examinarse dos núcleos A, B, C e D, e deberán realizar, así mesmo, o traballo obrigatorio.

    Sistema de evaluación
    Realización dun exame final sobre os temas desenvolvidos ao longo do semestre. A cualificación final resultará da combinación das cualificacións correspondentes ao exame e traballos.
    O traballo en equipo realizarase ao longo do curso, con dous controis, e explicarase na clase. Neste traballo valorarase de xeito específico a calidade das postas en común, os seus aspectos substantivos e formais e as características da súa presentación no grupo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas semanais de carácter presencial: dúas horas e media.
    Horas non presenciais para o traballo individual ou en equipo: calcúlase, como termo medio, a necesidade de dedicar a esta materia un tempo aproximado a tres horas semanais de traballo non presencial, malia que este tempo estará condicionado polas posibilidades de traballo en equipo e por condicionantes de carácter persoal.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconséllase os alumnos que utilicen a bibliografía básica e complementaria, non soamente a primeira. Aconséllase, asemade, a lectura de artigos sobre os contidos do programa en publicacións especializadas e a asistencia a cursos, congresos, xornadas, etc., que teñan relación cos temas.

    Observacións
    1.-A posta en práctica desta materia adaptárase o formato de créditos ECTS.
    2.- Algunha actividade poderá desenvolverse a través do Campus Virtual.
    3.- O horario de titorias poderá verse modificado se outras obrigas da profesora o esixen.